Saltar ao contido

Real Orde do Mérito Deportivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Real Orden del Mérito Deportivo»)
Real Orde do Mérito Deportivo
Imaxe de condecoración
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Real Orden del Mérito Deportivo (es) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
18 de xuño de 1982 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Precedido por
Implicados
 Concedido por
Localización
 Xurisdición
 País
Identificadores
Freebase/m/0rfbycg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Real Orde do Mérito Deportivo (en inglés: Real Orden del Mérito Deportivo) é un dos máximos galardóns que se pode outorgar dentro do deporte español.

Características

[editar | editar a fonte]

Poden ser recoñecidos os españois que se distinguiron notoriamente na práctica do deporte, no fomento e ensinos da educación física, ou que presten eminentes servizos na investigación, difusión, organización e desenvolvemento da cultura física e do deporte. Tamén os estranxeiros que presten servizos extraordinarios e desinteresados en favor da cultura física ou o deporte españois ou as corporacións, federacións, clubs ou agrupacións deportivas, e aqueloutros organismos ou entidades públicas ou privadas acredoras a tal distinción por algún dos motivos expresados nos apartados precedentes.

O ingreso poderase realizar a proposta do Ministro de Cultura ou do presidente do Consello Superior de Deportes, en virtude de moción razoada das federacións españolas, clubs ou agrupacións deportivas ou de corporacións, entidades ou organismos públicos. Consta das seguintes categorías, cando se concede a título individual: Gran Cruz, medalla de ouro, medalla de prata e medalla bronce. Cando a distinción concédese a persoas xurídicas, organismos ou entidades, adoptará a denominación seguinte: placa de ouro, placa de prata e placa de bronce.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]