Athletic Coruña H.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Athletic Coruña Hockey Club é un equipo de hóckey herba da cidade da Coruña. O seu equipo sénior masculino compite na Primeira División Nacional, terceira categoría do hóckey herba español. O club disputa os seus partidos nas instalacións no campo de herba da Torre.

Tamén dispón dun equipo feminino.

Historia[editar | editar a fonte]

O Athletic Coruña comezou a súa andaina no ano 2007 con nenos para complementar ao Adaxe H.C., que daquela tiña equipo sénior, debutou oficialmente como club no 2008 no Campionato de España Infantil con equipos masculino e feminino, dende aquela a asistencia a este campionato foi constante.

No 2009, ao non poder facer equipo o Adaxe, os seus xogadores entraron no equipo sénior masculino do Athletic, estendéronse as categorías para competir na Liga Galega e en Primeira Nacional. Contra o 2010 o club xa tiña máis de 100 fichas federativas.

Cores e uniforme[editar | editar a fonte]

As cores do equipo son o azul e o branco, o seu primeiro equipamento é branco e vermello.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]