Saltar ao contido

Primeira división española 1991/92

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaPrimeira división española 1991/92
TipoPrimeira División Española Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda división española 1991/92 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes20 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Períodotempada 1991-1992 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo31 de agosto de 1991 – 7 de xuño de 1992 Editar o valor en Wikidata
Número de edición61 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos380 Editar o valor en Wikidata
Goles913 Editar o valor en Wikidata

A tempada 1991/92 da Primeira división española de fútbol, que foi a 61ª edición do campionato, comezou o 31 de agosto de 1991 e rematou o 7 de xuño de 1992. O FC Barcelona revalidou o título da tempada anterior e fixo dobrete ao conquistar a súa primeira Copa de Europa. Antes de iniciarse o campionato, o 5 de xullo de 1991, o Goberno español aprobou un Real Decreto que obrigaba a converterse en sociedade anónima deportiva a todos os clubs da categoría con números vermellos nos seus balances nos últimos cinco exercicios. O Decreto prevía a exclusión da LFP daqueles clubs que non lograsen a súa reconversión durante a presente tempada, fixándose como data límite para iso o 18 de xuño de 1992.

Participantes e estadios

[editar | editar a fonte]

Tomaron parte no torneo 20 clubs, entre eles un debutante, o Albacete Balompié, que se converteu no 50º equipo en xogar na Primeira División de España.

O Estadio Carlos Belmonte, de Albacete, estreouse esta tempada como campo de Primeira División.
Equipo Cidade Estadio
Albacete BalompiéAlbaceteCarlos Belmonte
Athletic ClubBilbaoSan Mamés
Atlético de MadridMadridVicente Calderón
FC BarcelonaBarcelonaCamp Nou
Real Burgos CFBurgosEl Plantío
Cádiz CFCádizRamón de Carranza
Deportivo da CoruñaA CoruñaRiazor
RCD EspañolBarcelonaSarrià
CD LogroñésLogroñoLas Gaunas
RCD MallorcaPalmaLluís Sitjar
CA OsasunaPamplonaEl Sadar
Real OviedoOviedoCarlos Tartiere
Real Madrid CFMadridSantiago Bernabeu
Real Sociedad de FútbolDonostiaAtocha
Sevilla FCSevillaRamón Sánchez Pizjuán
Sporting de GijónXixónEl Molinón
CD TenerifeSanta Cruz de TenerifeHeliodoro Rodríguez López
Valencia CFValenciaMestalla
Real ValladolidValladolidNuevo José Zorrilla
Real ZaragozaZaragozaLa Romareda

Clasificación final

[editar | editar a fonte]
Pos Equipo X G E P GF GC DG Ptos
1FC Barcelona38239687375055
2Real Madrid38238778324654
3Atlético de Madrid38245967353253
4Valencia CF382071163422147
5Real Sociedad381612104438644
6Real Zaragoza38177144041-141
7Albacete38168144547-240
8Sporting de Gijón38158153743-638
9Burgos CF381213134043-337
10CD Logroñés381310153651-1536
11Real Oviedo38148164146-536
12Sevilla FC38138174845334
13CD Tenerife381210164650-434
14Athletic Club38137183858-2033
15CA Osasuna381013153040-1033
16RCD Espanyol38128184360-1732
17Deportivo da Coruña38815153748-1131
18Cádiz CF38714173255-2328
19Real Valladolid38713183153-2227
20RCD Mallorca38107213049-1927
Liga de Campións da UEFA
Copa da UEFA
Recopa de Europa
Promoción de permanencia en Primeira
Descenso a Segunda

Manolo, do Atlético de Madrid logrou o trofeo do Diario Marca ao máximo goleador da Primeira División.

# Xogador Equipo Goles
España Manuel Sánchez, 'Manolo'Atlético de Madrid27
España Fernando HierroReal Madrid21
Bulgaria Hristo StoichkovFC Barcelona17
Países Baixos Ronald KoemanFC Barcelona16
Juan Antonio PizziCD Tenerife15
España Emilio ButragueñoReal Madrid14
España Gregorio FonsecaReal Valladolid14
Austria Anton PolsterCD Logroñés14
Iugoslavia Meho KodroReal Sociedad13
Dinamarca Michael LaudrupFC Barcelona13
Bulgaria Luboslav PenevValencia CF13
Uruguai José Luis ZalazarAlbacete Balompié13

Paco Buyo, considerado un dos mellores gardametas da historia do Real Madrid, logrou este ano o segundo Trofeo Zamora da súa carreira.

Para optar a este premio do Diario Marca foi necesario disputar 60 minutos en, como mínimo, 28 partidos.

# Xogador Equipo Goles Partidos Media
España Francisco BuyoReal Madrid27350,77
España Abel ResinoAtlético de Madrid29310,93
España Andoni CedrúnReal Zaragoza35360,97
España José Luis GonzálezReal Sociedad37380,97
España Andoni ZubizarretaFC Barcelona36361,00

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]