Jorge García Santos
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Jorge | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jorge García Santos | ||
Nacemento | 10 de agosto de 1957 (64 anos) | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 15 de decembro de 2020 | ||
Altura | 1,86 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1975–1991 | Deportivo da Coruña | 221 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jorge García Santos, nado na Coruña o 10 de agosto de 1957 e finado o 15 de decembro de 2020,[1] foi un futbolista galego, máis coñecido como Parrocho, que xogou de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Porteiro unicamente vinculado ao Deportivo da Coruña,[2] empezou a entrar nas convocatorias do primeiro equipo nas tempadas 1975–76 e 1976–77, pero sen xogar ningún partido. Na primeira viuse eclipsado por Eduardo Seoane e Ramón Canedo e na segunda por Francisco Buyo. O seu debut en Segunda División foi na tempada 1977–78 e produciuse o 23 de outubro de 1977, nun encontro que rematou en derrota contra o CE Sabadell (4–3). Xa non xogou máis esa campaña. Coa marcha de Francisco Buyo na tempada 1978–79 disputouse o posto de titular con Manuel Guerrero, xogando 18 partidos. O retorno de Buyo na campaña 1979–80 levouno de novo ao ostracismo, sen xogar ningún partido.
Nas tempadas 1981–82, 1982–83 e 1983–84 converteuse no porteiro titular do Deportivo, perdendo o posto nas campaña 1984–85 e 1985–86 en favor de José Luis Montes (nesta última non xogou ningún partido). Pero todo cambiou na tempada 1986–87, xa que Jorge foi titular indiscutible xogando 43 partidos. Na campaña 1988–89 perdeu protagonismo en favor do nigranés Fernando Iglesias, pero que recuperaría na seguinte tempada. Na campaña 1990–91 viuse relegado á suplencia coa chegada de Josu Anuzita. Ese ano o Deportivo ascendeu a Primeira División e Jorge retirouse, logo de 16 tempadas como branquiazul.