Fernando Sánchez Cipitria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando
Información persoal
Nome Fernando Sánchez Cipitria
Nacemento 12 de setembro de 1971 (52 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,85 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Real Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1995 Real Madrid B 68 (2)
1995–1997 Valladolid 78 (18)
1997–1999 Betis 60 (4)
1999–2003 Deportivo da Coruña 33 (3)
2001–2002Osasuna (cedido) 30 (2)
2002Hannover (cedido) 2 (0)
2003Córdoba (cedido) 6 (1)
Selección nacional
1998 España 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fernando Sánchez Cipitria, coñecido como Fernando, nado en Madrid o 12 de setembro de 1971, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no Real Madrid Castilla, onde permaneceu desde 1990 até 1995.

Na tempada 1995–96 debutou en Primeira División co Real Valladolid, adestrado por Rafa Benítez. Na tempada 1997–98 foi contratado polo Real Betis, onde permaneceu outras dúas tempadas. No club andaluz tivo a chamada da selección española.

Na tempada 1999–00 fichou polo Deportivo da Coruña, conseguindo o título de Liga desa campaña e a Supercopa antes do comezo da seguinte. No club coruñés non tivo demasiada continuidade, polo que na campaña 2001–02 foi cedido ao CA Osasuna, onde participou na práctica totalidade dos encontros. En 2002 foi cedido ao Hannover 96 alemán e en 2003 ao Córdoba CF, de Segunda División, onde se retirou tras xogar tan só 6 encontros.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

En 1998 debutou coa selección española. O seu primeiro partido foi o 28 de xaneiro, xogando 10 minutos no encontro inaugural do Stade de France, en París, onde a selección española saíu derrotada (0–1).

Dous meses máis tarde xogou outro amigable en Vigo contra a Suecia, que rematou con vitoria (4–0).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]