Saltar ao contido

Medina A Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Medina A Coruña foi un equipo de baloncesto feminino da cidade da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fundado en 1943 ao abeiro da Sección Feminina na Coruña, sendo o equipo que iniciou a práctica do baloncesto en categoría feminina na cidade[1].

O Medina A Coruña estivo activo sobre todo nas décadas de 1960 e 1970, e chegou a ser campión da Liga de baloncesto feminino de España no ano 1966. En 1960, adestrado polo xornalista Manuel Fernández Trigo, conseguiron a terceira praza no Campionato de España e en 1961 quedaron campioas de España na final de San Sebastián ao derrotar o CREFF de Madrid (club tamén vencellado á Sección Feminina). A vitoria de 1961 deulles opción a disputaren a Copa de Europa de Baloncesto feminino[2] de 1962, onde derrotaron nun triangular primeiro o Sport Lubango e Benfica de Angola, que representaba a Portugal e despois o Casablanca (Marrocos) (41-25). Logo, en cuartos de final, caeron contra o Radnički de Belgrado, daquela Iugoslavia (81-35 e 19-57)[3]. Deste xeito o equipo coruñés converteuse no primeiro equipo galego en disputar unha competición europea.[1]

Logo de conseguir a Liga Feminina de España en 1966 volveu participar en competicións europeas. Neste caso volveron derrotaron o Lubango e Benfica (20-0) na Coruña, e despois caeron derrotadas polo Recoaro AS de Vicenza (30-56 e 45-67) en oitavos de final[4].

Con algunhas das súas antigas xogadoras xa no Club Tabacalera A Coruña, o Medina acabaría fusionándose con este a mediados da década dos setenta. En xeral, os últimos clubs Medina desaparecen ou mudan de nome no ano 1977.

O nome do club víña da súa orixe no Círculo Medina da Sección Feminina (pola vila castelá onde naceu Isabel I de Castela e tiña a súa sede a sección Feminina). Había outros equipos en España que compartían ese nome.

Xogadoras destacadas

[editar | editar a fonte]

Tempada a tempada

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1963/64 Primeira división Primeira Fase: 4ª no grupo A.
1964/65 Primeira división Primeira Fase: 3ª no grupo A.
1965/66 Primeira división Campioas.
1966/67 Primeira división
1967/68 Primeira división
1968/69 Primeira división
1969/70 Primeira división
Tempada Categoría Posto
1970/71 Primeira división Primeira fase: 3ª no grupo A
1971/72 Primeira división 12ª e descende a Segunda división
1972/73 Segunda división 3ª: promociona a Primeira, pero non ascende.
1973/74 Segunda división 2ª: promociona a Primeira, e ascende porque renuncian dous clubs.
1974/75 Primeira división 11ª: descende.
1975/76 Segunda división
  1. 1,0 1,1 Abelenda Lado, Daniel (11 de maio de 2024). "A Coruña, ciudad de pelota naranja". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 20 de maio de 2024. 
  2. Juan L. Cudeiro (2011-04-04). "Campeonas y pioneras". El País (en castelán). Consultado o 2017-11-07. 
  3. "European Cup for Women's Champion Clubs (1962) | FIBA Europe". www.fibaeurope.com. Consultado o 2017-11-07. 
  4. "European Cup for Women's Champion Clubs (1967) | FIBA Europe". www.fibaeurope.com. Consultado o 2017-11-07.