Saltar ao contido

Paco Jémez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaco Jémez

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPavo Jémez Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1991 Córdoba Club de Fútbol
1991-1992 Real Murcia 35(0)
1992-1993 Rayo Vallecano 38(0)
1993-1998 Deportivo da Coruña 94(1)
1998-2004 Real Zaragoza 168(1)
2004-2004 Rayo Vallecano 17(0)
2004-2005 Rayo Vallecano 17(0)
2005-2006 CD Lugo 9(0) Editar o valor en Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1998-2001   España 21(0) Editar o valor en Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2019-   Rayo Vallecano Editar o valor en Wikidata
Participou en
2000Eurocopa de 2000 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 179073 Editar o valor en Wikidata

Francisco Jémez Martín, nado nas Palmas de Gran Canaria o 18 de abril de 1970, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española. Dende 2021 adestra a UD Ibiza, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

A súa posición natural de xogo era a de defensa central. Xogou no Córdoba CF durante unha tempada, trala cal fichou polo Real Murcia, onde estivo unha tempada. Foi fichado polo Rayo Vallecano onde xogou unha tempada para ser traspasado ao Deportivo da Coruña, onde estivo durante cinco tempadas. No ano 1998 abandonou o club deportivista para pasar ao Real Zaragoza, onde estivo outras cinco tempadas. Foi internacional absoluto en 21 ocasións.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2007, tras unha tempada adestrando á RSD Alcalá, o Córdoba CF anuncia a súa contratación como técnico en substitución de José Tomás Escalante para a tempada 2007–08. Tempada que non chega a concluír xa que é destituído o 30 de marzo a falta de 11 xornadas para a conclusión do campionato.

O 3 de febreiro de 2009, o FC Cartagena anuncia a súa contratación como técnico en substitución de Fabriciano González co que conseguiu o ascenso á Liga Adelante[1], pero non seguirá no club albinegro para a tempada 2009-2010.

O 26 de febreiro de 2011 foi destituído como adestrador da UD Las Palmas.[2] En xuño anunciouse a súa volta ao Córdoba CF.

O 22 de xuño de 2012, anunciouse oficialmente a súa fichaxe polo Rayo Vallecano.[3]

O 21 de decembro de 2017 firmou polo UD Las Palmas.[4]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo
Zaragoza
  1. "El Cartagena despide a Fabri y contrata a Paco Jémez". La Verdad (en castelán). 2009-02-03. Consultado o 2020-04-07. 
  2. ""Paco Jémez es destituido"". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2011. Consultado o 24 de maio de 2011. 
  3. Paco Jémez, oficialmente nuevo entrenador del Rayo
  4. "Paco Jémez, nuevo entrenador de Las Palmas"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]