Campionato de Galicia de fútbol 1936/37
| Tipo | Campionato de Galicia de fútbol |
|---|---|
| Número de participantes | 7 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Período | tempada 1936-1937 |
| Intervalo de tempo | 11 de outubro de 1936 – 10 de xaneiro de 1937 |
| Número de edición | 23 |
| Competición | |
| Primeiro posto | Deportivo da Coruña |
O Campionato de Galicia da Serie A 1936/37 foi a vixésimo terceira edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol.[1] Comezou en outubro de 1936 e rematou en xaneiro de 1937. Acordouse inicialmente que os dous primeiros postos outorgasen a clasificación para a Copa de España,[2] mais finalmente non puido ser así por causa da guerra civil. Participaron o Real Club Deportivo da Coruña, o Real Club Celta de Vigo, o Racing Club de Ferrol, o Eiriña Club de Fútbol, o Lugo Sporting Club, o Club Coruña e o Unión Sporting Club, aínda que este último abandonou o torneo trala cuarta xornada, anulándose o resultado dos partidos nos que xogou.[3] O Club Lemos, campión da tempada anterior, abstívose de participar.[4][1] O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. Acordouse que descendesen á Serie B os dous peores clasificados de entre os clubs Lugo Sporting, Club Coruña, Eiriña e Racing de Ferrol,[2][1] rematando o Eiriña e o Coruña nas devanditas posicións, aínda que estes descensos non se chegarían a consumar. Proclamouse campión o Deportivo da Coruña.[5]
Calendario
[editar | editar a fonte]Primeira volta
[editar | editar a fonte]| Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 11 de outubro | Riazor | Deportivo da Coruña | Eiriña | 1–0 | Informe |
| 1 | 11 de outubro | O Polvorín | Lugo Sporting | Club Coruña | 2–1 | Informe |
| 2 | 18 de outubro | O Progreso | Eiriña | Lugo Sporting | 1–1 | Informe |
| 2 | 18 de outubro | O Inferniño | Racing de Ferrol | Celta de Vigo | 3–0 | Informe |
| 3 | 25 de outubro | Riazor | Deportivo da Coruña | Racing de Ferrol | 7–1 | Informe |
| 3 | 25 de outubro | Balaídos | Celta de Vigo | Club Coruña | 9–1 | Informe |
| 4 | 1 de novembro | O Inferniño | Racing de Ferrol | Eiriña | 1–1 | Informe |
| 4 | 1 de novembro | Riazor | Club Coruña | Deportivo da Coruña | 3–4 | Informe |
| 5 | 8 de novembro | O Progreso | Eiriña | Club Coruña | 4–0 | Informe |
| 5 | 8 de novembro | O Polvorín | Lugo Sporting | Celta de Vigo | 2–2 | Informe |
| 6 | 15 de novembro | O Polvorín | Lugo Sporting | Racing de Ferrol | 2–1 | Informe |
| 6 | 15 de novembro | Balaídos | Celta de Vigo | Deportivo da Coruña | 0–1 | Informe |
| 7 | 22 de novembro | O Progreso | Eiriña | Celta de Vigo | 3–5 | Informe |
| 7 | 22 de novembro | O Inferniño | Racing de Ferrol | Club Coruña | 6–1 | Informe |
| 7 | 22 de novembro | Riazor | Deportivo da Coruña | Lugo Sporting | 1–3 | Informe |
Segunda volta
[editar | editar a fonte]| Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 8 | 29 de novembro | Riazor | Club Coruña | Lugo Sporting | 1–2 | Informe |
| 8 | 29 de novembro | O Progreso | Eiriña | Deportivo da Coruña | 1–1 | Informe |
| 9 | 6 de decembro | O Polvorín | Lugo Sporting | Eiriña | 3–0 | Informe |
| 9 | 6 de decembro | Balaídos | Celta de Vigo | Racing de Ferrol | 4–0 | Informe |
| 10 | 13 de decembro | O Inferniño | Racing de Ferrol | Deportivo da Coruña | 0–1 | Informe |
| 10 | 13 de decembro | Riazor | Club Coruña | Celta de Vigo | 0–0 | Informe |
| 11 | 20 de decembro | O Progreso | Eiriña | Racing de Ferrol | 3–2 | Informe |
| 11 | 20 de decembro | Riazor | Deportivo da Coruña | Club Coruña | 4–0 | Informe |
| 12 | 27 de decembro | Riazor | Club Coruña | Eiriña | 3–1 | Informe |
| 12 | 27 de decembro | Balaídos | Celta de Vigo | Lugo Sporting | 3–0 | Informe |
| 13 | 3 de xaneiro | O Inferniño | Racing de Ferrol | Lugo Sporting | 1–0 | Informe |
| 13 | 3 de xaneiro | Riazor | Deportivo da Coruña | Celta de Vigo | 2–2 | Informe |
| 14 | 10 de xaneiro | Balaídos | Celta de Vigo | Eiriña | 3–1 | Informe |
| 14 | 10 de xaneiro | Riazor | Club Coruña | Racing de Ferrol | 1–2 | Informe |
| 14 | 10 de xaneiro | O Polvorín | Lugo Sporting | Deportivo da Coruña | 1–1 | Informe |
Partidos anulados
[editar | editar a fonte]| Xor. | Data | Estadio | Local | Visitante | Resultado | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | 11 de outubro | Balaídos | Celta de Vigo | Unión Sporting | 3–0 | Informe |
| 2 | 18 de outubro | A Florida | Unión Sporting | Deportivo da Coruña | 2–6 | Informe |
| 3 | 25 de outubro | O Progreso | Eiriña | Unión Sporting | 0–0 | Informe |
| 4 | 1 de novembro | A Florida | Unión Sporting | Lugo Sporting | 3–3 | Informe |
Clasificación
[editar | editar a fonte]| Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | Pts | Clasificación ou descenso |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | Deportivo da Coruña | 10 | 6 | 3 | 1 | 23 | 11 | +12 | 15 | Clasificación para a Copa de España |
| 2. | Celta de Vigo | 10 | 5 | 3 | 2 | 28 | 13 | +15 | 13 | |
| 3. | Lugo Sporting | 10 | 5 | 3 | 2 | 16 | 12 | +4 | 13 | |
| 4. | Racing de Ferrol | 10 | 4 | 1 | 5 | 17 | 20 | −3 | 9 | |
| 5. | Eiriña | 10 | 2 | 3 | 5 | 15 | 20 | −5 | 7 | Descenso á Serie B |
| 6. | Club Coruña | 10 | 1 | 1 | 8 | 11 | 33 | −22 | 3 | |
| 7. | Unión Sporting | 4 | 0 | 2 | 2 | 5 | 11 | −6 | 0 | Retirado |
Os resultados dos partidos xogados polo Unión Sporting Club foron anulados trala súa retirada.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Los Deportes. La asamblea de la Federación Gallega de Fútbol. Entre otros acuerdos se adoptó el de comenzar el campeonato regional". El Pueblo Gallego nº 4.092 (en castelán). 2 de outubro de 1936. p. 4.
- 1 2 "Notas de Sport". El Diario de Pontevedra nº 15.903 (en castelán). 16 de outubro de 1936. p. 2.
- 1 2 "El Unión Sporting ha abandonado la competición, no celebrándose, por tanto, su match con el racing". El Pueblo Gallego nº 4.124 (en castelán). 8 de novembro de 1936. p. 4.
- ↑ "Comenzó el domingo el campeonato regional de fútbol". El Pueblo Gallego nº 4.101 (en castelán). 13 de outubro de 1936. p. 2.
- ↑ "Finalizó el campeonato con el triunfo del Deportivo". El Pueblo Gallego nº 4.178 (en castelán). 12 de xaneiro de 1937. p. 4.