Pedro Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Mosquera
Información persoal
Nome completo Pedro Mosquera Parada
Nacemento 21 de abril de 1988 (27 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Altura 1,84 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número TBA
Carreira xuvenil
1994–1997 Santa María del Mar
1997–1999 Galicia Gaiteira
1999–2000 Deportivo da Coruña
2000–2006 Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2006–2010 Real Madrid B 96 (6)
2010 Real Madrid 1 (0)
2010–2014 Getafe 39 (0)
2012–2013 Real Madrid B (cedido) 58 (6)
2014–2015 Elche 25 (1)
2015– Deportivo da Coruña 0 (0)
Selección nacional
2004 España sub-16 1 (0)
2004–2005 España sub-17 4 (0)
2006–2007 España sub-19 6 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 27 de xullo de 2015.
† Aparicións (Goles)

Pedro Mosquera Parada, nado na Coruña o 21 de abril de 1988, é un futbolista galego. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Deportivo da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pedro Mosquera empezou xogando a hóckey a patíns no Colexio Santa María do Mar[1]. Finalmente, decantouse polo fútbol, ingresando no Galicia Gaiteira CF e posteriormente nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña. Con doce anos, e logo de destacar en torneos internacionais de alevíns como o de Brunete, incorporouse ao fútbol base do Real Madrid.

A tempada 2005–06 foi campión da Copa de Campións Xuvenil co equipo madridista.[2] Un ano máis tarde Míchel deulle a alternativa co Real Madrid Castilla, por entón en Segunda División. Permaneceu catro campañas no filial madridista, do que chegou a ser o capitán.

Durante a tempada 2009–10 o técnico do primeiro equipo, Manuel Pellegrini, convocouno en varias ocasións, tanto en encontros de liga como de Liga de Campións, aínda que sen non chegou a debutar. Finalmente o 25 de marzo de 2010 chegou o debut oficial co Real Madrid, nun partido de Primeira División ante o Getafe CF. Tivo unha presenza testemuñal, substituíndo a Xabi Alonso no último minuto.[3]

En xullo de 2010 foi traspasado ao Getafe CF,[4] co que asinou por catro tempadas, reservándose o Real Madrid unha opción de recompra. No club azulón volveu coincidir co adestrador Míchel.

Na tempada 2011–12 volveu ao Real Madrid Castilla, daquela en Segunda División B, equipo no cal xogou tamén na tempada seguinte, xa na Segunda División Española tras lograr o ascenso na tempada anterior.

Deportivo[editar | editar a fonte]

O 27 de xullo de 2015 firmou por 4 tempadas polo Deportivo da Coruña, logo de desvincularse do Elche CF.[5]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Mosquera foi internacional coas seleccións sub-16, sub-17 e sub-19 de España, nun total de 11 ocasións.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]