César Martín
César | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | César Martín Villar | ||
Nacemento | 3 de abril de 1977 (46 anos) | ||
Lugar de nacemento | Oviedo | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Oviedo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1993–1994 | Oviedo B | ||
1994–1999 | Oviedo | 101 | (6) |
1999–2006 | Deportivo da Coruña | 96 | (1) |
2006–2007 | Levante | 3 | (0) |
2007 | Bolton Wanderers | 1 | (0) |
2007–2009 | Hércules | 39 | (5) |
2009–2010 | Castellón | 20 | (0) |
Selección nacional | |||
1994–1995 | España sub-18 | 19 | (0) |
1995 | España sub-19 | 1 | (0) |
1995 | España sub-20 | 5 | (0) |
1996–2000 | España sub-21 | 8 | (2) |
1999–2004 | España | 12 | (3) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
César Martín Villar, nado en Oviedo o 3 de abril de 1977, é un exfutbolista español. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Con 18 anos de idade, debutou en Primeira División o 9 de abril de 1995, nun Real Valladolid CF-Real Oviedo (tempada 1994/95). Como xogador do Real Oviedo xogou 101 partidos de liga durante unhas 5 tempadas no club carbayón.
Na tempada 1999/00 foi traspasado ao Real Club Deportivo da Coruña por 7 millóns de euros. No club coruñés custoulle lograr a titularidade por causa de diversas lesións. No Dépor conseguiu todos os títulos a nivel nacional que existen (Liga, Copa do Rei e Supercopa de España), logrou un subcampionato de liga e disputou partidos de Copa da UEFA e varias edicións da Liga de Campións da UEFA. No Deportivo xogou nas posicións de lateral dereito como no centro da defensa.
Pasou no bico dos pés polo Levante UD e o Bolton Wanderers antes de fichar polo equipo alacantino do Hércules CF.
Para a tempada 2009–10 fichou polo CD Castellón por dúas tempadas con opción a outra máis.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
- España sub-18
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1977
- Nados en Oviedo
- Futbolistas de Asturias
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Real Oviedo B
- Xogadores do Real Oviedo
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do Bolton Wanderers FC
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España