Manuel Pablo
Manuel Pablo | |||
---|---|---|---|
![]() Manuel Pablo en 2008. | |||
Información persoal | |||
Nome | Manuel Pablo García Díaz | ||
Nacemento | 25 de xaneiro de 1976 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Arucas | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Lateral dereito | ||
Carreira xuvenil | |||
Las Palmas | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1996 | Las Palmas B | ||
1996–1998 | Las Palmas | 56 | (1) |
1998–2016 | Deportivo da Coruña | 383 | (1) |
Total | 440 | (2) | |
Selección nacional | |||
1997 | España sub-21 | 1 | (0) |
2000–2004 | España | 13 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Pablo García Díaz, nado en Arucas (Gran Canaria) o 25 de xaneiro de 1976, é un ex-futbolista español. Xogaba de lateral dereito e o fixo durante 18 tempadas no Deportivo da Coruña, co que gañou unha liga (1999–00), unha Copa do Rei (2002), dúas Supercopas de España (2000 e 2002) e unha Copa Intertoto da UEFA (2008). Foi internacional coa selección española en 13 ocasións.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Incorporouse á cadea de filiais do club UD Las Palmas pasando ao primeiro equipo na tempada 1996–97, mentres este militaba na Segunda División. Ángel Cappa foi o adestrador que o fixo debutar. En 1998 foi traspasado ao Deportivo da Coruña xunto ao seu compañeiro "Turu" Flores, estimándose un valor conxunto de 7 millóns de euros.
O 15 de novembro de 1998 debutou en Primeira División sendo titular nun partido contra o Deportivo Alavés en Riazor. Nesa primeira tempada disputou un total 14 partidos, aínda que xa na recta final, alcanzou a titularidade que non abandonaría nos 3 anos seguintes.
Entre a tempada 1999–00 (na que gañou o título de Liga) e a seguinte, acumulou ao redor de 100 partidos oficiais entre Liga, Copa do Rei, UEFA e UEFA Champions League, converténdose nun referente da defensa do Deportivo e debutando coa selección española o 16 de agosto de 2000 en Hannover contra Alemaña nun partido que acabou en derrota (4–1).
A súa rápida progresión, que o facía un dos fixos nas convocatorias de José Antonio Camacho, viuse curtada de súpeto pola gravísima lesión que sufriu o 30 de setembro de 2001 nun partido contra o Celta de Vigo en Riazor. A dobre rotura da morna afastouno durante meses do terreo de xogo e impediulle acudir ao Mundial do Xapón e Corea.
Volveu á liga un ano máis tarde, o 6 de outubro de 2002 ante o Racing de Santander, aínda que as consecuencias da lesión só lle permitiron disputar 28 partidos do campionato en dúas tempadas (2002–03 e 2003–04).
Non é ata a tempada 2004–05 cando recuperou a titularidade na defensa do Deportivo da man do adestrador Jabo Irureta, que foi ratificada polo seu substituto, Joaquín Caparrós, na tempada 2005–06. Con todo na tempada 2006–07 non obtivo a mesma confianza do técnico e só xogou en 15 partidos, chegando a rumorearse a súa saída do club no mercado de inverno.
Na tempada 2007–08 afrontou o seu 10º ano consecutivo en Primeira División como capitán do equipo e retomando o seu papel protagonista no club. En 2009 renovou o seu contrato por 2 anos máis.
Na tempada 2010–11, poucos días antes do decisivo partido do que dependía a permanencia do Deportivo en Primeira División, Manuel Pablo compareceu ante a prensa xunto ao presidente do club Augusto César Lendoiro para anunciar a renovación do seu contrato por dous anos máis.[1]
Estatísticas[editar | editar a fonte]
Actualizado a 14 de maio de 2016.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
- Liga de España: 1999–00
- Supercopa de España: 2000, 2002
- Copa do Rei: 2001–02
- Copa Intertoto da UEFA: 2008
- Segunda División: 2011–12