Alberto Sánchez Vivas
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 26 de marzo de 2001 Plasencia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alberto Sánchez Vivas, nado en Plasencia o 26 de marzo de 2001, é un futbolista español que xoga como porteiro no Ourense CF, da Primeira Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun soldador e neto dun directivo do Plasencia, formouse como futbolista na canteira do propio club estremeño.[1] Con só 15 anos debutou co primeiro equipo na Terceira División, nun partido ante o Extremadura en Almendralexo, e disputou 4 partidos durante a campaña 2016/17.[2] As súas calidades, que o levaron á selección española sub-16,[3] así como a súa precocidade, espertaron o interese de varios equipos europeos. Con todo, despois de se adestrar co Atlético de Madrid e co Salzburgo,[4] elixiu a canteira do Deportivo da Coruña, na que ingresou no verán de 2017.
Durante a súa primeira tempada alternou o equipo xuvenil do Deportivo co xuvenil do Laracha.[5] Na tempada 2018/19 xogou en Terceira co primeiro equipo do Laracha, segundo filial do Deportivo durante aquela campaña, e debutou co Fabril na Segunda División B. Tras rematar a súa etapa xuvenil en 2020, continuou no Fabril, co que disputou un total de 39 partidos nos seguintes anos. Durante a tempada 2021/22 alternou titularidades con Brais Suárez, ao tempo que exercía como terceiro gardameta do primeiro equipo, por detrás de Ian Mackay e Pablo Brea.[2]
En xullo de 2022 anunciouse a súa renovación por tres anos co club coruñés, así como a súa cesión por unha campaña ao Unionistas de Salamanca, onde foi suplente durante a maior parte do ano. O seu debut co equipo produciuse na 18ª xornada da Primeira División RFEF, precisamente ante o equipo propietario dos seus dereitos, o Deportivo da Coruña. A expulsión nese encontro do porteiro titular, Salva, permitiulle defender a portería de Unionistas durante a media hora final, na que encaixou dous goles, obra de Quiles e Lucas.[6] A continuación disputou os seguintes catro partidos do equipo salmantino, rematando a tempada con cinco encontros totais.
Para a tempada 2023/24 pasou a formar parte do primeiro equipo do Deportivo da Coruña, como terceiro porteiro xunto a Mackay e Germán Parreño.[7] Debutou na penúltima xornada de liga, co equipo xa coroado como campión e con Parreño lesionado. Foi contra a Real Sociedad B en Donostia, nun encontro que rematou con empate a un gol.[8]
Para a tempada 2024/25 o club anunciou que xogaría co Fabril na Segunda Federación.[9] Foi o gardameta titular na primeira metade da tempada, na que tivo como adestradores a Óscar Gilsanz primeiro e a Manuel Pablo máis tarde. Ocupou a portería fabrilista en 18 dos 19 primeiros partidos de liga, encaixando menos dun gol por encontro, ata que en xaneiro de 2025 foi subido ao primeiro equipo para ocupar o oco producido pola cesión de Eric Puerto ao Marbella.[10] Foi ata o remate da tempada o terceiro porteiro do equipo, por detrás de Helton Leite e Germán Parreño, sen chegar a xogar ningún encontro.
En xullo de 2025 anunciouse o seu traspaso ao Ourense CF, da Primeira Federación.[11]
Selección española sub-16
[editar | editar a fonte]Despois de debutar co primeiro equipo do Plasencia na Terceira División con 15 anos, foi convocado por Santi Denia para a selección española sub-16,[3] sendo o único integrante do equipo que non formaba parte dunha canteira de Primeira División.[4] Debutou coa selección nun partido ante Finlandia en Inglaterra, gañando o Trofeo de Desenvolvemento da UEFA.[12]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Deportivo da Coruña
- Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Plasencia | 2016/17 | Terceira | 4 | 0 | - | - | - | - | 4 | 0 |
| Laracha | 2018/19 | Terceira | 4 | 0 | - | - | - | - | 4 | 0 |
| Fabril | 2018/19 | Segunda B | 0 | 0 | - | - | - | - | 0 | 0 |
| 2019/20 | Terceira | 3 | 0 | - | - | - | - | 3 | 0 | |
| 2020/21 | Terceira | 14 | 0 | - | - | - | - | 14 | 0 | |
| 2021/22 | Terceira | 21 | 0 | - | - | 1 | 0 | 22 | 0 | |
| Unionistas | 2022/23 | 1ª RFEF | 5 | 0 | 0 | 0 | - | - | 5 | 0 |
| Deportivo da Coruña | 2023/24 | 1ª RFEF | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 1 | 0 |
| Fabril | 2024/25 | 2ª RFEF | 28 | 0 | - | - | 2 | 0 | 30 | 0 |
| Total club | 66 | 0 | 0 | 0 | 3 | 0 | 69 | 0 | ||
| Total carreira | 80 | 0 | 0 | 0 | 3 | 0 | 83 | 0 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Primeira Federación e a Segunda Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barreiros, Pedro (7 de xuño de 2020). "Alberto Sánchez: tras los pasos de Melo y Mariano". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- 1 2 López, Rodrigo (20 de xullo de 2022). "Alberto Sánchez, renovar y salir a un Primera RFEF". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023.
- 1 2 Ramos, Juan Carlos (18 de xaneiro de 2017). "La Rojita sub-16 llama a Alberto Sánchez y Roberto González" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2023.
- 1 2 Galicia, Samuel; Mata, Jesús (10 de febreiro de 2017). "El portero de 15 años por el que suspiran Atlético de Madrid y RB Salzburgo". Marca. Consultado o 16 de setembro de 2023.
- ↑ "Los refuerzos de la factoría Abegondo: Alberto Sánchez" (en castelán). 10 de xuño de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ "El curioso debut de Alberto Sánchez con Unionistas… ante su propio equipo". 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ Cobas, Eugenio (21 de xullo de 2023). "Germán, competencia real para Mackay". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ "Alberto Sánchez, el merecido premio del debut tras años de espera". DxT Campeón (en castelán). 18 de maio de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ "Se aclara la portería del Fabril: Alberto y Hugo Ríos se quedan y Brais Suárez se va cedido". DxT Campeón (en castelán). 10 de xullo de 2024. Consultado o 2 de setembro de 2024.
- ↑ "Diego Gómez volve ao Dépor, que incorpora Alberto Sánchez". Nós Diario. 23 de xaneiro de 2025. Consultado o 26 de xaneiro de 2025.
- ↑ Zautúa, Israel (15 de xullo de 2025). "El Dépor traspasa al portero Alberto Sánchez al Ourense CF". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2025.
- ↑ "Alberto Sánchez debuta en la Selección Sub-16 con victoria y ganando el Torneo de Desarrollo de la UEFA" (en castelán). 20 de febreiro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).