Roberto Acuña
Roberto Acuña | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Roberto Miguel Acuña Cabello | ||
Nacemento | 25 de marzo de 1972 (51 anos) | ||
Lugar de nacemento | Avellaneda | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | 12 de Octubre | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1989–1993 | Club Nacional | ||
1993–1994 | Argentinos Juniors | 33 | (4) |
1994–1995 | Boca Juniors | 31 | (3) |
1995–1997 | Independiente | 65 | (3) |
1997–2002 | Zaragoza | 153 | (20) |
2002–2006 | Deportivo da Coruña | 14 | (0) |
2003–2004 | → Elche (cedido) | 26 | (2) |
2004 | → Al Ain (cedido) | 4 | (0) |
2007 | Rosario Central | 4 | (0) |
2007 | Club Olimpia | 16 | (3) |
2009–2012 | Rubio Ñu | 81 | (15) |
2013– | 12 de Octubre | 25 | (5) |
Selección nacional | |||
1993–2011 | Paraguai | 100 | (5) |
Na rede | |||
![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 13 de novembro de 2013. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Roberto Miguel Acuña Cabello, nado en Avellaneda o 25 de marzo de 1972, é un futbolista arxentino nacionalizado paraguaio. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o 12 de Octubre.
Alcumado El Toro debido á súa forza e presenza no centro do campo, pasou varios anos como profesional na Liga española, xogando no Real Zaragoza e no Deportivo da Coruña, sendo a segunda etapa desafortunada.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
De moi novo Acuña emigrou a Paraguai, onde comezou a xogar no Club Nacional en 1989. Despois de cinco anos, decidiu adquirir a cidadanía do país para xogar coa selección nacional, chegando a ser o segundo xogador que máis veces xogou na historia de Paraguai, só superado polo defensa central Carlos Gamarra.
Posteriormente, Acuña xogou catro tempadas na Arxentina, con Argentinos Juniors, Independiente e Boca Juniors, antes de trasladarse a Europa en 1997, onde foi contratado polo Real Zaragoza. Cos aragoneses foi un dos piares no centro do campo, axudando a conseguir a Copa do Rei en 2001 e anotando 20 goles en 5 tempadas, só en liga. Este mesmo ano conseguiu o premio ao Futbolista paraguaio do ano.
En consecuencia, Acuña chamou a atención do Deportivo da Coruña, que contratou ao xogador por cinco tempadas pagando 11 millóns de euros, a pesar de que tiña que cumprir unha sanción de cinco partidos da campaña anterior, na que o Real Zaragoza descendeu.[1] Cos galegos, porén, nunca apareceu máis de 7 veces en liga durante a súa estadía, contando tamén coas lesións[2] e as dúas cesións que sufriu (Elche CF e Al Ain).[3]
Inicialmente Acuña retirouse en 2007, rematando a súa carreira en Paraguai xogando no Club Olimpia de Asunción. Porén, en 2009 saíu da inactividade firmando co Club Rubio Ñu.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Defensa como Gamarra, Acuña participou en tres Mundiais de fútbol, participando en 97 partidos e marcando 5 goles.
Apareceu en tódolos partidos durante as tres edicións e foi o primeiro paraguaio en ser expulsado dun Mundial, despois de darlle un codazo a Michael Ballack no derradeiro minutos dos dezaseisavos de final, expulsado por dobre tarxeta amarela.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- Independiente:
- Supercopa Suramericana: 1995
- Zaragoza:
- Copa do Rei: 2000–01
Individual[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1972
- Nados en Avellaneda
- Futbolistas da Arxentina
- Futbolistas de Paraguai
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Club Nacional
- Xogadores do Argentinos Juniors
- Xogadores do CA Boca Juniors
- Xogadores do CA Independiente
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do Al Ain SSC
- Xogadores do CA Rosario Central
- Xogadores do Club Olimpia
- Xogadores do Club Rubio Ñu
- Xogadores da selección de fútbol de Paraguai