O Vigo Foot-ball Club foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.
Traxectoria
Equipo do Vigo F.C. en 1912.O Vigo na final de Copa de 1908.
Vigo foi unha das cidades polas que entrou o fútbol na península, de man de mariñeiros e traballadores británicos. As primeiras demostracións do deporte foron por parte do equipo da empresa británica Eastern Telegraph Company que estaba instalando o cable telegráfico entre as illas e Vigo para dende alí conectar con Lisboa. Este equipo chamouse Exiles Foot-Ball Club e disputou varios encontros contra as tripulacións mercantes e militares británicas de paso polo porto vigués. Pronto se crearon os primeiros equipos mixtos entre galegos e británicos, como por exemplo o Petit FC.
Dende as súas orixes foi o club referencia e absorbeu en 1906 ao New Club, formado pouco antes, consolidando un proxecto que o levou a disputar a final do Campionato de España en 1908 ante o Real Madrid, final que perdeu por 2-1.