Trofeo Teresa Herrera (hóckey a patíns)
Tipo | campionato amistoso |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Epónimo | Teresa Herrera |
Localización e Datas | |
Localización | A Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′26″N 8°24′00″O / 43.37385694, -8.40002703 |
País | España |
Vixencia | 1952 – |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Hockey Club Liceo da Coruña (4) |
O Trofeo Teresa Herrera de hóckey a patíns foi un torneo amigábel disputado na Coruña nos anos 50 e recuperado na década de 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Anos 50
[editar | editar a fonte]A primeira edición, impulsada por Antonio González,[1] disputouse na praza de María Pita entre o 26 e o 28 de xuño de 1952, uns días despois do Trofeo Teresa Herrera de fútbol, e participaron nel os equipos do Deportivo da Coruña (campión galego), Atlético de Madrid (campión de Castela) e FC Barcelona.[2] O primeiro partido enfrontou ao Deportivo co Atlético de Madrid, formando o equipo galego con Lago, Varela, Fernando Bremón, José Fontenla e os irmáns Pepe e Antonio González, mentres que o equipo madrileño aliñou a Galian, Groiza, Martínez, Garrigues, Wences e César. Venceu o Atlético por 6-0 con tres goles de Wences e outros tres de Garrigues.[3][4] Ao día seguinte o Barcelona derrotou ao Deportivo por 11-3, con goles de Bargalló (4), Newton (3), Rovira (3) e Gallén (1), mentres que por parte coruñesa anotaron Brunet, Bremón e González.[5] Na derradeira xornada o Atlético venceu ao Barcelona por 3-2, conquistando deste xeito o trofeo, que lle foi entregado polo alcalde da Coruña, Alfonso Molina.[6]
A segunda edición do torneo disputouse en setembro de 1955, enfrontándose esta vez catro equipos: Campo de Ourique (campión da liga portuguesa), Académico do Porto, Español (campión da Copa do Xeneralísimo) e unha selección coruñesa formada polos porteiros Germán e Suso, os defensas Fontela e Armando, e os medios e dianteiros Escariz, Morán, Dafonte, Iglesias e Bremón.[7]
Os equipos portugueses, con varios xogadores internacionais, venceron aos dous equipos españois na primeira xornada: o Campo de Ourique derrotou á selección coruñesa por 5-0, mentres que o Académico venceu 5-3 ao Español. No segundo día o Español derrotou aos coruñeses por 5-1, mentres que o Campo de Ourique gañou ao equipo do Porto por 3-0.[8] No derradeiro día de competición a selección coruñesa empatou a dous goles contra o Académico, mentres que o Campo de Ourique proclamouse campión ao empatar tamén 2-2 co Español.[9]
En xuño de 1956 disputouse a terceira edición na que participaron o Club Patín Cibeles de Oviedo (campión de Asturias), o Real Alcodiam de Alcoi (campión do Levante), e dous clubs coruñeses: o Deportivo e o Centro Asturiano. Na xornada inaugural o equipo alcoiano goleou por 9-0 ao Centro Deportivo, mentres que o Cibeles derrotou á súa vez ao Deportivo da Coruña por 6 goles a 2.[10] Na segunda xornada o Alcodiam, liderado polos irmáns Jordá, logrou unha nova vitoria, esta vez contra o Deportivo da Coruña por 6-1. No partido entre o Cibeles e o Centro Asturiano rexistrouse un empate a un, con goles anotados por Moreno por parte do equipo ovetense e Morán para os coruñeses.[11] Na última xornada o Deportivo venceu por 2-1 ao Centro Asturiano, mentres que no partido decisivo polo torneo o Cibeles derrotou por 3-0 ao Alcodiam, adxudicándose o trofeo.[12]
Anos 2010
[editar | editar a fonte]Case 60 anos despois, en 2014, disputouse unha nova edición do torneo, enfrontando no Pazo dos Deportes de Riazor ao HC Liceo co AD Valongo portugués, gañando o equipo coruñés por 6-4, con goles de Jordi Bargalló (2), Toni Pérez, Eduard Lamas, Pau Bargalló e Josep Lamas.[13] O Liceo revalidou o título ano seguinte, derrotando ao Valença HC por 8-4 con goles de Josep Lamas (3), Toni Pérez (3), Dava Torres e Pau Bargalló por parte do equipo verde, mentres que os goleadores do equipo portugués foron Diogo Cunha (2), Nene Magalhães e Jorge Faria.[14]
En 2016 o torneo disputouse a modo de triangular, coa participación do Liceo, o Porto FC e o Valença HC. O Liceo conquistou o seu terceiro título tras empatar 4-4 co Porto[15] e golear por 12-0 ao Valença.[16] En 2017 disputouse a derradeira edición ata a data,[17] na que o novo Liceo de Juan Copa gañou o seu cuarto título derrotando por 6-2 ao Valença HC, con goles de Sergi Miras (2), Eduard Lamas, Dava Torres, Marc Coy e Carlo di Benedetto.[18]
Edicións
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Resultado | Subcampión | 3º | 4º |
---|---|---|---|---|---|
1952 | Atlético de Madrid | Triangular | FC Barcelona | Deportivo da Coruña | |
1955 | Campo de Ourique | Liguiña | Espanyol | FC Porto | Selección coruñesa |
1956 | CP Cibeles | Liguiña | Real Alcodiam | Deportivo da Coruña | Centro Asturiano |
2014 | HC Liceo | 6-4 | AD Valongo | ||
2015 | HC Liceo | 8-4 | Valença HC | ||
2016 | HC Liceo | Triangular | FC Porto | Valença HC | |
2017 | HC Liceo | 6-2 | Valença HC |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos | Equipo | Anos |
---|---|---|
4 | HC Liceo | 2014, 2015, 2016, 2017 |
1 | Atlético de Madrid | 1952 |
1 | Campo de Ourique | 1955 |
1 | CP Cibeles | 1956 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "5 minutos de charla con D. Antonio González, presidente de la F. G. de Patinaje". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de xaneiro de 1958. p. 8.
- ↑ "El “I Trofeo Teresa Herrera" empezará a disputarse mañana". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de xuño de 1952. p. 5.
- ↑ Alfil (28 de xuño de 1952). "El Teresa Herrera de hockey sobre patines". El Progreso (en castelán). p. 4. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Trofeo Teresa Herrera de hockey sobre patines". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 27 de xuño de 1952. p. 5.
- ↑ "El Barcelona impuso su mejor técnica sobre el Deportivo, 11-3". A Coruña (en castelán) (A Coruña ed.). 28 de xuño de 1952. p. 5.
- ↑ "El Atlético de Madrid ganó el Trofeo Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 29 de xuño de 1952. p. 5.
- ↑ "Esta noche en María Pita empieza el gran Torneo Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de setembro de 1955. p. 4.
- ↑ "Brillante victoria del Campo e Ourique". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 6 de setembro de 1955. p. 4.
- ↑ "El Campo de Ourique, ganador del Torneo Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 7 de setembro de 1955. p. 5.
- ↑ "Victorias de los equipos forasteros en la primera jornada del "Teresa Herrera"". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xuño de 1956. p. 6.
- ↑ "Brillante empate del C. Asturiano con el Cibeles". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 1956. p. 8.
- ↑ "La Cibeles, ganador del Teresa Herrera al batir al Alcodiam por 3-0". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 30 de xuño de 1956. p. 5.
- ↑ "El Teresa Herrera, en casa". La Opinión A Coruña (en castelán). 31 de agosto de 2014. Consultado o 21 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo deja el Teresa Herrera en casa" (en castelán). 23 de setembro de 2015. Consultado o 21 de decembro de 2020.
- ↑ "Espectáculo, goles y empate en el estreno del nuevo Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2020.
- ↑ "El Liceo se lleva el Teresa Herrera tras ganar al Valença por un abultado 12-0". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2020.
- ↑ "Liceo y Valença luchan por adjuciarse el Teresa Herrera". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 19 de xuño de 2017. p. 46.
- ↑ "El Liceo superó al Valença en su primer duelo en Riazor". DxT Campeón: noticias del deporte de la provincia de A Coruña y Galicia (en castelán). 17 de setembro de 2017. Consultado o 2024-02-13.