Frontón Municipal de Riazor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frontón Municipal de Riazor
Coordenadas43°22′06″N 8°24′57″O / 43.368444000036, -8.4159197828457Coordenadas: 43°22′06″N 8°24′57″O / 43.368444000036, -8.4159197828457
editar datos en Wikidata ]

O Frontón Municipal de Riazor é unha instalación polideportiva da cidade da Coruña na confluencia da avenida de La Habana coa praza de Portugal, inaugurada en 1944[1] e propiedade do Concello da Coruña. Foi proxectada por Santiago Rey Pedreira como parte do complexo coñecido como Cidade Deportiva Municipal de Riazor, composta —ademais de polo frontón— polo Estadio Municipal, o Palacio dos Deportes, a Piscina Municipal de Riazor e as Pistas Polideportivas de Riazor. Consta de[2]:

  • Un muro de escalada de carácter deportivo.
  • Unha pista de 24 m x 50 m para a práctica de bádminton, baloncesto, balonmán, fútbol sala, pelota vasca, cesta punta, tenis e voleibol
  • Bancada con capacidade para 500 persoas

Inicialmente foi construída como unha instalación descuberta que formaba parte do propio estadio e aínda que houbo un proxecto para cubrila xa en 1951, obra do propio Rey Pedreira, tal mellora non se levaría a cabo até anos máis tarde[1].

Vén sendo empregada tamén para outros deportes como boxeo[3], halterofilia[4] ou patinaxe[5], actos políticos como a fundación do Bloque Nacionalista Galego en 1982 e o seu XXV aniversario en 2007[6], concertos[7] ou actos benéficos[8].

A finais de 2008 a xunta de goberno local aprobou a rehabilitación do seu lucernario[9] e a finais de 2012 puxo en marcha obras para anovar os seus accesos[10].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 López González, Cándido; Carreiro Otero, María. "LA IDENTIDAD DEL LUGAR: LA MANZANA DEL DEPORTE EN RIAZOR". Universitat Politècnica de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 04-03-2016. Consultado o 04-03-2016. 
  2. "Cidade Deportiva de Riazor". Concello da Coruña. Consultado o 04-03-2016. 
  3. "Velada Frontón de Riazor - A Coruña (14/02/2014)". Round Galicia. Consultado o 04-03-2016. 
  4. "Halterofilia >> XXI Copa Galega (m+f)) e VII Fase Liga Escolar sub-15, sub-17 e sub-20 (m+f)". Xunta de Galicia. Consultado o 04-03-2016. 
  5. "Frontón longo da Cidade Deportiva de Riazor". Concello da Coruña. Consultado o 04-03-2016. 
  6. "25 aniversario do BNG". bng-ribeira.gal. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2016. Consultado o 04-03-2016. 
  7. DeporSport. Redacción (24 de decembro de 2008). "Los Riazor Blues, con la Selección Galega". Arquivado dende o orixinal o 08-03-2016. Consultado o 04-03-2016. 
  8. "Proyecto ENKI www.proyectoenki.com. Programa de actividades". Fundación Abrente. Arquivado dende o orixinal o 06-03-2016. Consultado o 04-03-2016. 
  9. La Voz de Galicia (30 de decembro de 2008). "La junta de gobierno aprueba otros 10,8 millones para proyectos del Fondo Estatal de Inversión Local". Consultado o 04-03-2016. 
  10. "Urbanización da contorna do Palacio de Deportes de Riazor, piscina, frontón municipal e Estadio de Riazor.". Concello da Coruña. Consultado o 04-03-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]