Carlos Pellicer Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Pellicer
Información persoal
Nome Carlos Pellicer Vázquez
Nacemento 12 de maio de 1944
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 178 centímetros
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Liceo de Monelos
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1962–1963 Liceo de Monelos
1963–1964 Fabril
1964–1967 Deportivo da Coruña 26 (7)
1967–1970 Barcelona 21 (2)
1970–1973 Valencia 32 (6)
1973–1974 Levante 5 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carlos Pellicer Vázquez, nado na Coruña o 12 de abril de 1944, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Liceo de Monelos, club no que militou ata o verán de 1963, cando fichou polo Fabril.[1] Disputou unha soa tempada co club fabrilista, incorporándose a continuación ao Deportivo da Coruña.

Debutou co Deportivo na tempada 1964–65 en Primeira División, sendo os adestradores do equipo coruñés Juan Otxoantezana primeiro e Luis Carniglia despois. Ao remate do campionato o equipo descendeu a Segunda División, retornando a tempada seguinte a Primeira División. Na tempada 1966–67 descendeu novamente a Segunda División.

Na tempada 1967–68 fichou polo FC Barcelona, adestrado por Salvador Artigas. Na súa estadía no conxunto catalán (3 campañas), lograría unha Copa do Rei na súa primeira tempada, así como participar na Copa de Feiras e na Recopa de Europa. Aínda así, nunca tivo un papel importante no equipo barcelonés, sendo un xogador de segundo plano. A súa tempada con máis participacións foi a 1968–69, nas que Pellicer xogou en 11 partidos e logrou os seus únicos 2 goles como blaugrana.

Na tempada 1970–71 foi contratado polo Valencia CF, co que conseguiu a liga esa campaña e participar na Copa de Feiras. No conxunto valencianista estivo tres tempadas, participando en 40 partidos e anotando 7 goles.

Na tempada 1973–74 fichou polo Levante UD, en Segunda División. Logo de participar tan só en 5 partidos, o conxunto levantino descendeu a Terceira División ao remate do campionato.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo
Barcelona
Valencia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Pellicer dice:". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1963. p. 4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]