Benito Rubiñán
Aparencia
Benito Rubiñán | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Benito Rubiñán Soutullo | ||
Nacemento | 11 de setembro de 1949 (74 anos) | ||
Lugar de nacemento | Redondela | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Choco | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1969–1970 | Ourense | 30 | (5) |
1970–1973 | Deportivo da Coruña | 84 | (9) |
1973–1977 | Real Madrid | 70 | (6) |
1977–1980 | Burgos | 58 | (3) |
1980–1981 | Murcia | 28 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Benito Rubiñán Soutullo, nado en Redondela o 11 de setembro de 1949, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rubiñán comezou a súa carreira deportiva xogando nos xuvenís do Club Deportivo Choco, pasando posteriormente ao CD Ourense.
En xuño de 1970 firmou co Deportivo da Coruña, onde xogou en postos de defensa e ataque, destacando pola súa combatividade e velocidade. En xuño de 1973 o Deportivo descendeu a Segunda División e Rubiñán foi traspasado ao Real Madrid CF por seis millóns de pesetas e un partido do Real Madrid en Riazor, equipo no que militou até 1977.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Real Madrid
- Copa do Rei: 1973–74, 1974–75
- Liga de España: 1974–75, 1975–76
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en bdfutbol.com (en castelán)
- "El Dépor no tiene que venir a Madrid con la cabeza baja" Entrevista a Rubiñán en La Opinión da Coruña (en castelán)