Recopa de Europa de fútbol
Tipo | copa internacional de clubs de fútbol |
---|---|
Organizador | União das Federações Europeias de Futebol (pt) |
Número de participantes | 97 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1960 – |
Calendario da tempada | outono – primavera |
Intervalo de tempo | – 1999 |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 39 |
Outro | |
Páxina web oficial | archive.is… |
A Recopa de Europa da UEFA (ata 1994 Copa de Europa de Campións de Copa), chamada tamén Copa de Campións de Copa ou simplemente Recopa de Europa, foi unha competición de fútbol organizada pola UEFA que, durante 39 tempadas, disputaron os vencedores das competicións de Copa dos diferentes países europeos.
Foi inaugurada en 1960, sendo a ACF Fiorentina o primeiro campión da competición. A Recopa estaba considerada pola UEFA como a segunda competición entre clubs máis importante de Europa, despois da Copa de Europa e por diante da Copa da UEFA.
O formato da competición era idéntico ao da Copa de Campións de Europa orixinal: 32 equipos enfrontados en catro roldas de eliminacións directas a dobre partido, disputándose a final a partido único desde a segunda edición, en 1962. O vencedor da Recopa tiña dereito a disputar a Supercopa de Europa, fronte ao campión da Copa de Europa.
Clasificábase para xogar a Recopa:
- O campión de Copa de cada país membro da UEFA.
- O campión vixente da Recopa, para poder defender o seu título. Se o campión lograba clasificarse para disputar a Copa de Europa, a súa praza na Recopa quedaba vacante.
- O finalista da competición de Copa dun país, no caso de que o campión acadase o dobrete (gañando a Liga e a Copa do seu país), co cal se clasificara para a Copa de Europa.
- Nunha soa ocasión xogou un equipo non incluído nestes tres casos, o SC Heerenveen, semifinalista da competición de copa holandesa de 1998, que pasou a xogar a Recopa da tempada seguinte ao terse clasificado os dous finalistas (Ajax e PSV Eindhoven) para a Copa de Europa, non sen antes disputar unha eliminatoria co outro semifinalista.
A competición celebrou a súa última edición en 1999, debido a que a UEFA reestruturou as competicións europeas de clubs para dar máis protagonismo á Copa de Europa, que pasou a denominarse Liga de Campións, deixando de ser unha competición exclusiva dos campións de liga para dar entrada a máis clubs.
O club con máis títulos da Recopa no seu palmarés é o Futbol Club Barcelona, que a conquistou en catro ocasións: 1979, 1982, 1989 e 1997. Por outra banda, ningún campión da Recopa logrou, nos seus 39 anos de historia, gañar o título dous anos consecutivos; tal foi así que en oito ocasións (1962, 1963, 1974, 1977, 1988, 1994, 1995 e 1997) o campión vixente chegou á final, só para perdela.
Historial de finais
[editar | editar a fonte]Títulos
[editar | editar a fonte]Por equipo
[editar | editar a fonte]Por país
[editar | editar a fonte]País | Títulos | Subcampionatos |
---|---|---|
Inglaterra | 8 | 5 |
España | 7 | 7 |
Italia | 7 | 4 |
Alemaña | 5 | 6 |
Bélxica | 3 | 4 |
Escocia | 2 | 2 |
Ucraína | 2 | 0 |
Francia | 1 | 2 |
Portugal | 1 | 1 |
Países Baixos | 1 | 1 |
Eslovaquia | 1 | 0 |
Xeorxia | 1 | 0 |
Austria | 0 | 3 |
Hungría | 0 | 2 |
Polonia | 0 | 1 |
Rusia | 0 | 1 |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Equipos españois
[editar | editar a fonte]Equipo | Participacións | Gañador |
---|---|---|
Barcelona | 13 | 4 |
Atlético de Madrid | 9 | 1 |
Zaragoza | 5 | 1 |
Real Madrid | 4 | |
Valencia | 3 | 1 |
Athletic Club | 2 | |
Betis | 2 | |
Sevilla | 1 | |
Real Madrid Castilla | 1 | |
Real Sociedad | 1 | |
Deportivo da Coruña | 1 | |
Valladolid | 1 | |
Mallorca | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Final disputada a dobre partido. O resultado en letra grosa corresponde ao do partido disputado no estadio do equipo campión.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Final decidida nun partido de desempate.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Resultado final logo de ter xogado a prórroga.
- ↑ Final decidida na quenda de penaltis.