Lionel Scaloni
Lionel Scaloni | |||
---|---|---|---|
Scaloni co Atalanta en 2014 | |||
Información persoal | |||
Nome | Lionel Sebastián Scaloni | ||
Nacido | 16 de maio de 1978 (42 anos) | ||
Lugar | Rosario | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Arxentina (adestrador) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1996 | Newell's Old Boys | 16 | (0) |
1996–1998 | Estudiantes | 37 | (7) |
1998–2006 | Deportivo da Coruña | 202 | (14) |
2006 | → West Ham (cedido) | 13 | (0) |
2006–2007 | Racing de Santander | 30 | (1) |
2007–2013 | Lazio | 52 | (1) |
2008–2009 | → Mallorca (cedido) | 28 | (0) |
2013–2015 | Atalanta | 15 | (0) |
Total | 387 | (23) | |
Selección nacional | |||
1997 | Arxentina sub-20 | 6 | (2) |
2003–2006 | Arxentina | 7 | (0) |
Adestrador | |||
2016–2017 | Sevilla (asistente) | ||
2017–2018 | Arxentina (asistente) | ||
2018– | Arxentina (interino) | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Lionel Sebastián Scaloni, nado en Rosario o 16 de maio de 1978, é un ex futbolista arxentino. Xogaba de centrocampista. Foi internacional coa selección arxentina, coa que participou no Mundial 2006. Actualmente adestra a selección arxentina de xeito interino.
Biografía[editar | editar a fonte]
Nado na cidade de Rosario (Santa Fe) debutou Primeira División Arxentina en 1995, xogando para o club Newell's Old Boys. En 1996 foi contratado por Estudiantes de La Plata, club no que permaneceu ata 1997, cando pasa á disciplina do Deportivo da Coruña. Debutou na Liga española o 4 de xaneiro de 1998, nun partido entre o Deportivo da Coruña e o Sporting de Gijón en Riazor (2–1).[1] Co Deportivo conseguiu un campionato de Liga, unha Copa do Rei e dúas Supercopas de España.
En 2006, ao non ter continuidade no Deportivo, marchou cedido ao West Ham United inglés, club o que xogou o resto da tempada de titular. Ao regresar á Coruña, o club non lle fixo ficha e lle rescindiu o contrato unha vez acabado o mercado de contratacións. Así, o 13 de setembro de 2006 incorporouse ao Racing de Santander por unha tempada. O 30 de xuño de 2007 foi contratado por cinco tempadas polo Lazio. Ante a falta de oportunidades no club italiano, o 25 de xaneiro de 2008 foi cedido ao Real Mallorca por tempada e media.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
En 7 ocasións vestiu a casaca da selección arxentina, debutou o 30 de abril de 2003 nun Arxentina vs. Libia. Integrou o equipo que disputou a Copa do Mundo en Alemaña xogando 1 partido.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Copas internacionais[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1978
- Nados en Rosario
- Futbolistas da Arxentina
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Club Estudiantes de La Plata
- Xogadores do West Ham United FC
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do SS Lazio
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Atalanta BC
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Arxentinos de ascendencia italiana