Final da Copa do Rei de fútbol 1994/95

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Final da Copa do Rei de fútbol 1994/95
Madrid Santiago Bernabéu Stadium 1.jpg
Estadio Santiago Bernabéu de Madrid, escenario da final.
Data24 de xuño de 1995 (susp.)
27 de xuño de 1995
EstadioSantiago Bernabéu, Madrid
Asistencia95.000
81.000
ÁrbitroEspaña García-Aranda
TempoChoiva intensa e sarabia

A final da Copa do Rei de fútbol 1994/95 foi a 93ª final da Copa do Rei. Disputouse no estadio Santiago Bernabéu de Madrid o 24 de xuño de 1995 entre o Deportivo da Coruña e o Valencia. O partido foi suspendido a falta de 11 minutos pola forte choiva e sarabia caída na capital española e retomouse tres días despois, o 27 de xuño de 1995. Saíu vencedor o Deportivo da Coruña, por 2–1, conquistando así o seu primeiro título.[1]

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Foi a primeira final de Copa do Rei para o Deportivo da Coruña, que ata entón tiña chegado só ata as semifinais (nas edicións de 1988/89 e 1991/92). Para o Valencia foi a 14ª final, 16 anos despois da última, a que conquistara contra o Real Madrid en 1979 no Vicente Calderón. No campionato de liga, finalizado unha semana antes, o Deportivo viña de proclamarse subcampión, mentres que o Valencia acabara décimo.

Camiño á final[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña Rolda Valencia
Rival Resultado global Partidos Rival Resultado global Partidos
Lleida 7–1 0-3 fóra; 4-1 na casa Oitavos de final Real Madrid 4–2 1-2 fóra; 2-1 na casa
Athletic de Bilbao 3–0 3-0 na casa; 0–0 fóra Cuartos de final Mallorca 4–1 1-0 fóra; 4-0 na casa
Sporting de Gijón 2–1 0-2 fóra; 0-1 na casa Semifinais Albacete 3–2 1-1 casa; 2-1 fóra

A final[editar | editar a fonte]

Resumo do partido[editar | editar a fonte]

O encontro comezou de xeito intenso, con ocasións para ambos equipos. No minuto 35 Manjarín rouboulle un balón a Fernando Giner na beira da área e anotou o primeiro gol para o Deportivo.[2] Choveu lixeiramente durante toda a primeira parte, pero a chuvia aumentou de intensidade na segunda, o que propiciou numerosas caídas dos futbolistas e que o balón se desprazase con dificultade.[3] No minuto 70 Mijatović colocou o empate no marcador cun saque de falta que entrou polo lado dereito da portería de Liaño.[2]

A partir de entón a chuvia intensificouse aínda máis e comezou tamén a sarabiar, polo que a falta de 11 minutos para o final, o árbitro García-Aranda decretou a suspensión do partido e tanto el como os xogadores correron ao túnel de vestiarios.[2] A choiva inundou diversas partes do estadio e nunha reunión entre os presidentes de ambos clubs, Augusto César Lendoiro e Fernando Roig, co presidente da RFEF, Ángel María Villar, decidiuse o adiamento do partido.[3] A final podería retomarse ao día seguinte, pero decidiuse adiala tres días, para que os afeccionados de ambos equipos puidesen regresar aos seus fogares e volver a Madrid tres días despois.[3]

A final retomouse o día 27 e aos dous minutos Alfredo recolleu co peito un centro de Manjarín e superou cunha cabezada ao gardameta Andoni Zubizarreta, poñendo o 2-1 definitivo.[2][1]

Detalles do partido[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña 1 – 1 Valencia 24 de xuño de 1995, 21:00 (CEST) – Santiago Bernabéu, Madrid
Asistencia: 95.000
Árbitro: García-Aranda
Manjarín Anotado no 35º minuto 35' Informe
Mijatović Anotado no 70º minuto 70'
 


Deportivo da Coruña 2 – 1 Valencia 27 de xuño de 1995, 20:30 (CEST) – Santiago Bernabéu, Madrid
Asistencia: 81.000
Árbitro: García-Aranda
Alfredo Anotado no 81º minuto 81' Informe
 
REGRAS DO PARTIDO
  • 90 minutos.
  • 30 minutos de prórroga se fose necesario.
  • Quenda de penaltis se o marcador seguise igualado.
  • Cinco suplentes no banco.
  • Máximo de dúas substitucións.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Segurola, Santiago (28 de xuño de 1995). "Un fogonazo de Alfredo da la gloria al Deportivo". El País (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Una final de 11 minutos" (en castelán). 21 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Hermida, Xosé; Rois, Cayetano (25 de xuño de 1995). "Un diluvio aplaza el título". El País (en castelán). Consultado o 17 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]