Segunda División B Española

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda División B Española
Fundación 1977
Rexión España España
Equipos 80 (4 grupos de 20)
Actual campión Real Madrid Castilla
Organizador RFEF
Sitio web www.rfef.es

A Segunda División B é a terceira división xerárquica da Liga española de fútbol. Foi introducida en 1977 como categoría intermedia entre a Segunda División e a Terceira División. A súa organización depende da Real Federación Española de Fútbol. A pesar de non estar integrada na LFP a práctica totalidade dos clubs son profesionais.

Historia[editar | editar a fonte]

A Segunda División B introduciuse a tempada 1977-78 como unha categoría intermedia entre a Segunda e a Terceira división. Inicialmente estaba formada por dous grupos de vinte equipos e ao termo da tempada, o campión e subcampión de cada grupo era ascendidos directamente á categoría de prata, mentres que os tres últimos clasificados de cada grupo eran relegados de categoría.

A tempada 1985-86, con motivo da redución da Segunda División A, só ascenderon os dous campións, mentres que os 13 últimos clasificados de cada grupo quedaron relegados a Terceira. Así, a tempada 1986-87, de forma transitoria, a Segunda B estivo formada por un grupo único de 22 equipos. Ascenderon catro equipos a Segunda A, da que non houbo descensos -pola ampliación da categoría de prata de 18 a 20 equipos- e, de igual modo, esa tempada non houbo descensos a Terceira división, xa que para a seguinte campaña a Segunda B ampliouse a 80 equipos, repartidos en catro grupos de vinte. Os campións deses catro grupos son os que ascenden a Segunda A, mentres que os catro últimos de cada grupo perden a categoría, xunto co décimo sexto clasificado con menos puntos dos catro grupos.

Este sistema mantívose ata a tempada 1990-91, na que desaparecen os ascensos directos de Segunda B a Segunda A e introdúcese unha promoción na que participan os catro primeiros clasificados de cada grupo. Estes 16 equipos repártense en catro liguiñas de catro equipos, de tal modo que en cada liguiña figure un primeiro, un segundo, un terceiro e un cuarto de cada grupo de liga regular. Os campións destas liguiñas son os que obteñen o ascenso a Segunda.

A tempada 1993/94 introdúcese unha promoción de permanencia, disputada entre os décimo sextos clasificados dos catro grupos. O perdedor desta promoción, xogada por eliminación directa, descende a Terceira división xunto cos catro últimos clasificados de cada grupo.

A tempada 2004-05 modifícase novamente a promoción de ascenso, e o sistema de liguiñas substitúese por un play-off na que os 16 equipos aspirantes ao ascenso enfróntanse por eliminación directa, en dúas roldas -semifinais e final- para decidir os catro equipos promocionados a Segunda.

A última modificación no sistema de ascenso, dáse para a tempada 2008-09. Créase unha rolda de campións, na que se enfrontan os catro campións. Os vencedores desas eliminatorias, logran o ascenso a Segunda (e enfrontaranse entre si para determinar que equipo é o campión da Segunda B). Os perdedores, xogan dúas eliminatorias máis, contra segundos, terceiros e cuartos, que antes, xa xogaran entre si unha eliminatoria. Os vencedores destas dúas eliminatorias, logran o ascenso a Segunda.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Sistema[editar | editar a fonte]

Posto Clasificación
Promoción de ascenso a Segunda
(Campións)
Promoción de ascenso a Segunda
5º-15º
16º Promoción de permanencia
en Segunda B
17º Descenso a Terceira División
18º
19º
20º

A Segunda División B está integrada por un total de 80 clubs, que se dividen, por proximidade xeográfica, en 4 grupos de 20 equipos.

O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os 20 equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.

Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Segunda División B (hai catro campións cada tempada, un por grupo). Así mesmo, os seis primeiros clasifícanse para disputar a próxima edición da Copa do Rei.

Promoción de ascenso[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda división.

Este play-off consta de dúas roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os catro campións enfróntanse nunha eliminatoria a dobre partido, o gañador de cada eliminatoria ascende e xoga a final, a dobre partido, para ser campión da categoría. O resto de equipos xoga unha eliminatoria a dobre partido da que sairán seis equipos que, sumados aos dous campións que non ascenderon, xogarán eliminatorias a dobre partido ata que só queden dous equipos que son os que ascenden a Segunda división.

Campión de Segunda B[editar | editar a fonte]

A Segunda División B na tempada 2008-09 experimenta cambios no xeito de xogar os play-off no cal os catro campións de cada grupo enfróntanse nunha eliminatoria a dobre partido, o gañador de cada eliminatoria ascende e xoga a final, a dobre partido, para ser campión da categoría. O primeiro campión seguindo este sistema foi o Cádiz CF.

Descenso[editar | editar a fonte]

Ao termo da tempada os catro últimos clasificados de cada grupo descenden directamente a Terceira división.

A estes 16 equipos súmanse dous máis, que saen dunha promoción pola permanencia que disputan os 16º clasificados de cada grupo. A promoción de permanencia dispútase por eliminación directa a dobre partido e os emparellamentos determínanse por sorteo. Os dous equipos derrotados perden a categoría, descendendo a Terceira división.

Filiais[editar | editar a fonte]

Os equipos filiais poden participar en Segunda División B se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior da Liga española de fútbol, en Primeira ou Segunda división. Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se un equipo descende a Segunda e o seu filial gaña os play-off de ascenso a Segunda, este quedará en Segunda B. Do mesmo xeito, un filial que se clasificou para a fase de ascenso a Segunda División non pode disputala se o primeiro equipo milita en devandita categoría. Neste caso, substitúeo o quinto clasificado do seu grupo.

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Disputan a seguinte edición da Copa do Rei os cinco primeiros equipos de cada grupo e os dous sextos clasificados con mellor puntuación ó final da tempada, a excepción dos equipos filiais.

Equipos participantes (2012/13)[editar | editar a fonte]

Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4


Descendidos de Segunda División:

Ascendidos de Terceira División:

Historial[editar | editar a fonte]

Tempadas con ascensos directos[editar | editar a fonte]

Desde a creación da categoría ata a tempada 1989/90, non existían as promocións de ascenso a Segunda División, polo que os equipos mellor clasificados ascendían directamente.

Os equipos que ascenderon foron:

Tempada Grupo I Grupo II
1977–78 Racing de Ferrol Castilla AD Almería Algeciras
1978–79 Palencia Oviedo Levante Gimnàstic
1979–80 Barakaldo Atlético Madrileño Linares AD Ceuta
1980–81 Celta Deportivo Mallorca Córdoba
1981–82 Barcelona Atlètic Palencia Xerez Cartagena
1982–83 Bilbao Athletic Tenerife Granada Algeciras
1983–84 Sabadell Logroñés Lorca Calvo Sotelo
1984–85 Sestao Aragón Rayo Vallecano Albacete
1985–86 Figueres Xerez
1986–871 Tenerife Lleida Granada Real Burgos
G. I G. II G. III G. IV
1987–88 Eibar Mollerussa Salamanca Alzira
1988–89 Bilbao Athletic Palamós Atlético Madrileño Levante
1989–90 Avilés Lleida Albacete Orihuela Deportiva


1 Na tempada 86/87 houbo só un grupo de Segunda B, antes da implantación do actual sistema de catro grupos na tempada 87/88.

Tempadas con promocións[editar | editar a fonte]

Tempada Campións Ascenso
G. I G. II G. III G. IV
1990–91 Madrid B Racing Santander Barcelona B Badajoz Mérida, Madrid B, Compostela e Racing de Santander
1991–92 Salamanca Sant Andreu Cartagena Marbella Badajoz, Villarreal, Lugo e Marbella
1992–93 Leganés Alavés Murcia Las Palmas Toledo, Leganés, Hércules e Murcia
1993–94 Salamanca Alavés Gramenet Extremadura Getafe, Salamanca, Ourense e Extremadura
1994–95 Racing Ferrol Alavés Levante Córdoba Sestao, Almería, Alavés e Écija
1995–96 Las Palmas Sporting B Levante Jaén Levante, Las Palmas, Ourense e Atlético B
1996–97 Sporting B Aurrerá Gimnàstic Córdoba Elche, Xerez, Jaén e Numancia
1997–98 Cacereño Barakaldo Barcelona B Málaga Málaga, Mallorca B, Barcelona B e Recreativo
1998–99 Getafe C.Leonesa Levante Melilla Elche, Getafe, Levante e Córdoba
1999–00 Universidad LP G.Torrelavega Gandia Granada Universidad LP, Jaén, R.Ferrol e Murcia
2000–01 Atlético B Burgos Gramenet Cádiz Burgos, Poli Ejido, Gimnàstic e Xerez
2001–02 Barakaldo Barcelona B Madrid B Motril Terrassa, Compostela, Getafe e Almería
2002–03 Universidad LP Real Unión Castellón Algeciras Cádiz, Algeciras, Málaga B e Ciudad de Murcia
2003–04 Pontevedra At.Madrid B Lleida Lanzarote Lleida, Pontevedra, R.Ferrol e Gimnàstic
2004–05 Madrid B Ponferradina Alicante Sevilla B Hércules, Castellón, Lorca e Madrid B
2005–06 Universidad LP Salamanca Badalona Cartagena Salamanca, Ponferradina, Las Palmas e Vecindario
2006–07 Pontevedra Eibar Alicante Sevilla Atlético R.Ferrol, Sevilla Atlético, Eibar e Córdoba
2007–08 Rayo Vallecano Ponferradina Girona Écija Rayo Vallecano, Girona, Huesca e Alicante
2008–09 Real Unión Cartagena Alcoyano Cádiz Cartagena, Cádiz, Real Unión e Villarreal B
2009–10 Ponferradina Alcorcón Sant Andreu Granada Granada, Ponferradina, Barcelona B e Alcorcón
2010–11 Lugo Eibar Sabadell Murcia Sabadell, Murcia, Alcoyano e Guadalajara
2011–12 Madrid Castilla Mirandés Atlético Baleares Cádiz Madrid Castilla, Mirandés, Ponferradina e Lugo
2012–13 Tenerife Alavés L'Hospitalet Jaén Tenerife, Alavés, Eibar e Jaén


Desde a tempada 2008-09 están destacados os campións absolutos da categoría segundo o novo sistema de competición.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Máis tempadas[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Tempadas
Pontevedra 30
Cultural Leonesa 29
Osasuna B 28
Real Jaén 27
Barakaldo 27
Real Sociedad B 26
Melilla 25
L'Hospitalet 25
At. Madrid B 24
Sevilla Atlético 24
11º Lugo 23
Bilbao Athletic 23
Sporting de Gijón B 23
Posto Equipo Tempadas
14º Granada 22
Ourense 22
Gimnàstic de Tarragona 22
17º Zamora 21
Alcoyano 21
Zaragoza B 21
20º Córdoba 20
Racing de Ferrol 20
Lemona 20
Betis B 20


Actualizado ata a tempada 2011/12.

Ranking de promocións[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Promocións Ascensos Ascensos
directos
Total
ascensos
Barakaldo 9 0 1 1
Real Jaén 8 2 0 2
Pontevedra 8 1 0 1
Burgos 7 1 1 2
Universidad de Las Palmas 7 1 0 1
Cultural Leonesa 7 0 0 0
Gramenet 7 0 0 0


Actualizado ata a tempada 2010/11. En negriña, os equipos participantes na tempada 2011/12.

Equipos galegos[editar | editar a fonte]

Un total de 19 equipos galegos pasaron pola Segunda B na súa historia.

Posto Equipo Tempadas Partidos
xogados
Puntos
Pontevedra CF 30 1.144 1.444
14º CD Lugo 23 878 1.146
15º CD Ourense 22 840 1.071
27º Racing de Ferrol 20 760 953
54º Celta B 14 532 656
92º Deportivo B 9 342 454
93º SD Compostela 11 418 450
113º Endesa As Pontes 9 342 364
155º Arousa SC 7 266 221
164º CD Lalín 6 228 194
193º Montañeros 3 114 138
214º Cambados 3 114 103
221º Coruxo FC 2 76 93
251º Bergantiños 2 76 59
253º Celta 1 38 58
255º Deportivo 1 38 56
264º Ciudad de Santiago 1 38 50
283º Negreira 1 38 34
296º Atlético Arteixo 1 38 26


Actualizado ata a tempada 2011/12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]