Primeira División RFEF

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Primeira División RFEF
FundaciónAgosto de 2021
RexiónEspaña España
Equipos40 (2 grupos de 20)
AscensoSegunda División
DescensoSegunda División B (Segunda RFEF)
OrganizadorRFEF

A Primeira División RFEF de España é a terceira categoría do sistema de ligas de fútbol do país. Foi introducida en 2021 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Segunda División B (Segunda RFEF).[1] A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol, da que toma o nome. A súa condición é semiprofesional e, a pesar de non ser membro da LFP, gran parte dos seus clubs teñen unha organización profesional.[2]

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

A Primeira División da RFEF está formada por un total de 40 clubs divididos en dous grupos de 20 equipos distribuídos por proximidade xeográfica. Na súa primeira tempada estes 40 equipos son catro descendidos directamente da Segunda División 2020/21 e 36 da antiga Segunda División B, despois da disputa da correspondente fase de ascenso.[3]

O sistema de competición é o mesmo que nas outras categorías da Liga. Celébrase anualmente, comezando a principios de setembro e rematando en xuño do ano seguinte.

Os vinte equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións, unha en campo propio e outra en campo contrario, o que suma un total de trinta e oito xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma ningún e, en caso dun empate, repártese un punto para cada equipo.

Ao final da tempada, un número de equipos por determinar, entre os que acumulan máis puntos en cada grupo, excluíndo os equipos filiais, clasifícanse para a próxima edición da Copa do Rei

Ascensos e descensos de categoría[editar | editar a fonte]

Dúas das prazas de ascenso quedan reservadas para os campións de cada un dos grupos, mentres que as outras dúas sairán dun playoff disputado polos equipos clasificados do segundo ao quinto posto de cada grupo e durante o cal se xogarán dúas eliminatorias nas que as posicións obtidas durante a fase regular determinarán os cruces. Neste playoff, as eliminatorias serán a partido único, con prórroga, pero sen penaltis (en caso de empate clasifícase o que viera a mellor posición na primeira fase) agás nos duelos entre equipos coa mesma posición. durante a fase regular.[4]

Polo que respecta ao descenso, os últimos cinco equipos de cada grupo (do 16º ao 20º), xogarán en Segunda División RFEF na seguinte tempada.

Equipos filiais[editar | editar a fonte]

Os equipos filiais poden participar na Primeira División da RFEF se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior da Liga Española de Fútbol, isto é a Primeira ou Segunda División. Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división ou noutra superior, polo tanto, se un equipo descende a Segunda División e o seu filial gaña o ascenso a esta categoría, o filial debe permanecer necesariamente na Primeira RFEF. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Segunda División, agás casos moi excepcionais, non pode xogalo se o primeiro equipo xoga nesa categoría. Neste caso, é substituído polo seguinte clasificado do seu grupo que pode ascender. Non será así se o primeiro equipo xoga en Segunda División, clasifica para a fase de ascenso a Primeira División, entra entre os dous primeiros equipos da Segunda División ou mantén opcións matemáticas de estar nunha das dúas situacións anteriores ao momento de comezar as roldas clasificatorias de ascenso.

Esta competición só a pode xogar un segundo filial dun club (ou equipo "C"), se o primeiro equipo participa na Primeira División e, ademais, o primeiro filial (ou "B"), participa na Segunda División.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  2. "La Federación desvela el misterio: La nueva Segunda B se denominará Primera División RFEF". ABC (en castelán). 14 de setembro de 2020. Consultado o 22 de maio de 2021. 
  3. Diario As (ed.). "Así es la nueva y liosa Segunda B explicada a la perfección: grupos ascensos, descensos...". Consultado o 8 de outubro de 2020. 
  4. Arés, Ruby (15 de abril de 2021). "Así será el formato de la nueva Primera División RFEF". As (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Segunda División B
Primeira División RFEF
2021-
Sucesor:
-