Primeira Galicia
| Tipo | competición futbolística |
|---|---|
| Deporte | fútbol |
| Organizador | Real Federación Galega de Fútbol |
| Liga superior | Preferente Autonómica de Galicia |
| Liga inferior | Segunda Autonómica de Galicia |
| Localización e Datas | |
| País | España |
A Primeira Futgal[1] é a sétima categoría de fútbol de Galicia. É a división inmediatamente inferior á Preferente Galicia e por encima da Segunda Galicia. É unha categoría non profesional e a súa organización corre a cargo da Federación Galega de Fútbol.
Denominacións
[editar | editar a fonte]Desde a tempada 1981/82 ata a 2004/05: Primeira Rexional.
Desde a tempada 2006/07 ata a 2015/16: Primeira Autonómica.
Desde a tempada 2016/17 ata a 2023/24: Primeira Galicia.
Desde a tempada 2024/25: Primeira Futgal.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]Desde a tempada 2012-13, a categoría está formada por 90 equipos repartidos en cinco grupos de 18:
- Grupo 1 e Grupo 2, formados por equipos da provincia da Coruña. O primeiro acolle a parte norte e o segundo, a área de influencia de Santiago de Compostela, incluíndo clubs do norte da provincia de Pontevedra, principalmente de Tabeirós e Deza.
- Grupo 3, formado por equipos da provincia de Lugo.
- Grupo 4, formado por equipos da provincia de Ourense.
- Grupo 5, formado por equipos da provincia de Pontevedra.
Ata a tempada 2011-12, a categoría estaba formada por catro grupos, un por provincia, de 18 equipos cada un.
Ao finalizar a tempada, os primeiros e segundos de cada grupo ascenden á Preferente Galicia, excepto nos grupos 1 e 2, onde os segundos teñen que xogar unha promoción entre si, e no grupo 5, onde sobe tamén o terceiro clasificado. Os tres últimos descenden á Segunda Galicia, aínda que dependen dos ascensos e descensos das categorías superiores.
Equipos participantes
[editar | editar a fonte]Os equipos participantes na categoría durante a tempada 2023/24 son os seguintes:
| Grupo 1 (A Coruña-Ferrol) |
Grupo 2 (Santiago-A Costa) |
Grupo 3 (Lugo) |
Grupo 4 (Ourense) |
Grupo 5 (Pontevedra-Vigo) |
|---|---|---|---|---|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Circular nº8 Primera Galicia Federación Galega de Fútbol