Racing Club de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Racing de Ferrol
Banderí Ferrol.jpeg
Nome Racing Club de Ferrol, S.A.D.
Alcume(s) Diaños verdes
Fundación 1919
Estadio A Malata,
Ferrol, Galicia
Inauguración 1993
Capacidade 12.042
Presidente Galicia José María Criado Labajo
Adestrador Miguel Ángel Tena
Liga 2ªB – Grupo 1
2016–17
Vestimenta Nike
Patrocinador Reganosa[1]
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Racing Club de Ferrol, S.A.D. é un club de fútbol da cidade de Ferrol (A Coruña), fundado no 1919 pola fusión de Racing Club e Club Ferrol, dous dos equipos da cidade nesa época. Xoga actualmente na Segunda División B.

Entre os seus maiores logros conta con varios campionatos galegos, un subcampionato da Copa do Rei en 1939, e un segundo posto na Segunda División en 1940, categoría na que xogou 34 tempadas até o momento.

Nome do club[editar | editar a fonte]

  • Racing Ferrol Foot-ball Club (1919–1941)
  • Club Ferrol (1941–1972)
  • Racing Club de Ferrol (1972–2001)
  • Racing Club de Ferrol, S.A.D. (2001– )

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios do equipo[editar | editar a fonte]

Racing de Ferrol 1919-1920.

Aínda que as primeiras noticias futbolísticas en Ferrol están datadas en novembro de 1892 e os primeiros clubs da cidade non se crearon até o verán de 1904, o Racing non veu a luz até a segunda metade do ano 1919. Foi por iniciativa de Manuel Fernández, coñecido como Cancela, un futbolista que quixo unir aos mellores xogadores dos distintos cadros da cidade para formar un club competitivo.[2] A data de fundación da entidade racinguista é 05-10-1919, por fusión do Racing Club (formado no mes de xullo pola fusión de Jaime I F.C. e Giralda F.C., equipos estes nacidos en 1912) e máis o Club Ferrol (cadro nacido en 1917 con nome de Círculo Rojo F.C. da man dun vigués que cursaba estudios en Ferrol chamado Fernando De Ponte). Desa unión xurdiu o Racing Ferrol Foot-Ball Club, que é o club actual. Foi admitido na FGF na súa asemblea anual, celebrada en Vigo o 18-10-1919, pero o 30-11-1919 foi expulsado por non estar aínda inscrito no rexistro de asociacións nin contar con campo de seu, trámites estes que formalizaría nos meses seguintes para reingresar na federación.

O Racing empezou xogando en 1919 no Campo de Sport de Caranza e debutou na Serie B do extinto Campionato de Galicia na tempada 1920/21, logrando o ascenso á máxima categoría, a Serie A, ao remate da campaña 1922/23, cando xa xogaba no Campo do Inferniño, inaugurado en maio de 1921. En 1923/24 queda subcampión galego tras o Celta. Durante os anos seguintes experimenta unha imparábel progresión grazas até proclamarse campión de Galicia na tempada 1928/29 (sen coñecer a derrota), logo de vencer ao Deportivo da Coruña no último partido do torneo rexional.[3] Con esa vitoria o equipo puido xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei, deixando na cuneta ao potente Alavés e sendo eliminado nos oitavos de final polo Athletic Club con polémicas arbitrais incluidas. Foi durante esas eliminatorias que lle foi establecido pola prensa vasca ao Racing o sobrenome de Diaños Verdes, dada a grande impresión que os verdes deixaran en Vitoria e en Bilbao. No plantel verde, dirixido polo catalán José Planas Artés, salientaban Gerardo Bilbao e Guillermo Gorostiza, que despois ficharían polo Athletic, o rioxano Alejandro (que anos despois xogaría no Atlético de Madrid), o lucense Silvosa, Pedro Basterrechea e o ferrolán Manuel Rivera, considerado como un dos mellores medios centros do fútbol galego de antes da Guerra Civil.

En 1928 créase a Liga española de fútbol, e o Racing Club comezou a súa andaina no campionato nacional dentro do grupo galego de Terceira División (por entón, terceira categoría pura). Nas súas dúas primeiras tempadas, os ferroláns terminan en primeira posición do seu grupo. En 1931/32 mesmo chegan a xogar a fase de ascenso á 2ª División sendo eliminados polo C.D. Nacional madrileño. Finalmente conseguirían o ascenso ao término da tempada 1933/34 cando a Real Federación Española de Fútbol ampliou a Segunda División a máis formacións. O Racing, no que aparece o futuro internacional Juan Vázquez nas súas ringreiras, só puido permanecer un ano nela, xa que terminou a tempada 1934/35 na última posición do seu grupo.

Finalista na Copa de España[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra Civil española o fútbol oficial non se detivo en Galicia, e o Racing, con Planas como técnico, proclamouse vencedor do campionato galego nas tempadas 1937/38 e 1938/39 (ésta última sen coñecer a derrota, superando con claridade ao Deportivo da Coruña). Grazas ao título desta última campaña conseguiu clasificarse para o Campionato de España / Copa do Xeneralísimo no primeiro ano baixo esa denominación. Os estragos da guerra afectaron a moitos clubs, que renunciaron a participar polos custos ou porque se atopaban sen xogadores. O Racing bateu á Real Sociedad en cuartos de final, e ao Baracaldo-Oriamendi nas semifinais.[4]

O equipo conseguiu así chegar ata a súa primeira final do torneo copeiro. O partido disputouse o 25 de xuño de 1939 no Estadio de Montjuïc (Barcelona), e o Racing de Ferrol caeu derrotado fronte ao Sevilla FC, que partía como claro favorito, por 6 a 2. Silvosa marcou os dous goles dos ferroláns, un deles de penalti.[5] O once verde na cita foi o formado por: Alberty Kiszel; Caliche, Moreno; Bertolí, Silvosa, Basterrechea; Lelé, Gallart, Barón, Edelmiro e Portugués.

Paso pola Segunda División[editar | editar a fonte]

Logo da final de Copa, o Racing de Ferrol (que dende xaneiro de 1941 se pasara a denominar por imperativo legal Club Ferrol) permaneceu catro tempadas en Segunda División desde o ano 1939 ata 1943, e logo de forma ininterrompida desde 1944 ata 1960, cando volveu descender á 3ª División. En 1952 o equipo ferrolán disputou por primeira vez na súa historia a liguiña de ascenso a Primeira División, aínda que non puido conseguir o seu obxectivo ao terminar en última posición de seis equipos.

En 1954, logo de varios anos sometido a un proceso de remodelación, o campo do Inferniño foi rebautizado co nome de estadio Manuel Rivera, na memoria do excelso futbolista falecido de maneira prematura. Ampliou capacidade, pasou de 3.000 a 8.000 localidades, e quedou convertido nun estadio con pista de atletismo e torre do Maratón.

En 1960 o club regresou, como queda dito, ao grupo galego de Terceira División. A pesar de ser o seu máximo dominador, ganando e goleando case sempre, o Racing caía nas fases de ascenso (Huelva, Rayo Vallecano, Abarán...) e non conseguiu o seu obxectivo ata o ano 1966, con Satur Grech á fronte do banco, cando superou na rolda final á UE Sants barcelonesa no Camp Nou azulgrana. O seu novo paso por Segunda durou nesta ocasión seis tempadas e o seu posto máis destacado foi unha cuarta posición na tempada 1968/69, a un só do ascenso, cun refacho de 17 partidos consecutivos sen coñecer a derrota, case toda a 2ª volta en postos de ascenso e unha liña de oito triunfos seguidos. Por outra banda, en 1967 o equipo fíxose co Trofeo Teresa Herrera logo de eliminar ao Deportivo da Coruña na semifinal e superar por 3 a 0 ao Celta de Vigo na final. Nestes anos, os da presidencia de Ramón Sánchez Dopico, o Racing bateu récords en número de socios e milleiros de afeccionados enchían o estadio Manuel Rivera domingo tras domingo.

O Racing de Ferrol descendeu a Terceira en 1972 (ano no que deixou a chamarse Club Ferrol para pasar a titularse Racing Club de Ferrol, até hoxe) e os verdes non conseguiron regresar á división de prata até seis anos despois. En 1978 a Federación Española reestrutura todo o campionato profesional: a vella Terceira pasa a chamarse Segunda División B (cos mellores da Terceira da tempada 1976/77) e nace a cuarta categoría estatal, co nome de 3ª División. Os ferroláns quedarían encadrados no grupo 1º desa Segunda B con rivais de toda a metade norte de España, e conseguiu o seu ascenso como campión da súa división. Con todo, só permaneceron unha tempada en Segunda, a 1978/79, ao terminar en última posición de 20 equipos.

Crise de resultados[editar | editar a fonte]

Tras o seu descenso, o Racing de Ferrol atravesou unha grave crise deportiva e económica. O equipo chegou ata a descender a Terceira División en 1984, chegando a obter a súa posición máis baixa en 1987 rozando os postos de descenso á división rexional. A estas crises sumouse unha mala xestión da directiva, que terminou coa inhabilitación do presidente da entidade, Vicente Bastida De la Calle, en 1983, polo famoso "caso Camilo". O club conseguiu regresar a Segunda B en 1988 e tamén en 1992, asentándose por completo nesa categoría a partir dese ano. En 1993 tivo lugar a inauguración do Campo da Malata.

En 1995 os ferroláns volven loitar por subir logo de quedar primeiros no seu grupo de Segunda B, aínda que na liguiña de ascenso empataron na última xornada fronte ao Beasain e quedaron por detrás do Almería CF. Durante seis anos o conxunto galego termina nas posicións altas da táboa, ata que na tempada 1999/2000, ao cuarto intento, o Racing de Ferrol logra subir a Segunda co ferrolán José Ramón Arteche como técnico, logo de vencer na fase final ao Barakaldo CF, AD Ceuta e CF Gandia.

Século XXI[editar | editar a fonte]

Encontro do Racing de Ferrol no Estadio Municipal da Malata en Terceira División.

Para poder xogar na Segunda División (na que se atoparía con rivais como o Atlético de Madrid, Betis ou o Sevilla), o Racing de Ferrol tivo que converterse en sociedade anónima deportiva, trámite verificado no verán de 2001 co Concello de Ferrol e Isidro Silveira (presidente dende 1995) como principais accionistas. O equipo permaneceu tres tempadas na segunda categoría, cun noveno lugar como posto máis destacado na tempada 2001/02, pero descendeu en 2003 ao finalizar en antepenúltima posición.

Cunha tempada en Segunda B, o club regresou a Segunda División en 2004 con Luis Cesar como adestrador logo de superar na fase de ascenso a Castellón, At. Madrid B e Sevilla B, e viviu dous anos na división de prata. Os galegos volven ascender en 2007 da man dos irmáns Juan e José Veiga (superando aos desaparecidos CD Linares primeiro e Alicante CF despois) e na tempada 2007/08 terminan en decimonovena posición, o que supón de novo perder a categoría.

Na tempada 2008/09 o equipo acaba sétimo en Segunda B. A crise económica obrigou ao club a desprenderse dalgúns dos seus mellores xogadores, o que provocou, na tempada 2009/10, o descenso a Terceira logo de 18 tempadas sen xogar no cuarto andar do fútbol español.

Na tempada 2010/11 o Racing acadou a segunda posición na táboa. Os ferroláns xogaron a fase de ascenso, superando na primeira rolda ao Binéfar, pero caendo eliminados na segunda polo Izarra. A tempada seguinte foi moito máis irregular para o Racing, que quedou en novena posición, a 15 puntos da promoción. Na tempada 2012/13, o equipo proclámase campión do grupo I de Terceira, sumando 97 puntos, novo récord histórico no grupo galego ademais de ser o campión con máis puntos dos 18 grupos nesa tempada. Na promoción de campións, o Racing empatou 1-1 contra o Laudio en terras vascas, sentenciando a eliminatoria por 1-0 na Malata e voltando a Segunda B tres anos despois.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal da Malata.

O campo onde xoga como local é o estadio Municipal da Malata. Sitúase nunha superficie municipal de 144.806 metros cadrados na zona de A Malata, xunto ao Recinto feiral de Punta Arnela. O campo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros e unha capacidade para 12.024 espectadores.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta e medias verdes, pantalón branco.
  • Uniforme reserva: Camiseta a raias verticais brancas e negras, pantalón negro.
  • Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias verdes.

Datos do club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 34
  • Tempadas no terceiro nivel ligueiro (antiga Terceira + actual Segunda B): 40 (até 2015/16)
  • Tempadas no cuarto nivel ligueiro (actual Terceira): 9
  • Mellor clasificación na liga: (Segunda División grupo 1º, tempada 1939-40); (Segunda División, grupo único, tempada 1968/69).

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1929
1930/31
1931/32
1932/33
1933/34 Green Arrow Up.svg
1934/35
1939/40
1940/41
1941/42
1942/43 Red Arrow Down.svg
1943/44 Green Arrow Up.svg
1944/45 10º
1945/46
1946/47 10º
1947/48
1948/49 14º
1949/50 12º
1950/51
1951/52
1952/53
1953/54
Tempada Categoría Posto
1954/55 12º
1955/56
1956/57 16º
1957/58 12º
1958/59 10º
1959/60 16º Red Arrow Down.svg
1960/61
1961/62
1962/63
1963/64
1964/65
1965/66 Green Arrow Up.svg
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 10º
1970/71
1971/72 18º Red Arrow Down.svg
1972/73
1973/74
1974/75
Tempada Categoría Posto
1975/76
1976/77 Green Arrow Up.svg
1977/78 2ªB Green Arrow Up.svg
1978/79 20º Red Arrow Down.svg
1979/80 2ªB 16º
1980/81 2ªB 11º
1981/82 2ªB 17º
1982/83 2ªB
1983/84 2ªB 20º Red Arrow Down.svg
1984/85
1985/86
1986/87 17º
1987/88 Green Arrow Up.svg
1988/89 2ªB 13º
1989/90 2ªB 17º Red Arrow Down.svg
1990/91
1991/92 Green Arrow Up.svg
1992/93 2ªB 12º
1993/94 2ªB 13º
1994/95 2ªB
1995/96 2ªB
Tempada Categoría Posto
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
1998/99 2ªB
1999/00 2ªB Green Arrow Up.svg
2000/01 16º
2001/02
2002/03 20º Red Arrow Down.svg
2003/04 2ªB Green Arrow Up.svg
2004/05 16º
2005/06 20º Red Arrow Down.svg
2006/07 2ªB Green Arrow Up.svg
2007/08 19º Red Arrow Down.svg
2008/09 2ªB
2009/10 2ªB 19º Red Arrow Down.svg
2010/11
2011/12
2012/13 Green Arrow Up.svg
2013/14 2ªB
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 12 de outubro de 2016.
Posto País Xogador
POR Galicia Ian Mackay
POR Galicia Brais Pereiro
POR España Sergio García
DEF España Javier Velayos
DEF España Adrián Armental
DEF España Aitor Pascual
DEF Galicia Diego Maceira
DEF Galicia Víctor Vázquez
DEF Galicia Nano
DEF España José Cruz
DEF España José Catalá
Posto País Xogador
MED España Álex Felip
MED Galicia Bicho
MED España Juan Martínez
MED España David Bandera
MED España Sergio Martín
MED Galicia Pablo Rey
MED España Dani Benítez
DIA Galicia Joselu
DIA Galicia Brais Abelenda
DIA España Julio Delgado

Goleadores por tempada[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Categoría principal: Adestradores do Racing de Ferrol.

Actualmente o adestrador do Racing de Ferrol é José Manuel Aira Lindoso.

Adestradores famosos[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos estatais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Racing aprovecha su solidez, Diario de Ferrol, 17/8/2010
  2. Caixa Galicia (ed.). "Racing de Ferrol". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  3. Mundo Deportivo, ed. (5 de decembro de 1928). "O Racing de Ferrol venceu onte 1 a 0 ao Deportivo da Coruña". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  4. ABC, ed. (20 de xuño de 1939). "O Racing de Ferrol del Caudillo, 2; Oriamendi, 1". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  5. La Vanguardia, ed. (27 de xuño de 1939). "El domingo se clausuró brillantemente la "Copa del Generalísimo", en el Estadio". Consultado o 8 de marzo de 2010. 
  6. "El Ferrol, campeón de la Copa Federación Gallega, al empatar con el Deportivo (2-2)" (TIFF). Ciudad: Semanario de Pontevedra nº76. 7 de xullo de 1947. p. 3. 
  7. Juego Limpio en España - Real Federación Española de Fútbol (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]