Real Federación Galega de Fútbol
Afiliada á RFEF | |
---|---|
Fundación | 1909 |
Afiliación á FIFA | Non asinada. |
Presidente | Rafael Louzán Abal |
Sede | Rúa Juan de Ciorraga 3 - Baixo 15008 – A Coruña |
Sitio web | http://www.futgal.gal |
A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) é o organismo reitor do fútbol en Galicia. A RFGF organiza o Grupo 1 da Tercera División, coa axuda da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), como parte do sistema da liga española de fútbol. Tamén organiza diferentes competicións de categoría inferior á Terceira División. A FGF foi fundada en 1909 e ten sede na Coruña. En 2017 obtivo o título de Real.[1]
Competicións[editar | editar a fonte]
A Federación Galega de Fútbol organiza as seguintes competicións:
- Terceira División Grupo 1
- Preferente Galicia
- Primeira Galicia
- Segunda Galicia
- Terceira Galicia
- Fase Galega da Copa RFEF
- Outras competicións de fútbol afeccionado, fútbol base e fútbol feminino.
Ademais, no pasado tamén organizou estoutras competicións:
- Campionato de Galicia
- Copa Galicia
- Copa Federación Galega de Fútbol
- Campionato Galego de Afeccionados
- Copa Galiza (co patrocinio da Xunta de Galicia)
Seleccións[editar | editar a fonte]
A Federación Galega de Fútbol encárgase da Selección de Fútbol de Galicia, e ademais das súas categorías inferiores.
Presidentes[editar | editar a fonte]
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Federación Galega de Fútbol (1 de agosto de 2017). "A Asemblea Xeral aproba a incorporación do título concedido por Felipe VI".
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 2,26 2,27 Manuel T. Rendueles Castro, Carlos Castro Pinhão. "Presidentes da Federación Galega de Fútbol". En Fundación Zerumuga. A Temporada Do Fútbol Galego 2008-2009. p. 4.
- ↑ "El sobrino de Meana pasa a dirigir la federación gallega" La Voz de Galicia. 11 de abril de 2007. (en castelán)
- ↑ "El TSXG repone a Julio Meana al frente de la Federación Gallega" Faro de Vigo. 17 de decembro de 2010. (en castelán)
- ↑ "García Liñares toma posesión en un acto donde pone en duda la gestión de Meana" Arquivado 23 de novembro de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego. 16 de marzo de 2011. (en castelán)
- ↑ "Rafael Louzán, confirmado como presidente de la Federación Gallega" La Opinión A Coruña. 26 de decembro de 2014. (en castelán)