Manuel Mosquera Bastida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Mosquera
Información persoal
Nome completo Manuel Alfredo Mosquera Bastida
Nacemento 10 de agosto de 1968 (50 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Deportivo B (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1991 Deportivo da Coruña 21 (1)
1994–1996 Extremadura 72 (29)
1996–1998 Compostela 51 (3)
1998–2002 Extremadura 162 (23)
Adestrador
Cerceda (xuvenil)
Cerceda B
Laracha
2014– Deportivo B
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Manuel Alfredo Mosquera Bastida, nado na Coruña o 10 de agosto de 1968, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogaba de dianteiro. Actualmente adestra o Deportivo B.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1989–90 xogou no Deportivo da Coruña, en Segunda División, logrando o ascenso a tempada seguinte. No club coruñés participou en 21 encontros e anotou 1 gol. Na tempada 1994–95 fichou polo CF Extremadura, de Segunda División, no que conseguiu novamente o ascenso á tempada seguinte. Na tempada 1996–97 foi contratado pola SD Compostela, en Primeira División. Permaneceu dúas campañas no club santiagués, no que participou en 51 partidos e marcou 3 goles.

Na tempada 1997–98 volveu ao CF Extremadura, club no que permaneceu até a campaña 2001–02. Na súa primeira campaña desta segunda volta no club extremeño logrou o ascenso a Primeira División, descendendo ao final do exercizo. Na tempada 2001–02 o club descendeu a Segunda División B.

Adestrador[editar | editar a fonte]

En xuño de 2014 anunciouse como substituto de José Luis Devesa á fronte do Deportivo B, en Terceira División.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manuel Mosquera releva a José Luis Devesa al frente del Fabril; Deportivo da Coruña, 18 de xuño de 2014 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]