Daniel Rodríguez Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dani Rodríguez
Información persoal
Nome Daniel Rodríguez Vázquez
Nacemento 6 de xuño de 1988 (33 anos)
Lugar de nacemento Betanzos
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Mallorca
Carreira xuvenil
2000–2011 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2007–2011 Deportivo B 100 (11)
2007–2008Betanzos (cedido) 38 (6)
2011–2012 Conquense 32 (2)
2012–2015 Racing de Ferrol 74 (7)
2015–2016 Racing Santander 40 (5)
2016–2018 Albacete 77 (12)
2018– Mallorca 90 (14)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de novembro de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Daniel Rodríguez Vázquez, coñecido como Dani Rodríguez, nado en Betanzos o 6 de xuño de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o RCD Mallorca, da Segunda División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entrou na canteira do Deportivo da Coruña aos 12 anos, e tras acabar a súa etapa de xuvenil foi cedido durante unha tempada ao Betanzos CF, equipo da súa vila.[1][2] Volveu ao ano seguinte á Coruña, pasando a xogar no Fabril durante as seguintes tempadas e converténdose en capitán. En 2010 debutou co primeiro equipo do Deportivo na volta de cuartos de final da Copa do Rei no Ramón Sánchez Pizjuán fronte ao Sevilla, substituíndo a Bodipo no minuto 65. Ao remate da tempada 2010–11 anunciouse que non continuaría no Deportivo B.[3]

Así, despois de 11 anos nas filas branquiazuis buscou novo destino e recalou no Conquense, tamén de Segunda B. Tras o descenso do equipo ao final da tempada, fichou polo Racing de Ferrol, da mesma categoría. Xogou dúas tempadas no club ferrolán, disputando 75 partidos e dúas fases de ascenso a Segunda División. Na tempada 2015/16 xogou no Racing de Santander, co que acabou campión do Grupo 1 de 2ª B, pero sen acadar o ascenso, e na 2016/17 militou no Albacete, co que xogou unha nova promoción, a súa cuarta consecutiva, conseguindo esta vez ascender.[1]

Continuou un ano máis no Albacete, conseguindo a permanencia, e no verán de 2018, despois de 81 partidos e 12 goles co club manchego, fichou polo RCD Mallorca, tamén de Segunda.[4] Na súa primeira tempada co club balear logrou o ascenso a Primeira División, despois de acabar quinto e eliminar na fase de promoción aos seus ex equipos Albacete e Deportivo.[1]

Debutou en Primeira contra o Eibar na primeira xornada de liga, marcando un gol aos 4 minutos de xogo.[5] Xogou todos os partidos de liga do seu equipo excepto un (por acumulación de cartóns amarelos),[6] nun ano no que o Mallorca acabou descendendo de novo a Segunda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Carballo, Pablo (18 de xuño de 2019). "«Ay, Dani, que nos va a dar algo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  2. Alonso Lois, Paulo (23 de marzo de 2013). "Dani, el «todocampista»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  3. ""Añón, Dani, Diego Rivas, Dinis y Büchel no siguen"". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2011. 
  4. García, Elena (13 de xuño de 2018). "Dani Rodríguez ficha por el Mallorca" (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  5. "El Mallorca vuelve a Primera con victoria ante el Eibar". RTVE (en castelán). 17 de agosto de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2020. 
  6. Miserachs, Jaume (14 de xuño de 2020). "Dani Rodríguez se pierde por sanción el partido ante el Villarreal". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]