Jaime Sánchez Muñoz
(2024) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 11 de marzo de 1995 Chiclana de la Frontera | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,84 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jaime Sánchez Muñoz, nado en Chiclana de la Frontera o 11 de marzo de 1995, é un futbolista español que xoga como defensa central no Penafiel, da Segunda Liga de Portugal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou na Escola de Fútbol Sancti Petri de Chiclana, onde xogou varios anos antes de entrar na canteira do Cádiz.[1] Despois de tres anos no equipo amarelo, en 2012 foi traspasado ao Real Madrid por 250.000 euros.[2]
No club branco empezou no equipo xuvenil e disputou a Liga Xuvenil da UEFA, na que un gol seu ao gardameta do PSG, Mike Maignan, lle deu o pase a semifinais ao Real Madrid.[3] O 24 de marzo de 2013 debutou co Real Madrid C na Segunda División B, nun partido contra o Sporting de Gijón B. Na tempada 2014/15 subiu ao Real Madrid Castilla, co que disputou 17 encontros, case todos como titular, e foi convocado por Carlo Ancelotti para un partido de Copa do Rei do primeiro equipo contra o Cornellà, aínda que non chegou a entrar ao campo.[4]
Na tempada 2015/16 sufriu unha lesión no tendón de Aquiles que o obrigou a pasar polo quirófano e que o mantivo fóra dos terreos de xogo durante toda a campaña.[5] Para a tempada 2016/17 foi cedido ao CE Sabadell,[6] pero non chegou a debutar por mor das lesións. O 24 de setembro de 2017 volveu xogar un partido oficial 861 días despois do último, vestindo a camiseta do Castilla fronte ao Navalcarnero.[7] Xogou un total de 5 partidos no equipo de Solari pero no verán volveu pasar polo quirófano para unha nova intervención cirúrxica.[8]
En xaneiro de 2019 foi traspasado ao Real Valladolid B, de 2ªB.[9] Disputou 12 partidos e ao remate da tempada o club valisoletano renovou o seu contrato ata 2021.[10] No equipo adestrado por Javier Baraja conseguiu unha regularidade que non tiña dende había anos e disputou 24 partidos de liga, 23 deles como titular, así como o encontro da promoción de ascenso que o seu equipo perdeu contra o Barcelona B.
En agosto de 2020 foi traspasado ao Sabadell, agora en Segunda División.[11] Debutou na categoría de prata na segunda xornada, comezando como titular nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano no Estadio de Vallecas.[12] Foi titular na maioría de encontros e na xornada 36 marcou de chilena o seu primeiro gol, dándolle a vitoria ao seu equipo contra o Mallorca na Nova Creu Alta (1-0).[13] Con todo, o equipo acabou perdendo a categoría.
O 19 de xullo de 2021 foi anunciado como novo xogador do Deportivo da Coruña para a tempada 2021/21 da nova Primeira División RFEF.[14] Debutou co club galego o 29 de agosto de 2021, na primeira xornada de liga contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[15] Na súa primeira campaña no Deportivo formou xunto a Adrián Lapeña a parella de centrais titulares e disputou 29 partidos, todos saíndo dende o once inicial. Perdeu protagonismo na seguinte tempada, coa chegada do francés Pablo Martinez, pero aínda así superou os 2.000 minutos de xogo.[16]
A súa participación reduciuse de xeito notable trala chegada de Pablo Vázquez na tempada 2023/24, con Imanol Idiakez no banco. Con todo, a súa versatilidade permitiulle xogar como lateral dereito e pivote defensivo ademais de como central, polo que acumulou 23 partidos disputados, contribuíndo ao ascenso do equipo á Segunda División. Na tempada 2024/25 xogou 17 partidos, só 6 deles saíndo dende o inicio.[16] Pechou o seu paso pola Coruña cun total de 98 encontros disputados.
En xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Penafiel da Segunda Liga de Portugal, club que viña de ser adquirido pouco antes polo propio dono do Deportivo, Juan Carlos Escotet.[17]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías inferiores da selección española, dende que debutou en 2012 coa sub-17, pasando logo pola sub-18, sub-19 e sub-21. En 2013 disputou o Campionato europeo da UEFA Sub-19 en Lituania, caendo nas semifinais contra Francia.[18]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Real Madrid C | 2012/13 | Segunda B | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| 2013/14 | Segunda B | 6 | 0 | - | - | - | - | 6 | 0 | |
| Total club | 7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 7 | 0 | ||
| Real Madrid Castilla | 2014/15 | Segunda B | 17 | 0 | - | - | - | - | 17 | 0 |
| 2015/16 | Segunda B | 0 | 0 | - | - | - | - | 0 | 0 | |
| Sabadell | 2016/17 | Segunda B | 0 | 0 | 0 | 0 | - | - | 0 | 0 |
| Real Madrid Castilla | 2017/18 | Segunda B | 5 | 0 | - | - | - | - | 5 | 0 |
| 2018/19 | Segunda B | 0 | 0 | - | - | - | - | 0 | 0 | |
| Total club | 22 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 22 | 0 | ||
| Valladolid B | 2018/19 | Segunda B | 12 | 0 | - | - | - | - | 12 | 0 |
| 2019/20 | Segunda B | 24 | 0 | - | - | 1 | 0 | 25 | 0 | |
| Total club | 36 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 | 37 | 0 | ||
| Sabadell | 2020/21 | Segunda | 32 | 1 | 1 | 0 | - | - | 33 | 1 |
| Total club | 32 | 1 | 1 | 0 | 0 | 0 | 33 | 1 | ||
| Deportivo da Coruña | 2021/22 | 1ª Federación | 27 | 1 | 0 | 0 | 2 | 0 | 29 | 1 |
| 2022/23 | 1ª Federación | 27 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 29 | 0 | |
| 2023/24 | 1ª Federación | 20 | 1 | 1 | 0 | 2 | 0 | 23 | 1 | |
| 2024/25 | Segunda | 16 | 0 | 1 | 0 | - | - | 17 | 0 | |
| Total club | 90 | 2 | 2 | 0 | 6 | 0 | 98 | 2 | ||
| Total carreira | 187 | 3 | 3 | 0 | 7 | 0 | 197 | 3 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e final de campións de Primeira Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jaime Sánchez, el 'heredero' de Sergio Ramos en la Fábrica" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ Sánchez, Pablo (2 de novembro de 2012). "El Cádiz ya tiene los 250.000 euros de Jaime". portalcadista.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "PSG - Real Madrid 2013-14". UEFA (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Descanso para Casillas, Ramos, Kroos, Modric y Cristiano" (en castelán). 29 de outubro de 2014. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Jaime Sánchez, cedido al CE Sabadell" (en castelán). 31 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "El CE Sabadell cierra el fichaje del internacional sub21 Jaime Sánchez". cesabadell.cat (en castelán). 28 de xullo de 2016. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ Sánchez, Julio (28 de setembro 2017). "Jaime Sánchez volvió a disputar un encuentro oficial 861 días después". soymadridista.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Jaime Sánchez volvió a pasar por el quirófano" (en castelán). 18 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "El Promesas ficha Jaime, central del Real Madrid Castilla". tribunavalladolid.com (en castelán). 31 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Jaime Sánchez renueva con el Real Valladolid". realvalladolid.es (en castelán). 18 de xuño de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Jaime Sánchez, cuarta incorporación del CE Sabadell 2020/21". cesabadell.cat (en castelán). 14 de agosto de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2021.[Ligazón morta]
- ↑ "Catena culmina la remontada de un Rayo que promete y duerme líder". As (en castelán). 19 de setembro de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Una chilena de Jaime da vida al Sabadell y frena al Mallorca". As (en castelán). 26 de abril de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "Jaime Sánchez, novo xogador do Dépor 2021-2022". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- 1 2 Regueiro, Zeltia (13 de maio de 2025). "El coronel Jaime Sánchez asume galones en el Dépor". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 25 de xullo de 2025.
- ↑ "El Penafiel ficha a Jaime Sánchez tras cuatro temporadas como blanquiazul". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2025. Consultado o 25 de xullo de 2025.
- ↑ "El infortunio condena a España en la prórroga (1-2)" (en castelán). 29 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2021. Consultado o 20 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1995
- Nados en Chiclana de la Frontera
- Futbolistas de Andalucía
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do Real Valladolid B
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do FC Penafiel
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21