Francisco Simón Calvet
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de outubro de 1917 Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 7 de febreiro de 1978 (60 anos) As Pontes de García Rodríguez, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1940 - 1954 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Francisco Simón Calvet, coñecido como Simón, nado en Barcelona o 11 de outubro de 1917 e finado o 7 de febreiro de 1978, foi un futbolista catalán. Xogaba de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Co gallo do servizo militar que o levou a Galiza, fichou polo Deportivo da Coruña no ano 1940. Na tempada 1941–42 formou parte do cadro de xogadores do Deportivo da Coruña que fixo a súa estrea en Primeira División, mais sendo o suplente de Juan Acuña e sen xogar ningún partido. O seu debut na máxima categoría produciuse na tempada 1942–43, nun partido a domicilio contra o Real Oviedo que rematou en empate (1–1). Nesta campaña, así como nas seguintes, foi o suplente de Acuña.
Na tempada 1945–46, co Deportivo en Segunda División logo de descender a campaña anterior, firmou polo Celta de Vigo por un prezo de 60.000 pesetas máis a cesión de Bermejo. Debutou na xornada 12, nunha vitoria a domicilio sobre o Hércules CF (1–4), substituíndo o meta Gonzalo Marzá e quedando Simón coa titularidade para as seguintes campañas.
A gran tempada do Celta e de Simón foi a 1947-48, na que o equipo rematou o campionato ligueiro en cuarta posición e acadou o subcampionato da Copa de España. Perdeu a final copeira ante o Sevilla FC tras unha agónica semifinal ante o RCD Espanyol que precisou de dous partidos de desempate a mesma semana da final. Na final de Copa o porteiro tívose que retirar lesionado tras un golpe no segundo gol do Sevilla, quedando o Celta con dez xogadores ao non permitir as substitucións o regulamento da época e tendo que ocupar a posición de gardameta o central Gabriel Alonso. O encontro remataou 4-1, cun Celta que acabou con 9 xogadores tras a expulsión de Pahiño.
Permaneceu no Celta até a campaña 1953–54, xogando dous partidos nese ano. Retirou do fútbol con case corenta anos para ir vivir ás Pontes.