Club Polideportivo Mérida
Nome | Club Polideportivo Mérida, S.A.D. | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Franjiverdes, Ilicitanos | ||
Fundación | 28 de decembro de 1912 | ||
Desaparición | 2000 | ||
Estadio | Estadio Romano, Mérida, España | ||
Inauguración | 1954 | ||
Capacidade | 14.600 | ||
|
O Club Polideportivo Mérida foi un club de fútbol español da cidade de Mérida, en Estremadura. Foi fundado en 1912 e desapareceu no ano 2000. O seu sucesor actualmente é o seu antigo filial, o Mérida Unión Deportiva.
Historia
[editar | editar a fonte]O 28 de decembro de 1912 fundouse a Sportiva Emeritense, o embrión do CP Mérida. En 1920, pasou a chamarse Club Catalanes debido á orixe dos militares do acuartelamento emeritense, mentres paralelamente, en 1921, empregados de Renfe fundan o Club M.Z.A. (Madrid-Zaragoza-Alacant).
Pouco despois, ambos os clubs fusiónanse e xorde o Club Emérita, que tivo como presidente a Juan Bohoyo. O Emérita participou por primeira vez nun campionato rexional na tempada 28-29 e xa na 31-32 foi campión rexional.
Durante a Guerra civil española, o fútbol en Mérida paralízase. Logo desta, en 1939, rexorde o club co nome Sociedad Deportiva Emeritense.
1940 ata 1970
[editar | editar a fonte]No seu primeiro ano foi subcampión rexional e na tempada 1943-44 participou por primeira vez en categoría nacional, Terceira División.
Tras catro anos en Terceira, na 46-47, baixa a Rexional. Dous anos despois (48-49), o Emeritense volve a Terceira, onde estará ata a 60-61. Nas campañas 54-55, 55-56 e 56-57, o club marcou un fito ao xogar tres fases de ascenso a Segunda.
Tras un ano en Rexional (61-62), o Emeritense sobe invicto de novo á Terceira División. O club permanece en Terceira ata a 70-71. Antes, en 1966, pasou a ser Mérida Industrial C.F.
Décadas dos setenta e oitenta
[editar | editar a fonte]Na 76-77, o Industrial volve a Terceira, ascendendo á recentemente creada Segunda División B na 79-80. O ascenso chegou o 11 de maio ao gañar 1-0 ao Vélez con gol de Paco, tendo o presidente José Fouto Carvajal só 26 anos.
A aventura durou un ano. Desde a 81-82 ata a 88-89, o Mérida seguiu en Terceira. Ao acabar a 84-85, pasou a ser Club Polideportivo Mérida. O 28 de maio de 1989 chega o segundo ascenso a Segunda B ao gañar 2-0 ao Coria con goles de Chovi e Edu Pla, con Fouto Carvajal na presidencia.
Desde 1990, a época dourada, ata a súa desaparición
[editar | editar a fonte]Tras dous anos en Segunda B, o Mérida sobe a Segunda División o 22 de xuño de 1991 ao gañar 0-1 ó Osasuna Promesas con gol de Ricardo.
Desde a 91-92 ata a 99-00, o Mérida vive a súa etapa dourada: 2 anos en Primeira División e 7 en Segunda División. O primeiro ascenso á Primeira División chegou o 27 de maio de 1995 ao gañar 0-1 ao Eibar con gol de Cuéllar, converténdose no primeiro equipo estremeño en alcanzar a máxima categoría do fútbol español. O segundo chegou o 1 de xuño de 1997 ao gañar 2-0 ao Leganés con dobrete de Quique Martín.
Durante esta etapa o Mérida chegou en dúas ocasións ata os 1/4 de Final da Copa do Rei, a última no ano 2000, sendo eliminado polo Real Madrid na prórroga a 3 minutos do final do partido.
Os riscos ecónomicos provocados durante a xestión de José Fouto Carvajal abocaron na desaparición do Club Polideportivo Mérida o 31 de agosto de 2000, tomando a substitución a súa filial, o Mérida Promesas (3ª División), que pasou a chamarse Mérida Unión Deportiva.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalón negro, medias vermellas.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Romano.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 2
- Tempadas en 2ª: 7
- Tempadas en 2ªB: 3
- Tempadas en 3ª: 37
- Posto histórico: 47º
- Mellor posto en Primeira: 19º (tempada 97-98)
- Peor posto na en Primeira: 21º (tempada 94-95)
- Mellor clasificación en Copa do Rei: Cuartos de final
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Xogadores destacados
[editar | editar a fonte]Adolfo Aldana
Pablo Alfaro
Santiago Cañizares
Leonardo Biagini
Leo Franco
Predrag Juric
Leonardo Pereira
Mono Montoya
Goran Vucevic
Miguel Ángel Benítez
Jerzy Podbrożny
Nikolai Pissarev
Rade Tošić
Gonzalo de los Santos
Adestradores
[editar | editar a fonte]Sergije Krešić (1994-1997)
Jorge D'Alessandro (1996-1998)
Paco Herrera (1998-1999)
Juan Señor (1999-2000)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Segunda División (2): 1994–95, 1996–97
- Terceira División (3): 1956–57, 1979–80, 1988–89
- Subcampión de Terceira División (3): 1954–55, 1981–82, 1987–88