Manuel Fernández Trigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Fernández Trigo
Nacemento30 de maio de 1932
 A Coruña
Falecemento21 de marzo de 2011
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsports administrator
editar datos en Wikidata ]

Manuel Fernández Trigo, nado o 30 de maio de 1932 na Coruña e finado o 21 de marzo de 2011 en Madrid, foi un adestrador e directivo deportivo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xornalista de oficio, Fernández Trigo traballou na Voz de Galicia, onde asinaba os seus artigos como Mafertri. Converteuse en xerente do equipo de fútbol masculino Deportivo da Coruña no ano 1969, ao tempo que adestraba baloncesto no equipo feminino do Medina A Coruña. En 1978, o presidente do Real Madrid, Luis de Carlos, fíchao como xerente[1], posto onde permanece baixo as presidencias de De Carlos, Ramón Mendoza e parte da de Lorenzo Sanz, co que chegou a ser director xeral.

Xubilouse en 1999 e fundou un club masculino de fútbol, o Gandarío Sanse, en San Sebastián de los Reyes. Deste club, que leva o nome da praia de Gandarío, en Bergondo, foi o presidente e mais o adestrador durante unha década, e con el que chegou a Preferente Autonómica. A presidenta do equipo é a súa viúva, a tamén galega Maribel Gómez Frutos.

Notas[editar | editar a fonte]