Saltar ao contido

Lucas Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucas Pérez

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lucas Pérez Martínez Editar o valor en Wikidata
10 de setembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPrimeira División Española Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro centro Editar o valor en Wikidata
Número deportivo7 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Deporte base
1995–2003 Victoria CF
2003–2006 Atlético Arteixo
2006–2007 Deportivo Alavés
2007–2007 Montañeros CF
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2007–2007   SDC Órdenes 16(4)
2007–2009 Atlético de Madrid C 55(17)
2009–2011 Rayo Vallecano B 47(25)
2010–2011   Rayo Vallecano 7(1)
2011–2013 FC Karpaty Lviv 60(15)
2013–2013 cesión FC Dynamo Kyiv 0(0)
2013–2015 PAOK de Salónica F. C. 52(12)
2014–2015 cesión   Deportivo da Coruña 21(6)
2015–2016   Deportivo da Coruña 38(18)
2016–2017 Arsenal F.C. 21(7)
2017–2018 cesión   Deportivo da Coruña 37(9)
2018–2019 transferencia West Ham United FC 19(6)
2019–2021 transferencia   Deportivo Alavés 62(15)
2021–2021   Elche CF 19(2)
2022–2022   Cádiz CF 31(8)
2023–   Deportivo da Coruña 56(25)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–   Galicia 2(0)

Páxina weblucasoficial.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: LP10oficial Instagram: 10lp Editar o valor en Wikidata

Lucas Pérez Martínez, nado na Coruña o 10 de setembro de 1988, é un futbolista galego. Xoga de dianteiro no Deportivo da Coruña, da Segunda División, club do que é capitán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 10 de setembro de 1988 no barrio coruñés de Monelos.[1] Súa nai tiña problemas de drogadicción e abandonou a familia, mentres que seu pai, mariñeiro, pasaba longas tempadas embarcado no Gran Sol.[2] Criárono os seus avós paternos, que o apuntaron de neno nas escolas municipais de fútbol despois de que comezase a xogar nas rúas do seu barrio.[2]

Con seis anos ingresou nas filas do Victoria CF, onde chegou a ocupar a posición de porteiro, ata ser recolocado definitivamente na dianteira.[3] Probou tamén no fútbol sala, pero acabou decantándose finalmente polo fútbol cando Rubén Mato o levou ao equipo xuvenil do Arteixo. As súas actuacións en Ponte dos Brozos espertaron o interese do Deportivo Alavés, que vía nel unha aposta de futuro. Con todo, en 2007, tras só uns meses en Vitoria, os problemas económicos do Alavés obrigaron ao club a recortar gastos e Lucas volveu a Galicia.[4][5]

Á súa volta, o Montañeros e o Ordes pugnaron polo xogador, chegando a haber unha polémica por unha duplicidade de fichas. Finalmente foi o equipo ordense o que se fixo cos seus servizos.[6] Nese tempo xogou tamén ao fútbol sala no Loureiro, co que disputou dous partidos ante Azkar Lugo e Lobelle.[7] Tras unha tempada no Ordes, na que aínda en idade xuvenil foi clave para conseguir a permanencia do primeiro equipo na Terceira División, foi fichado polo Atlético de Madrid para o seu segundo filial, onde militou durante dous anos en Terceira, sendo o máximo goleador do equipo.[3]

Rayo Vallecano

[editar | editar a fonte]

No verán de 2009 pasou ao Rayo Vallecano B, tamén de Terceira División.[3] As súas grandes actuacións no filial abríronlle a porta do primeiro equipo, co que debutou en Segunda División da man de Pepe Mel en xaneiro de 2010, nun partido diante do FC Cartagena no que entrou na segunda parte como substituto de Aganzo.[8] Tras dispoñer de varios minutos tamén na seguinte xornada contra o Girona, regresou ao filial, co que logrou o ascenso e foi elixido mellor xogador da Terceira División.[3] Na tempada 2010/11 compaxinou a Segunda División B coa Segunda. Co primeiro equipo xogou cinco encontros marcando un gol contra o Valladolid e contribuíndo ao ascenso do equipo de Sandoval a Primeira División.

FC Karpaty Lviv e Dinamo de Kíiv

[editar | editar a fonte]

A finais desa tempada quedou libre e fichou polo FC Karpaty Lviv, equipo da Primeira División de Ucraína, onde foi elixido mellor debutante e co que disputou dúas edicións da Europa League, marcando un gol contra o PAOK.[9] En marzo de 2013 fichou polo Dynamo de Kíiv,[10] no que só estivo catro meses tras unha mala experiencia.[11] O xogador coruñés chegou ao club de Kíiv o derradeiro día do mercado de fichaxes cedido polo Karpaty por unha tempada con opción de compra. Considerando que chegaba en baixa forma, o adestrador Oleg Blokhin pedíu a Lucas que xogase partidos co equipo sub-21, algo ao que inicialmente Lucas se negou, pero finalmente acabou facendo. Porén, non chegou a debutar co primeiro equipo e o Dinamo decidiu non facer efectiva a opción de compra e cancelar a cesión.[12][13]

PAOK de Salónica

[editar | editar a fonte]

No verán de 2013 fichou polo PAOK de Salónica, no que realizou unha gran tempada, marcando 10 goles e dando 15 asistencias. Ademais entrou no once ideal da liga grega e foi elixido entre os cinco mellores xogadores do ano nese país.[14]

Deportivo da Coruña (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo de 2014 firmou polo Deportivo da Coruña, cedido polo PAOK, por unha tempada con opción de compra.[15] O 19 de outubro de 2014 na oitava xornada de liga e tras perder por lesión as 7 anteriores, debutou co Deportivo na Primeira División, nun partido contra o Valencia en Riazor. Saíu como titular e marcou o 2-0 cun disparo raso que superou a Yoel, gardameta vigués que tamén debutaba ese día co Valencia.[16] Esa campaña participou en 21 encontros e anotou 6 goles, o último deles na derradeira xornada contra o FC Barcelona no Camp Nou, que acabou en empate a dous e serviu para obter a permanencia na categoría.[17]

Volveu ao PAOK ao rematar a cesión e disputou co equipo grego dous partidos da terceira rolda da Liga Europa. Marcou nos dous partidos e foi ovacionado pola afección, cando xa se daba por feita a súa fichaxe definitiva polo Deportivo.[18] O 12 de agosto de 2015 firmou polo club coruñés, esta vez en propiedade, cun contrato por 4 tempadas.[19]

O 19 de decembro de 2015 tras marcar un penalti ao Eibar, que provocara o propio Lucas, e poñer o 1-0 no marcador, igualou o récord de Bebeto de marcar en 7 xornadas consecutivas co Deportivo da Coruña.[20] O 8 de xaneiro de 2016, a Liga BBVA nomeou a Lucas como o mellor xogador da Liga no mes de decembro ao marcar tres goles e dar unha asistencia en catro partidos e igualar o récord de Bebeto.[21]

O 2 de abril de 2016 nun derbi contra o Celta de Vigo en Balaídos e debido á lesión do porteiro Germán Lux que ata entón era o capitán do equipo no campo, Lucas luciu por primeira vez na súa carreira o brazalete de capitán do Deportivo nun partido oficial de Liga. Naquel partido cumpriu 50 partidos oficiais vestindo a camiseta do Deportivo da Coruña. Acabou a tempada 2015/16 con 17 goles en liga, unha cifra que non conseguía ningún xogador do Deportivo dende Roy Makaay 13 anos antes.[22]

O 30 de agosto de 2016, fíxose oficial a súa fichaxe polo Arsenal tras pagar o club inglés os 20.000.000 € da súa cláusula de rescisión.[23]

O 10 de setembro de 2016 debutou co Arsenal na Premier League como titular nun partido contra o Southampton, sendo substituído no minuto 64 polo dianteiro francés Olivier Giroud. O 20 de setembro de 2016 marcou os seus dous primeiros goles coa camiseta do Arsenal nun partido da Copa da Liga contra o Nottingham Forest no City Ground, que rematou 0-4.[24] Un mes despois debutou na Liga de Campións, nun partido da fase de grupos contra o Ludogorets, no que o Arsenal goleou ao equipo búlgaro por 6-0.[25] No seu segundo partido na máxima competición europea, marcou un hat-trick contra o Basel en St. Jakob-Park, nun partido que acabou 1-4.[26]

En xaneiro de 2017 marcou contra o Bournemouth o seu único gol co Arsenal na Premier League, batendo ao porteiro polaco Artur Boruc e facendo o segundo dos tres goles do seu equipo (3-3).[27] Ao final da tempada xogou pouco máis de mil minutos repartidos en 22 partidos entre todas as competicións, nos que marcou oito goles e deu seis asistencias.

Deportivo da Coruña (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O 31 de agosto de 2017 anunciouse o seu retorno ao Deportivo, cedido por unha temporada polo Arsenal F.C.[28] A operación pechouse por preto de dous millóns e medio de euros.[29] Xogou 37 partidos e marcou 9 goles, sen poder evitar que o equipo descendese á Segunda división.[30]

Lucas lanzando un penalti nun Deportivo - Eibar en 2015.

O 9 de agosto de 2018 anunciouse o seu traspaso por máis de catro millóns de euros ó West Ham United da Premier League inglesa, onde asinou un contrato por tres anos.[31][32] No club inglés xogou 19 partidos e anotou 6 goles.[33]

Deportivo Alavés

[editar | editar a fonte]

O 3 de xuño de 2019, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo Alavés da Primeira División, equipo co que firmou un contrato por tres tempadas.[33] En novembro converteuse no primeiro xogador en marcar en sete xornadas consecutivas da Liga con dous equipos diferentes (Deportivo da Coruña e Deportivo Alavés),[34] ademais de ser o xogador do equipo vasco en anotar en máis xornadas consecutivas.[35] Acabou a súa primeira campaña no Alavés como máximo goleador do equipo xunto ao tamén galego Joselu, con 11 goles cada un. No ano seguinte viviu unha tempada irregular, gozando nun inicio da titularidade co técnico Pablo Machín, perdéndoa coa chegada de Abelardo, co que tivo unha mala relación, e recuperándoa na parte final da competición co terceiro adestrador do ano, Javier Calleja.[36]

En agosto de 2021 desvinculouse do Alavés e asinou por unha tempada co Elche CF.[37] Debutou co equipo ilicitano nun partido contra o Getafe no Coliseum Alfonso Pérez, entrando na segunda parte como substituto de Lucas Boyé e marcando o gol da vitoria (0-1).[38] Marcou outro gol no seu segundo partido, pero non volveu ver portería, a pesar de ser titular en case tódolos encontros ata xaneiro, cando foi traspasado ao Cádiz.[39]

Homenaxe a Arsenio Iglesias, Lucas Pérez e Pablo Picasso na praia de Riazor co gallo do Lume Novo de 2023.

Debutou co Cádiz de Sergio González nos cuartos de final da Copa do Rei ante o Valencia en Mestalla e marcou un gol de penalti, pero o equipo caeu eliminado por 2-1.[40] En liga marcou tres goles, tendo especial importancia o que lle anotou ao porteiro do FC Barcelona, Ter Stegen, e que serviu para que o equipo gaditano levase os tres puntos do Camp Nou (0-1) e saíse dos postos de descenso.[41] Continuou no Cádiz case ata a metade da tempada 2022/23, participando en 14 das primeiras 15 xornadas de liga, e sendo naquel momento o máximo goleador do equipo a pesar de non ser un titular habitual.[42] O 30 de novembro disputou contra o Almería o seu último partido coa camiseta amarela, marcando o gol do empate, e ao día seguinte anunciouse o seu regreso ao Deportivo da Coruña.[43]

Deportivo da Coruña (3ª etapa)

[editar | editar a fonte]

O último día do 2022, o Deportivo da Coruña anunciou oficialmente o regreso do xogador, catro anos e medio despois.[43] O dianteiro renunciou así ao contrato que lle restaba no Cádiz e baixou dúas categorías ata a Primeira División RFEF, pagando el mesmo a metade do preto do millón de euros que custou o traspaso.[44] A súa fichaxe acaparou titulares en numerosos medios deportivos arredor do mundo, destacando estes o insólito no fútbol moderno da súa decisión de antepoñer o cariño por un club ao beneficio económico.[45][46][47]

Foi presentado o 3 de xaneiro sobre o céspede de Riazor, diante duns 8000 espectadores.[48][49] Cinco días despois xogou o seu primeiro partido na Primeira RFEF, saíndo de titular ante o Unionistas e marcando dous dos tres goles do seu equipo (3-0).[50]

Selección galega

[editar | editar a fonte]
Lucas Pérez e Iago Aspas coa selección galega (2024).

Foi convocado pola selección galega para o partido contra Venezuela disputado no estadio de Riazor o 20 de maio de 2016, que finalizou con empate (1–1).[51] Foi convocado de novo, oito anos despois, para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).[52]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
  1. "«Sigo siendo Lucas, el de Monelos»". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de agosto de 2017. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 Lezcano, Arturo; Carretero, Nacho (9 de abril de 2023). "La parábola de Lucas Pérez, el chico de barrio que volvió a casa para rescatar al Dépor". El País (en castelán). Consultado o 15 de abril de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Calderón, Mikel (29 de novembro de 2019). "Lucas Pérez, el gallego que dio la vuelta al mundo para volver a casa" (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  4. "Lucas Pérez, un viejo conocido del Alavés" (en castelán). 30 de maio de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019. 
  5. "El traspaso de Lucas Pérez deja 100.00 euros al Alavés" (en castelán). 31 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  6. "Un profesional de Os Castros". Depor Sport (en castelán). 31 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  7. Gómez, Pablo (20 de febreiro de 2010). "El rey del fútbol bizarro aterriza en el Teresa Rivero". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de decembro de 2022. 
  8. "Lucas dice tras debutar en el Rayo que está «como en A Coruña»". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 2010. p. 36. 
  9. "Lucas Pérez, mejor debutante en Ucrania, negocia con el Dinamo Kiev" (en castelán). 8 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  10. "Lucas Pérez ya es el primer español en la historia del Dinamo de Kiev". Marca (en castelán). 1 de marzo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  11. "Lucas Pérez: "En el Dinamo de Kiev pasé los peores cuatro meses de mi vida"". Marca (en castelán). 16 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  12. "«Таке не можна говорити Блохіну». Чому Лукас Перес не зіграв жодної хвилини за «Динамо»" ["Non lle podes dicir iso a Blokhin". Por que Lucas Pérez non xogou nin un minuto para o Dinamo]. ua.tribuna.com (en ucraíno). 29 de xaneiro de 2024. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2024. Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  13. "Os comezos difíciles de Lucas Pérez no Dynamo Kiev". Informe de Fútbol. 8 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2023. Consultado o 3 de xullo de 2024. 
  14. "Lucas también conquista Grecia". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  15. "Lucas Pérez firma su contrato y se entrenará mañana sábado en Abegondo". Deportivo da Coruña. 18 de xullo de 2014. 
  16. Rodríguez Cudeiro, Juan Luis (19 de outubro de 2014). "El colista se rebela ante el invicto". El País (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  17. Piñeiro, Miguel (25 de maio de 2015). "El Deportivo empata en el Camp Nou y logra la permanencia en Primera división". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  18. "Lucas Pérez se despide del PAOK con un gol que le da el triunfo en la Liga Europa". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xullo de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  19. "Lucas Pérez, nuevo jugador del Dépor para las cuatro próximas temporadas". Deportivo da Coruña. 12 de agosto de 2015. 
  20. "Lucas Pérez alcanza el récord de Bebeto". Marca (en castelán). 20 de decembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  21. "Lucas Pérez, mejor de la Liga en diciembre". Marca (en castelán). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  22. Losada, Víctor (16 de maio de 2016). "Lucas Pérez, el heredero de Roy Makaay" (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  23. "Arsenal y Deportivo hacen oficial el traspaso de Lucas Pérez". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de setembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  24. "Nottingham Forest - Arsenal". BBC (en inglés). 20 de setembro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  25. "Arsenal 6-0 Ludogorets Razgrad". BBC (en inglés). 19 de outubro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  26. "1-4: Un hat trick de Lucas Pérez pone al Arsenal campeón de grupo" (en castelán). 6 de decembro de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  27. "El Arsenal rescata un punto en el descuento en su visita a Bournemouth" (en castelán). 4 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2021. Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  28. "Lucas Pérez regresa ao Deportivo cedido polo Arsenal". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2017. 
  29. "Lucas Pérez vuelve al Deportivo". Marca. 31 de agosto de 2017. 
  30. "El West Ham hace oficial a Lucas Pérez" (en castelán). 9 de agosto de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  31. West Ham United sign striker Lucas Perez from Arsenal
  32. "Martillazo de Lucas Pérez". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  33. 33,0 33,1 Lucas Pérez ficha por el Deportivo Alavés
  34. "Lucas Pérez establece un nuevo récord con el Alavés" (en castelán). 9 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  35. "Lucas Pérez sigue en estado de gracias con el Alavés" (en castelán). 9 de novembro de 2019. Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  36. R. Beltrán, Javier (29 de abril de 2021). "Lucas Pérez: "Se han dicho muchas mentiras"". As (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2021. 
  37. Hernández, Monserrate (31 de agosto de 2021). "El Elche ficha a Lucas Pérez". As (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  38. "Lucas Pérez lanza al Elche y frustra al Getafe". El País (en castelán). 13 de setembro de 2021. Consultado o 14 de setembro de 2021. 
  39. Manteca, Óscar (31 de xaneiro de 2022). "El Elche traspasa a Lucas Pérez al Cádiz, un rival directo en la lucha por la permanencia" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022. 
  40. Jaques Nuche, Jesús (2 de febreiro de 2022). "El Cádiz CF se despide con honor de la Copa del Rey (2-1)" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022. 
  41. Jaques Nuche, Jesús (18 de abril de 2022). "Histórico triunfo del Cádiz CF en el Camp Nou (0-1)" (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2022. 
  42. Táboas, Javier (31 de decembro de 2022). "Lucas Pérez se marcha del Cádiz CF" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  43. 43,0 43,1 "Lucas Pérez ficha polo Dépor: O Neno volve a casa". Deportivo da Coruña. 31 de decembro de 2022. Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  44. Estrella Dominguez-Mompell, Nacho (1 de xaneiro de 2023). "El enorme esfuerzo económico de Lucas Pérez para fichar por el Depor" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  45. Lema, Jorge (4 de xaneiro de 2023). "Medio mundo alucina con la vuelta de Lucas Pérez a Riazor". As (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  46. Silveira, Xane (3 de xaneiro de 2023). "El mundo del fútbol se rinde a Lucas Pérez: "Se guía por los sentimientos"" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  47. Losada, Víctor (1 de xaneiro de 2023). "Lucas Pérez traspasa fronteras: Las reacciones del mundo del fútbol a su regreso al Deportivo" (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  48. "Lucas Pérez: "No os penséis que porque venga yo o Messi vamos a ascender"". Marca (en castelán). 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  49. "O Deportivo presenta Lucas Pérez en olor de multitudes: "Non veño á Primeira RFEF, senón ao Deportivo"". Nós Diario. 3 de xaneiro de 2023. Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  50. De la Cruz, Luis (8 de xaneiro de 2023). "Éxtasis Lucas Pérez". As (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2023. 
  51. Pardo, Miguel (21 de maio de 2016). "Galicia brilla e promete continuidade na festa do fútbol da terra". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  52. "CRÓNICA. A selección galega non pode cunha dura Panamá". Nós Diario. 31 de maio de 2024. Consultado o 1 de xuño de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]