Juan Hilario Marrero Pérez
Hilario Marrero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Juan Hilario Marrero Pérez | ||
Nacemento | 8 de decembro de 1905 | ||
Lugar de nacemento | As Palmas de Gran Canaria | ||
Falecemento | 14 de febreiro de 1989 | ||
Lugar de falecemento | As Palmas de Gran Canaria | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1922–1925 | Porteño | ||
1925–1928 | Real Club Victoria | ||
1928–1931 | Deportivo da Coruña | ||
1931–1936 | Real Madrid | 73 | (22) |
1936–1939 | Valencia | ||
1939–1940 | Barcelona | 6 | (1) |
1940–1942 | Deportivo da Coruña | 4 | (1) |
1942–1943 | Elche | ||
Selección nacional | |||
1931–1935 | España | 2 | (1) |
Adestrador | |||
1940–1941 | Deportivo da Coruña | ||
1943 | Betanzos | ||
1944–1945 | Racing de Ferrol | ||
1945–1946 | Deportivo da Coruña | ||
1947–1949 | Racing de Ferrol | ||
1949 | Girona | ||
1951 | Español SD | ||
1958–1959 | Deportivo da Coruña | ||
1960 | Racing de Ferrol | ||
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Juan Hilario Marrero Pérez, nado nas Palmas de Gran Canaria o 8 de decembro de 1905 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1989, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Nado nas Palmas en 1905, Marrero iniciou a súa carreira profesional moi novo. Aos 16 anos comezou a xogar no Porteño e despois no Real Club Victoria, para fichar en 1928 polo Deportivo da Coruña, no que permaneceu tres anos.
En 1931 fichou polo Real Madrid CF e en 1939 pasou a formar parte do FC Barcelona, para retornar posteriormente ao Deportivo no rol de xogador e adestrador, sendo a súa xestión clave para lograr o ascenso a Primeira División do club galego en 1941. Na tempada 1942–43 xogou e adestrou no Elche CF.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Xa como adestrador, na tempada 1943–44 dirixou ao Rácing de Ferrol, logrando o retorno do club ferrolán á Segunda División, e tamén adestrou a ese equipo (xa sempre en Segunda) en 1944-45, 1946-47, 1947-48, 1948-49 e 1959-60; na tempada 1945–46 retornara novamente ao Deportivo, que militaba en Segunda División, logrando o ascenso a Primeira. E na 1948-49 tamén adestrou ao Girona FC.
Tras un ano de baldío (tempada 1949–50), Marrero retornou a Canarias para adestrar ao UD Las Palmas e posteriormente ao CD Tenerife. A finais da década dos cincuenta adestrou outra vez ao Deportivo.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Marrero foi internacional coa selección española en dúas ocasións.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1905
- Finados en 1989
- Nados nas Palmas de Gran Canaria
- Futbolistas das Canarias
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Racing de Ferrol
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia
- Adestradores do Betanzos CF
- Adestradores do Girona FC