St James' Park
St James' Park | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 54°58′32″N 1°37′18″O / 54.975555555556, -1.6216666666667 |
Localización | Newcastle upon Tyne, Inglaterra |
Construción | |
Inauguración | 16 de outubro de 1880 |
Arquitecto | Trevor Skempton |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 69 |
Capacidade | 52.387 espectadores |
Propietario | Newcastle United |
Operadora | Newcastle United |
Localía | Newcastle United |
Web | https://www.nufc.co.uk/stadium/ |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
St James' Park é un estadio de fútbol situado na cidade de Newcastle upon Tyne, no nordés de Inglaterra no Reino Unido. Serve de sede habitual ao Newcastle United Football Club que xoga na Premier League, logo de confirmar o seu ascenso o 7 de abril de 2010 ao derrotar ao Sheffield United por 2 goles a 1.
Localización
[editar | editar a fonte]O seu enderezo é St James' Park, Newcastle-upon-Tyne, NE1 4ST. Localízase no centro da cidade, a 500 m da Estación Central, sendo o único estadio da Premier League situado no centro dunha cidade que non é Londres. 250 m ao leste atópase a Monument station do metro da cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Ampliación de 1993
[editar | editar a fonte]En 1993 o estadio sufriu unha importante reconstrución tras demoler parte do mesmo. Ao concluír as obras en 1995 o estadio contaba cunha configuración tipo bowl e unha capacidade para 36.610 espectadores.
Ampliación de 1998
[editar | editar a fonte]Catro anos logo da ampliación anterior o club propuxo unha nova ampliación ata os 52.000 espectadores. Está, comezou en xullo de 1998, e cando había partido, as obras detíñanse durante tres días. A capacidade final aumento ata 52.143 espectadores e tivo un custo de 42 millóns de libras.
Ampliación proposta en 2007
[editar | editar a fonte]O 2 de abril de 2007, o club realizou a proposta de ampliación do estadio ata 60.000 espectadores, así como a construción dun centro de convencións, hoteis e apartamentos de luxo, todo iso cun orzamento de 300 millóns de libras.
Tras a compra do club por parte do millonario Mike Ashley en 2007, este anunciou que a ampliación do estadio non era unha prioridade, aínda que se realizou melloras nos palcos e outras zonas do estadio. Debido a que o estadio nunca chegaba a completar se aforamento, sendo a asistencia media de aproximadamente 45.000 espectadores.
Partidos internacionais
[editar | editar a fonte]Eurocopa de 1996
[editar | editar a fonte]Foi sede, xunto con Elland Road, do Grupo B: Francia, España, Romanía e Bulgaria.
Data | Resultado | Competición | ||
---|---|---|---|---|
10-06-1996 | Romanía | 0-1 | Francia | Eurocopa 1996 |
1996-06-13 | Bulgaria | 1-0 | Romanía | Eurocopa 1996 |
1996-06-18 | Francia | 3-1 | Bulgaria | Eurocopa 1996 |
Outros usos
[editar | editar a fonte]Concertos
[editar | editar a fonte]Celebráronse moitos concertos, como: The Rolling Stones, Bruce Springsteen, Queen, Bob Dylan, Bryan Adams e Rod Stewart.
Cine e televisión
[editar | editar a fonte]O estadio utilizouse para as audicións do programa de televisión |The X Factor e para Big Brother. Tamén celebrou a final do reality The Match.
En 2002 forma parte da rodaxe, xunto con moitas outras localizacións de Newcastle upon Tyne, da longametraxe de Simon Cellan Jones, The One and Only.
No 2005 o estadio, o equipo e a cidade foron o lugar de filmación para a primeira parte da triloxía da película ¡Gol!.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: St James' Park |