Club Deportivo Arenteiro
Arenteiro | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Arenteiro | ||
Fundación | 1958 | ||
Estadio | Espiñedo, O Carballiño, Galicia | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 2ª RFEF – Grupo 1 | ||
2020–21 | 1º | ||
Vestimenta | MERCURY | ||
Patrocinador | Cer&Ber | ||
Na rede | |||
http://www.cdarenteiro.es/ | |||
| |||
O Club Deportivo Arenteiro é un equipo de fútbol do Carballiño fundado no 1958, que milita actualmente na Segunda División RFEF. O seu campo é o Estadio de Espiñedo, con céspede natural e capacidade para 2.000 persoas. Tamén utiliza para os adestramentos o Campo da Uceira situado no barrio carballiñés da Uceira. Alí disputan os seus partidos as categorías inferiores do equipo carballiñés (EMF Arenteiro) e o Sporting Carballiño, militante na segunda Autonómica.
No 1990 pasou a chamarse Club Deportivo O Carballiño, pero no 2005 recuperou a denominación tradicional. Recibe o nome do río Arenteiro, río que atravesa a vila do Carballiño.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundado en 1958, o Arenteiro debutou en Terceira División na tempada 1964/65 e mantívose tres anos consecutivos na categoría, volvendo descender en 1967. Non foi ata 1980 cando conseguiu de novo o ascenso a Terceira.
Na tempada 1986/87 proclamouse subcampión do grupo I da Terceira División, por detrás do Endesa As Pontes. Grazas á ampliación da Segunda División B de 1 a 4 grupos a tempada seguinte, o Arenteiro conseguiu o ascenso directo de categoría. Na tempada 1987/88 debutou e logrou a permanencia en Segunda B, da man do adestrador Agapito Viñas, cun equpo no que xogaban entre outros Pereira, Sobrino, Carlos Lago ou Quecho.[1] Na campaña seguinte descendeu novamente a Terceira.
Tralo descenso de categoría, o equipo mantívose un par de anos na metade da táboa ata que na 1991/92 acabou na terceira posición. Na liguiña de ascenso a Segunda B acabou terceiro, por detrás do RSD Alcalá e o CD Lealtad, e por diante do Atlético Astorga, sen poder ascender. Volveu repetir a terceira posición na liga ao ano seguinte, no que tampouco conseguiu o ascenso, quedando último na liguiña tralo Real Madrid C, o Zamora CF e o Club Siero. Na campaña seguinte descendeu a Preferente.
Tralo descenso, o equipo pasou máis de dúas décadas entre a Preferente (a mayoría de tempadas) e a Primeira Autonómica. Na 2016/17 acabou a liga en Preferente na terceira posición e, grazas ao ascenso do Rápido de Bouzas a Segunda B, o Arenteiro ascendeu de novo á Terceira División despois de 23 anos de ausencia na categoría.
Na tempada 2020/21, conseguiu ascender á Segunda División RFEF, 34 anos despois da súa última tempada na antiga Segunda B. Además, proclamouse campión da categoría, ao vencer ao Bergantiños, segundo clasificado. Na Copa do Rei 2021/22, a súa sétima participación no torneo, o equipo verde eliminou na primeira rolda á SD Logroñés, equipo dunha categoría superior (Primeira RFEF), ao que gañou 2-1 con goles de Renan Zanelli e Sylla.[2] Para a seguinte rolda o sorteo emparellou ao club do Carballiño cun equipo de Primeira División: o Valencia.
Datos do club[editar | editar a fonte]
Historial na liga[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Rodríguez, Luis M. (23 de febreiro de 2021). "El Arenteiro busca un ascenso que no celebra desde 1987". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2021.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "O Arenteiro apea ao Logroñés e soña cun Primeira en Espiñedo". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de decembro de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web oficialArquivado 27 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Artigo sobre o equipo no blog Sena Fútbol Marín