Ángel Javier Arizmendi
Javier Arizmendi | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Ángel Javier Arizmendi de Lucas | ||
Nacemento | 3 de marzo de 1984 (39 anos) | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,89 m. | ||
Posición | Segundo dianteiro / Interior | ||
Carreira xuvenil | |||
Atlético de Madrid | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2004 | Atlético B | 27 | (11) |
2004–2006 | Atlético de Madrid | 5 | (0) |
2004–2005 | → R. de Santander (cedido) | 22 | (3) |
2006–2007 | Deportivo da Coruña | 50 | (7) |
2007–2008 | Valencia | 30 | (1) |
2008–2010 | Zaragoza | 69 | (14) |
2010–2012 | Getafe | 22 | (2) |
2011 | → Neuchâtel (cedido) | 13 | (4) |
2012–2013 | Mallorca | 21 | (2) |
2013–2014 | Deportivo da Coruña | 17 | (2) |
Selección nacional | |||
2003 | España sub-20 | 5 | (1) |
2004–2006 | España sub-21 | 8 | (0) |
2005 | España sub-23 | 4 | (1) |
2007 | España | 1 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 24 de agosto de 2014. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ángel Javier Arizmendi de Lucas, nado en Madrid o 3 de marzo de 1984, é un futbolista español. Pode xogar de segundo dianteiro ou de interior.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Arizmendi xogou desde novo nas categorías inferiores do Atlético de Madrid, até mediados da tempada 2003–04, na que debutou co primeiro equipo, o 15 de febreiro de 2004, nun encontro contra o FC Barcelona fóra de casa, con derrota para os colchoneros (3–1).
A tempada 2004–05 foi cedido ao Racing de Santander, equipo no que xogou 22 partidos de liga e marcou 3 goles. A principios da tempada 2005–06 regresou ao Atlético de Madrid pero fichou polo Deportivo da Coruña no mercado de inverno.
No verán de 2007 foi contratado polo Valencia CF, por petición expresa do técnico Quique Sánchez Flores, por 7 millóns de euros. Pese a ser fichado como dianteiro, o novo adestrador, Ronald Koeman, aliñouno como extremo dereito, dando bos resultados. O seu primeiro tanto en liga como valencianista foi un autentico golazo que chegou o 23 de marzo no estadio Santiago Bernabéu no minuto 88. Ademais este tanto deu a vitoria ao equipo che.
En agosto de 2008, o Real Zaragoza acabado de descender convenceu ao xogador para que xogase en Segunda División, nunha operación que apenas durou 3 días, que rondaría os 4 millóns de euros polo traspaso do xogador. No ano 2009 conseguiu o ascenso do equipo maño á Primeira División, sendo un dos xogadores que máis minutos disputou. Tras un comezo dubitativo, acorde á marcha do equipo, conseguiu grandes actuacións que lle valeron a titularidade e alzarse como peza clave no equipo aragonés.
En xullo de 2010, o Real Zaragoza chegou a un acordo co Getafe CF para traspasar ao xogador, que firmou un contrato por seis tempadas. Actualmente volve a xogar no Deportivo da Coruña.
O 22 de agosto de 2014 de rescindiu o seu contrato co Deportivo da Coruña.[1]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
O 10 de novembro de 2006 foi convocado polo seleccionador español Luis Aragonés para disputar con España un partido amigábel en Cádiz contra Romanía, pero debido a unha inoportuna lesión no chegou a xogar.
Debutou no partido amigábel contra a selección inglesa o 7 de febreiro de 2007 no estadio de Old Trafford en Manchester (Inglaterra), onde España gañou por 0 - 1.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Arizmendi se desvincula del Deportivo". Marca. 22 de agosto de 2014. (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1984
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Neuchâtel Xamax FC
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España