Santiago Cañizares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Santiago Cañizares
Santiago Cañizares 24sept2006.jpg
Información persoal
Nome completoJosé Santiago Cañizares Ruiz
Nacemento18 de decembro de 1969 (48 anos)
LugarPuertollano, España
Altura1,81 m.
PosiciónPorteiro
Carreira xuvenil
1985–1988Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1988–1990Real Madrid B35(0)
1990–1991Elche (cedido)7(0)
1991–1992Mérida (cedido)38(0)
1992–1994Celta74(0)
1994–1998Real Madrid41(0)
1998–2008Valencia305(0)
Total500(0)
Selección nacional
1985–1986España sub-1610(0)
1987España sub-171(0)
1986–1988España sub-188(0)
1988–1989España sub-195(0)
1989–1990España sub-206(0)
1990–1991España sub-213(0)
1991–1992España sub-236(0)
1993–2006España45(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Santiago Cañizares Ruiz, nado en Puertollano (Cidade Real) o 18 de decembro de 1969, é un ex futbolista español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Moita xente cre que naceu en Madrid, aínda que dende pequeno vivíu na localidade manchega de Puertollano, o cal non é exacto. Dende ben pequeno comezou xogando no Severo Ochoa, pero aínda que o facía en todas as posicións, onde mellor se sentía era baixo os paus. O seu adestrador Eduardo Caturla foi o que o animou para que ingresara nas categorías inferiores do Real Madrid con só 16 anos.

Máis tarde foi pasando por diversos equipos: Elche CF (1990), CP Mérida (1991) e Celta de Vigo (1992); este último foi o equipo que o impulsou na súa carreira profesional. O 6 de setembro de 1992 debutou na Primeira División.

Na tempada 1994–95 tivo que volver ao equipo merengue, onde primeiro foi suplente de Paco Buyo e despois na temporada 1996–97 trala chegada de Fabio Capello, Illgner pechoulle a porta á titularidade. Aínda así logrou a Liga de Campións no ano 1998. Cando chegou a oferta do Valencia CF no verán do mesmo ano 1998, non soubo rexeitala. Co equipo "ché" gañou a liga na tempada 2003–04, gañando nesa mesma tempada unha Supercopa de España, unha Copa da UEFA e unha Supercopa de Europa.

Selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española nun total de 44 ocasións. O seu debut produciuse o 17 de novembro de 1993 nun decisivo partido en Sevilla ante a selección de Dinamarca na cal España xogaba a súa clasificación para o mundial de Estados Unidos 1994. O porteiro titular foi Andoni Zubizarreta pero debido a súa expulsión, Cañizares tivo que entrar no campo, sendo un dos xogadores determinantes do partido parando un penalti, conseguindo así a clasificación de España para o Mundial de EE.UU.

Foi convocado para os mundiais de 1994, 1998 (nos que só disputou o primeiro partido do mundial de 1994 debido a sanción de Zubizarreta) e para o de 2002 no que se perfilaba como titular pero do que o apartou un curioso accidente doméstico cun frasco de colonia.

Posteriormente foi convocado tamén para as Eurocopas de 1996, 2000 e 2004.

Tamén foi convocado para o Mundial de Alemaña 2006.

Gardameta[editar | editar a fonte]

A nivel individual gañou 4 trofeos Zamoras, o que o coloca como segundo mellor porteiro da historia da liga española só por detrás de Ramallets, ó que estivo a punto de igualar na tempada 2005–06, pero perdeu o Zamora no último partido.

Santiago Cañizares ademais de ser o autor dalgunhas das paradas máis expectaculares da historia do fútbol, destácase por unha especialidade moi particular, parar penaltis. Parou 14 penaltis en partidos oficiais, todo un récord.

Rally[editar | editar a fonte]

En 2010 competiu por primeira vez nunha proba puntuable para o Campionato de España de Rallys, no Rally Sierra Morena, cun Suzuki Swift e levando de copiloto a Dani Cué. En 2011 formou parte do equipo Suzuki Ibérica Motor Sport co que segue pilotando un Suzuki Swift co mesmo copiloto. Ademais, tamén participa en probas de rally clásicos.

Vida privada[editar | editar a fonte]

No verán de 1992 casou coa súa primeira muller Marina Conchello Estébanez, coa que tivo tres fillos (Carlota, Lucas e Olivia) e estivo casado 15 anos. No verán de 2008 casou con Mayte García[1], coa que tivo a Sofía e aos trixemelgos India, Martina e Santi[2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]