Coruxo Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Coruxo Club de Fútbol")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Coruxo
NomeCoruxo Fútbol Club
Fundación1930
EstadioO Vao,
Vigo, Galicia
Capacidade1.500
PresidenteGalicia Gustavo Falque
AdestradorGalicia Gonzalo Fernández Álvarez 'Gonza'
Liga2ªRFEF – Grupo 1
2019–20
VestimentaZico
PatrocinadorDeputación de Pontevedra[1][2]
Páxina web
Na casa
Fóra

O Coruxo Fútbol Club é o equipo de fútbol galego da parroquia de Coruxo, pertencente ao concello de Vigo. Fundado en 1930, xoga no grupo I da Segunda RFEF sendo un vello coñecido do nível futbolístico levando nel antes da reestruturación da categoría e cambio de nome oficial,o ascenso do Coruxo a antiga 2B sería na tempada 2009-10. O seu campo de fútbol é o campo do Vao, cunha capacidade para 1.500 espectadores.

Campo do Vao.

Historia[editar | editar a fonte]

O club nace en 1930 tras fusionarse con outro equipo da zona, o Mirambel, para formar un conxunto que disputase varios torneos locais en Vigo e arredores, sendo o primeiro presidente do novo equipo Eduardo Costas Costas. A partir da fusión o equipo nútrese de xogadores da parroquia de Coruxo e arredores, e establécese un estadio para o Coruxo na Xunqueira do Vao. A súa primeira competición foi un torneo rexional, a Liga do Val Miñor.

O club sofre un parón durante a guerra civil española e non regresará ata 1945, cando todos os membros da xunta directiva con Eduardo Costas como presidente reúnen os medios para renovar a actividade do club. En 1947, o equipo pasa a estar federado pola Federación Española de Fútbol e comeza a competir de forma profesional. Posteriormente iría inscribindo a outros equipos de categorías inferiores.

Na súa longa historia xogou en numerosas ocasións en Terceira división, pero tamén viviu épocas máis escuras nas categorías inferiores do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional). Destaca en especial a súa década dos anos sesenta, onde estivo en Terceira división durante oito tempadas consecutivas, dende 1959 ata 1967, e cando esa categoría era en realidade a terceira e non a cuarta, como na actualidade. Tamén estivo en Terceira entre 1984 e 1990, nas tempadas 1991-92 e 1995-96 e dende 2003 ata 2009. O seu mellor resultado foi na tempada 2006-07, cando quedou subcampión da categoría.

Disputou sen éxito a promoción de ascenso a Segunda B en tres ocasións:

  • En 2005, cando perdeu contra o Real Oviedo por 0-0 e 1-0, en primeira rolda[3].
  • En 2007, cando perdeu contra o Toledo por 2-0 e 2-2, en primeira rolda[4].
  • En 2008, cando perdeu contra o Alzira por 0-2 e 2-2, en primeira rolda[5].

Finalmente, na tempada 2009-10 logra o seu primeiro ascenso a Segunda División B tras gañar a AD Parla, SD Oyonesa e La Roda CF nas respectivas eliminatorias. Na súa primeira tempada na nova categoría consegue a permanencia na última xornada acabando na 14ª posición, logo dunha tempada regular na que só ocupou posicións de descenso na 2ª xornada. Na tempada 2011-12 acaba en 11ª posición. Nas seguintes tempadas mantívose na zona media da táboa sendo as súas mellores clasificacións os dous oitavos postos logrados na 2014/15 e na 2016/17. Con todo, na tempada 2017/18 rematou en 16º lugar, o que obrigou ao equipo a xogar a promoción de permanencia contra o Mérida AD, logrando superar a eliminatoria pola regra do gol en campo contrario tras empatar 2-2 no Estadio Romano e 0-0 no Vao.[6]

En novembro de 2019, con Míchel Alonso como adestrador,[7] o Coruxo conseguiu unha histórica clasificación por primeira vez para a Copa do Rei,[8] ao lograr meterse nas semifinais da Copa Federación, tras eliminar no Estadio Helmántico ao Salamanca na quenda de penaltis cunha actuación estelar do porteiro xuvenil de 18 anos Pablo Brea, que parou tres dos lanzamentos dende os nove metros.[9] A eliminatoria da Copa do Rei, correspondente á primeira ronda, xogouse a partido único o 17 de decembro no Campo do Vao, fronte ao CD Mirándés, de Segunda División. No minuto 92 o Coruxo gañaba por 4-3, cando o árbitro sinalou un polémico penalti a favor do Mirandés, co que estes empataron o partido e forzaron a prórroga.[10][11] Acto seguido o colexiado expulsou a José Barril e Borja Yebra, polo que o equipo local tivo que afrontar o tempo extra con 9 xogadores. Finalmente o Mirandés marcou o 4-5 no minuto 118 e apeou ao Coruxo da competición.[12] A actuación arbitral foi duramente criticada tanto polo adestrador como polo propio club.[13][11]

A tempada 2019/2020 sería parada indefinidamente dadas as circunstancias da pandemia do Covid19. O Coruxo acadaría nesta competición deixada a medias o mellor resultado da súa historia na categoría quedando na 5° posición a 4 puntos da Peña Deportiva. Sería a incerteza de tantos encontros por xogar pola pugna da cuarta posición o que levaría o Coruxo a apelación da conclusión forzada da tempada co obxectivo de que a súa posición na táboa da liga fose avalada e de que o equipo poidera disputar o playoff a Segunda do mesmo ano. [14]

Coa entrada da tempada 2020/21 tamén marcada pola Covid o que levou por conseguinte a reforma competición, o Coruxo xogaría nun dos 2 subgrupos nos que se dividía a Segunda División B Grupo 1, concretamente no Subgrupo A formado por 10 conxuntos galegos e castelán leoneses.

Dado os bos resultados da anterior tempada, o Coruxo acadou unha clasificación automática ás fases previas da Copa do Rei de fútbol está sendo a súa terceira participación na competición, a proba de lume produciría o 16 de decembro do 2020 ante o Málaga no campo do Vao no cal os locais serían superados polos andaluces nun contundente 0-4, sendo para o conxunto vigués o punto final no seu camiño na copa. [15]

A pesar do mal comezo atribuído tanto polo corpo técnico coma os xogadores ao rápido formato de competición, esta liga de rachas tamén levaría a ledicia as bocas dos xeareiros cando os de Míchel Alonso acadaron o 7 de febreiro unha vitoria histórica ante o xigante galego acabado de descender, o Deportivo da Coruña no campo do Vao por 2-0 [16]

Quedando fóra tanto da clasificación para o playoff a Segunda División coma a certificación á nova Primeira División RFEF, cos 20 puntos acadados ó Coruxo non lle quedou outra que buscar a permanencia na nova Segunda División RFEF na que entraba como o terceiro conxunto con mellores datos de competición por detrás do Pontevedra Club de Fútbol e o Real Oviedo B ademais de estar empatado a puntos co Lealtad Villaviciosa, a vista por abaixo non era moito mellor só levando un punto de dianteira do Salamanca.

Aínda así, o Coruxo soubo sacar todo o seu potencial cando máis facíalle falta, acumulando un total de 16 puntos nesta fase rendas resultado de 4 empates e 4 vitorias, saíndo invicto da fase, clasificándose como primeiros de grupo con 36 puntos asegurando a continuidade na 2 División RFEF xunto co Pontevedra Club de Fútbol e o Salamanca.

Na última rolda de prensa da tempada o adestrador Míchel Alonso faría oficial ante os medios despois de que especulacións sobre o seu futuro estiveran presentes na actualidade informativa, que ese sería o seu último ano no club.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Xogadores do Coruxo FC nun encontro fronte ao CCD Cerceda, 2018.
  • Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
  • Uniforme alternativo: Camiseta braquivermella, pantalón vermello e medias vermellas.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
de 30-31 Rexional
a 58-59 Rexional
1959/60 10º
1960/61 13º
1961/62 11º
1962/63 13º
1963/64 14º
1964/65
1965/66 13º
1966/67    15º descenso
de 67-68 Rexional
a 83-84 Rexional
Tempada Categoría Posto
1984/85 14º
1986/87 20º
1987/88
1988/89 16º
1989/90    18º descenso
1990/91 Rex. Pref.     ascenso
1991/92    19º descenso
1992/93 Rex. Pref.
1993/94 Rex. Pref.
1994/95 Rex. Pref.     ascenso
1995/96    20º descenso
1996/97 Rex. Pref.
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1997/98 Rex. Pref.
1998/99 Rex. Pref.
1999/00 Rex. Pref. 10º
2000/01 Rex. Pref.
2001/02 Rex. Pref. 12º
2002/03 Rex. Pref.     ascenso
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07
2007/08 1ª rolda
2008/09
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2009/10     ascenso
2010/11 2ªB 14º
2011/12 2ªB 11º
2012/13 2ªB
2013/14 2ªB 15º
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB 14°
2016/17 2ªB
2017/18 2ªB 16°
2018/19 2ªB 10º
2019/20 2ªB 1ª rolda
2020/21 2ªB 8° Subrupo A/1° Fase Permanencia 2 RFEF 1ª rolda

Adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tras conseguir el empate, el Celta fue de menos a más en un partido entretenido Arquivado 18 de agosto de 2010 en Wayback Machine., Web do Coruxo FC, 11/8/2010.
  2. Coruxo F.C. que jugó ante el Caselas en el campo sintético de Salvaterra[Ligazón morta], Web do Coruxo FC, 1/8/2010.
  3. [1][Ligazón morta], Futbolme.com
  4. [2][Ligazón morta], Futbolme.com
  5. [3][Ligazón morta], Futbolme.com
  6. "El Coruxo despierta de su pesadilla" (en castelán). 27 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  7. "Míchel Alonso, novo adestrador do Coruxo". Faro de Vigo. 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  8. "O Coruxo apela á ilusión ante a súa histórica cita de Copa". La Voz de Galicia. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  9. "O Coruxo logra unha histórica clasificación para a Copa do Rei". TVG. 7 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  10. "Acusan de tongo en el Coruxo-Mirándés al árbitro que suspendió el Rayo-Albacete" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  11. 11,0 11,1 "El árbitro de la suspensión del Rayo-Albacete, en el ojo del huracán por dos penaltis en el Coruxo-Mirandés de Copa" (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  12. "Agónico triunfo del Mirandés que necesitó de la prórroga en Vigo... y gracias". Marca (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  13. "Michel Alonso: "Soy claro, el Mirandés pasó gracias al árbitro"". Faro de Vigo (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  14. "Apelación desestima o recurso do Coruxo". La Voz de Galicia. 30 de Maio 2020. Consultado o 23 de Maio de 2021. 
  15. "Os Erros condenan ao Coruxo". La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2020. Consultado o 23 de Maio de 2021. 
  16. "El Coruxo disfruta ante un Deportivo ridículo". Diario As (en castelán). 7 de febreiro 2021. Consultado o 23 de Maio de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]