Trilli
| Nome orixinal | Álvaro Pérez Campo |
|---|---|
| Biografía | |
| Nacemento | 19 de maio de 2003 Ortigueira |
| Actividade | |
| Ocupación | futbolista |
| Deporte | fútbol |
| Posición de xogo | lateral dereito |
Álvaro Pérez Campo, coñecido como Trilli, nado en Ortigueira o 19 de maio de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Córdoba, da Segunda División, cedido polo Valladolid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jorge Pérez, antigo xogador do Parrulo de fútbol sala, naceu en Ortigueira en 2003, xunto aos seus dous irmáns trixéminos, Javier e Raúl. Os tres entraron na canteira do Racing de Ferrol da man do histórico adestrador Cholo, e en 2014 Álvaro fichou polo Deportivo da Coruña.[1] Foi subindo polas diferentes categorías do club coruñés e na tempada 2020/21 debutou co Xuvenil A na División de Honra, contribuíndo a que o equipo acadase a primeira posición do Grupo 1. Deste xeito disputou a Copa de Campións en Marbella, onde o Deportivo eliminou ao Las Palmas, ao Real Madrid e derrotou na final ao FC Barcelona, proclamándose así campión de España. Esa mesma tempada debutou na Terceira División co Fabril, adestrado por Juan Carlos Valerón, que o colocou de titular en cinco encontros.[2]
No verán de 2021 realizou a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo, adestrado por Borja Jiménez, xogando varios partidos amigables. O 29 de agosto debutou co Deportivo en partido oficial, sendo titular no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0.[3] Uns días despois lesionouse no músculo psoas-ilíaco xogando coa selección española sub-19, polo que se perdeu o seguinte mes de competición.[4] Xa recuperado encontrouse coa competencia de Víctor García no seu posto, quedando no banco nos seguintes partidos, ata que tamén o valenciano se lesionou, recuperando así Trilli a titularidade. Con todo, unha nova lesión deixouno outra vez fóra do once e obrigouno a pasar polo quirófano.[5][6]
Na tempada 2022/23 apenas contou con oportunidades co adestrador Óscar Cano, que dirixiu o equipo a meirande parte da competición, situación que suscitou críticas ao técnico por parte da afección.[7][8][9] Recuperou protagonismo coa chegada ao banco de Rubén de la Barrera, pero en xullo de 2023 decidiu aceptar unha oferta do Barcelona Atlètic para xogar no filial catalán.[10]
A súa situación deportiva non mellorou na súa primeira campaña no equipo barcelonés, na que disputou só 443 minutos, despois de sufrir varias lesións musculares.[11] Tampouco conseguiu ter regularidade na tempada 2024/25, na que a pesar de aumentar os seus rexistros ata os 19 partidos (11 deles como titular), tivo que ser operado dunha lesión nun ombreiro, perdendo varios meses de competición.[12]
En xullo de 2025 anunciouse o seu traspaso ao Valladolid, que viña de descender á Segunda División.[13] Apenas contou con protagonismo na primeira metade da tempada 2025/26, disputando só 199 minutos en liga, repartidos en 10 encontros, polo que en xaneiro de 2026 anunciouse a súa cesión ao Córdoba, na busca de máis tempo de xogo.[14]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española sub-16, adestrada por Julen Guerrero, coa que disputou a Copa AEGEAN na cidade turca de Esmirna, chegando ata a final, e disputou tamén un amigable contra a selección de Austria.[15][16] En setembro de 2021, uns días despois de debutar oficialmente co Deportivo da Coruña, fíxoo tamén coa selección española sub-19, xogando dous partidos amigables contra México.[17][18]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Promocións[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Fabril | 2020/21 | Terceira | 5 | 0 | - | - | - | - | 5 | 0 |
| Deportivo da Coruña | 2021/22 | 1ª RFEF | 10 | 0 | 2 | 0 | - | - | 12 | 0 |
| 2022/23 | 1ª RFEF | 10 | 0 | 1 | 0 | 1 | 0 | 12 | 0 | |
| Total club | 20 | 0 | 3 | 0 | 1 | 0 | 24 | 0 | ||
| Barcelona Atlètic | 2023/24 | 1ª RFEF | 10 | 0 | - | - | 0 | 0 | 10 | 0 |
| 2024/25 | 1ª RFEF | 19 | 0 | - | - | - | - | 19 | 0 | |
| Total club | 29 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 29 | 0 | ||
| Valladolid | 2025/26 | Segunda | 10 | 0 | 1 | 0 | - | - | 11 | 0 |
| Córdoba | 2025/26 | Segunda | 2 | 0 | 0 | 0 | - | - | 2 | 0 |
| Total carreira | 66 | 0 | 4 | 0 | 1 | 0 | 71 | 0 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miranda, Carlos (14 de agosto de 2021). "El segundo estirón de Trilli". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "Trilli amplía su contrato con el Deportivo hasta 2024" (en castelán). 6 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "O Dépor arranca a liga en quinta (5-0)". Deportivo da Coruña. 29 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ Rodríguez, Diego (7 de setembro de 2021). "Trilli sufre una lesión en el psoas y será baja ante el Calahorra" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2022. Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Barreiros, Pedro (14 de abril de 2022). "Los problemas en el lateral del Deportivo: el camino de Trilli a Villares". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 25 de maio de 2022.
- ↑ Losada, Víctor (15 de agosto de 2022). "El regreso de Trilli, la mejor noticia del Teresa Herrera" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022.
- ↑ Yordi, Juan (11 de xaneiro de 2023). "El fútbol español pone sus ojos en Trilli". Marca (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "Óscar Cano: «Villares, ahora mismo para el equipo es eso. ¿Dónde falta hacer algo? Ahí lo pones»" (en castelán). 8 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Silveira, Xane (9 de xaneiro de 2023). "Óscar Cano aclara qué sucede con Trilli: los motivos por los que prefirió reconvertir a Villares" (en castelán). Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ "¡Oficial! Trilli ficha por el Barça Atlètic" (en castelán). 23 de xullo de 2023. Consultado o 15 de agosto de 2023.
- ↑ Gómez, Xurxo (9 de maio de 2024). "Trilli, el agujero del Barça Atlètic y la oportunidad del Deportivo" (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024.
- ↑ "Trilli, intervenido del hombro izquierdo" (en castelán). 21 de novembro de 2024. Consultado o 20 de xullo de 2025.
- ↑ "Oficial el traspaso de Trilli: del Barça Atlètic al Valladolid". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de xullo de 2025. Consultado o 20 de xullo de 2025.
- ↑ Heredia, Miguel (20 de xaneiro de 2026). "El exdeportivista Trilli dejará Valladolid para marcharse al Córdoba CF". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 28 de xaneiro de 2026.
- ↑ "La Selección Sub-16 no puede con Turquía en la final de la Copa Aegean (2-0)" (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2021. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "España sub-16 cae ante Austria, con Trilli esta vez no banco". 6 de xuño de 2019. Consultado o 30 de agosto de 2021.
- ↑ "Barcia y Trilli debutan con la sub 19 en el 5-1 a México en La Nucía". La Opinión A Coruña (en castelán). 4 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.
- ↑ "Trilli se lesiona en el psoas con la selección sub-19". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2021. Consultado o 6 de setembro de 2021.