UEFA
![]() |
|
Nome completo | Union des Associations Européennes de Football |
Ámbito | Europa |
Fundación | 15 de xuño de 1954 |
Deporte | Fútbol |
Número de socios | |
Presidente | ![]() |
Secretario Xeral | |
Sede | Nyon, Suíza |
Páxina web oficial |
A Unión de Asociacións de Fútbol Europeas (en inglés: Union of European Football Associations), máis coñecida como UEFA, é a organización administrativa e de control do fútbol europeo. Representa as asociacións nacionais de Europa, organizando nove competicións entre nacións e entre clubs en Europa, controlando os premios, regulamentos e dereitos desas competicións. É unha das seis confederacións continentais da FIFA.
Das confederacións, de longo é a mais forte en termos financeiros e de influencia no escenario internacional. Virtualmente todos os mellores xogadores do mundo xogan en campionatos europeos, particularmente en Inglaterra, Francia, Italia, España e Alemaña. Moitas das seleccións de maior forza están na UEFA. Dos 32 equipos participantes no Mundial de Suráfrica de 2010, 13 pertencen á UEFA.
A UEFA foi fundada o 15 de xuño de 1954 en Basilea, Suíza, como consecuencia de discusións entre as confederacións de Francia, Italia e Bélxica. A sede ficou en París ata 1959, cando a organización se mudou a Berna. Henri Delaunay foi o primeiro Secretario Xeral e Ebbe Shwartz o presidente. O seu centro administrativo dende 1995 é Nyon (Suíza). Foi inicialmente composta por 25 confederacións; actualmente son 53.
Índice
Federacións nacionais asociadas[editar | editar a fonte]
53 asociacións nacionais de fútbol pertencen á UEFA, representando a todos os estados independentes dentro do continente europeo, fóra de Mónaco e Cidade do Vaticano, máis tres estados do Cáucaso (Armenia, Acerbaixán e Xeorxia), Israel, Casaquistán, Chipre e Turquía. É importante mencionar que os catro países constituíntes do Reino Unido (Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte) participan de forma separada (esta excepcionalidade só se dá en fútbol e rugby), e que o arquipélago autónomo de Illas Feroe compite de xeito independente a Dinamarca.
Presidentes[editar | editar a fonte]
Ebbe Schwartz (1954-1962)
Gustav Wiederkehr (1962-1972)
Artemio Franchi (1972-1983)
Jacques Georges (1983-1990)
Lennart Johansson (1990-2007)
Michel Platini (2007- )
Competicións organizadas pola UEFA[editar | editar a fonte]
Torneos de seleccións[editar | editar a fonte]
Torneos masculinos[editar | editar a fonte]
- Clasificación de UEFA para a Copa Mundial de Fútbol
- Eurocopa: torneo iniciado en 1958, coas primeiras finais en 1960, e coñecido como a Copa Europea de Nacións ata 1964, é o principal torneo para equipos masculinos nacionais. A UEFA tamén organiza as edicións deste mesmo torneo en categoría Sub-21, Sub-19 e Sub-17.
- Meridian Cup coa CAF para equipos novos de Europa e África.
- Copa das Rexións da UEFA, para seleccións de xogadores non profesionais.
- Copa da UEFA Amateur, disputada entre 1967 e 1978 para as seleccións de afeccionados.
- Campionato Futsal UEFA: campionato europeo de seleccións de fútbol sala.
Torneos femininos[editar | editar a fonte]
- Eurocopa Feminina
- Campionato Europeo Femenino Sub-19 da UEFA
- Campionato Europeo Femenino Sub-17 da UEFA
Torneos de clubs[editar | editar a fonte]
- Liga de Campións da UEFA (UEFA Champions League): competición disputada por primeira vez en 1955 co nome de «Copa Europea de Clubs Campións» (European Champions Clubs' Cup) ata 1991.
- Liga Europa da UEFA (UEFA Europa League): competición instituida pola UEFA en 1971 coa denominación de «Copa da UEFA» (UEFA Cup) como a sucesora da Copa de Feiras, competición non afiliada á confederación europea e, por iso, non considerada entre as competicións da UEFA.
- Recopa da UEFA (1961-1999): tamén coñecida como «Copa Europea de Clubs Gañadores de Copas» (UEFA Cup Winners' Cup), foi unha competición reservada para clubs campións dos torneos nacionais de copa.
- Copa Intertoto da UEFA (1995-2008): competición instituida pola UEFA en 1995 como a sucesora da Copa Karl Rappan, competición non afiliada á confederación europea.
- Supercopa da UEFA: competición instituída en 1973 entre o gañador da Liga de Campións e o da Recopa da UEFA (desde 1999 foi substituído polo gañador da UEFA Europa League)
- Copa Intercontinental (1960-2004): coñecida tamén como «Copa Europeo-Suramericana» (European-South American Cup) ou, desde 1980, como «Copa Toyota», foi organizada conxuntamente entre a Unión Europea de Asociacións de Fútbol e a Confederación Suramericana de Fútbol e reservada para o gañador da Copa Europea de Clubs Campións-UEFA Champions League e o da Copa Libertadores de América. Devandito torneo é considerado o precursor do Campionato Mundial de Clubs da FIFA.
Outros torneos[editar | editar a fonte]
- Copa da UEFA Feminina, para clubs de fútbol feminino.
- UEFA Futsal Cup: campionato europeo de clubs de fútbol sala.
Clasificación mundial da FIFA (Top 5)[editar | editar a fonte]
Clasificación masculina[editar | editar a fonte]
A Clasificación mundial da FIFA do 9 de marzo do 2011 mostra aos seguintes como os cinco mellores equipos europeos:
Posto FIFA | País | Puntos | Cambio |
---|---|---|---|
1º | ![]() |
1880 | ![]() |
2º | ![]() |
1730 | ![]() |
3º | ![]() |
1486 | ![]() |
6º | ![]() |
1212 | ![]() |
8º | ![]() |
1071 | ![]() |
Clasificación feminina[editar | editar a fonte]
A Clasificación mundial da FIFA do 18 de marzo de 2011 mostra aos seguintes como os cinco mellores equipos europeos:
Posto FIFA | País | Cambio |
---|---|---|
2º | ![]() |
![]() |
5º | ![]() |
![]() |
7º | ![]() |
![]() |
9º | ![]() |
![]() |
10º | ![]() |
![]() |