Liga española de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Liga española de fútbol, ou simplemente, "A Liga", é o nome con que se coñece á máxima competición futbolística de España entre clubs profesionais. Celébrase anualmente desde o 10 de febreiro de 1929, e actualmente ten lugar entre os meses de setembro e xuño. Organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP), é chamada popularmente a "Liga das Estrelas", debido a que reuníu historicamente a moitos dos mellores futbolistas do mundo.

De acordo á clasificación anual realizada pola Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS), a liga española finalizou o ano 2006 considerada como a segunda mellor liga de fútbol a nivel mundial, por detrás da liga italiana (Serie A), dato que contrastou co claro descenso o ano anterior na valoración da Liga española, que fora considerada a mellor liga do mundo os anos 2004, 2002, 2001 e 2000.

Sistema de ligas[editar | editar a fonte]

Categoría Ligas ou divisións
1 Liga BBVA.svg Primeira División

20 equipos

2 Segunda División

22 equipos

3 Segunda División B

4 grupos de 20 equipos cada un

4 Terceira División

18 grupos de 20 equipos cada un

5 Divisións rexionais

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Para poder participar na Liga española os clubs deben estar federados. No caso das categorías profesionais (Primeira e Segunda División), os clubs tamén deben cumprir os requisitos esixidos pola Liga de Fútbol Profesional (LFP).

A diferenza doutros países, como a liga inglesa, os equipos filiais poden participar na Liga, aínda que nunca nunha división superior ou igual á do equipo ao que pertencen.

Puntuación e clasificación[editar | editar a fonte]

Actualmente disputan a Liga de Primeira división 20 clubs que se enfrontan entre eles en dúas ocasións, seguindo un calendario establecido por sorteo a principio de tempada. Cada equipo enfróntase dúas veces aos demais equipos do seu mesma división, unha vez en campo propio e a outra no estadio do opoñente. A vitoria vale tres puntos, o empate un punto, e a derrota cero puntos. Ao final de tempada proclámase campión o equipo que sume máis puntos.

O empate a puntos entre dous equipos na clasificación dirímese tendo en conta a diferenza de goles entre ambos nos enfrontamentos directos. Se persiste o empate, valórase máis ao equipo que, no global da liga, obteña maior diferenza entre os goles marcados e os encaixados.

Os catro primeiros clasificados da primeira división acceden a participar na máxima competición europea da seguinte tempada: a Liga de Campións. Os tres primeiros obteñen clasificación directa; e o cuarto, a posibilidade de disputar unha eliminatoria de clasificación (en caso de ser eliminados nesas eliminatorias, pasarán a participar na Europa League). Estas prazas son variables e dependen do coeficiente UEFA de España, referente aos seus equipos, para que á Liga de Campións accedan os equipos máis poderosos xa que os equipos españois ou italianos son máis fortes que os escoceses, por iso os dous primeiros dispón de 4 prazas e os escoceses tan só de 1. Esta norma é para todas as competicións europeas.

O quinto e sexto clasificado obteñen a clasificación directa para participar a seguinte tempada na Europa League, xunto ao campión da Copa do Rei. Se este está clasificado entre os postos 5º e 6º (clasificado para a Europa League), o equipo que obteña a sétima posición tamén xoga a Europa League, caso que tamén se dará cando os dous finalistas da Copa do Rei clasificáronse para a Liga de Campións. Se só o campión clasificouse para a Liga de Campións, participará na Europa League o subcampión da Copa do Rei.

Xustiza deportiva[editar | editar a fonte]

A xustiza deportiva da competición está xestionada polo Comité de Competición da Liga, organismo encargado de impor sancións e dirimir os conflitos entre clubs. Os árbitros (todos españois) dos partidos son designados, mediante sorteo informático, pola Real Federación Española de Fútbol (RFEF), organismo do que dependen. Un árbitro non pode arbitrar un partido no que participe un equipo da mesma comunidade rexional á que estea colexiado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]