Club Deportivo Xuvenil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Deportivo Xuvenil
NomeClub Deportivo Juvenil
Alcume(s)Deportivo Xuveni, Xuvenil
Fundación1940
Desaparición1963
EstadioRiazor,
A Coruña, Galicia Galicia
Na casa

O Club Deportivo Xuvenil (en castelán: Club Deportivo Juvenil), coñecido como Deportivo Xuvenil ou simplemente Xuvenil, foi un club de fútbol galego da cidade da Coruña. Foi fundado en 1940 co nome de Club Deportivo Aprendices de la Fábrica de Armas por Rodrigo García Vizoso,[1] ex xogador do Deportivo da Coruña. Foi un club asociado ó Deportivo, con funcións de filial, mais manténdose como club independente.[2] En 1963, fusionouse co Fabril, filial do Deportivo da Coruña.[2] Pasou a meirande parte da súa existencia na Terceira División, xogando unha única tempada na Segunda División, sendo un dos 12 equipos galegos que participou na categoría e o único da cidade herculina xunto ó Deportivo en facelo.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

Ó termo da Guerra Civil, o ex xogador do Deportivo da Coruña Rodrigo García Vizoso entrou a traballar na Fábrica de Armas da Coruña. No seo da fábrica, fundou un equipo formado por aprendices chamado Club Deportivo Aprendices de la Fábrica de Armas, no que el mesmo exercía de adestrador. O club comezou a competir nas divisións de modestos da cidade, proclamándose campión da Liga e da Copa da Coruña[1][2].

En 1944, o nome do club mudou polo de Club Deportivo Juvenil. O seu rendemento foi tan superior ó resto dos equipos integrantes da división de modestos da cidade herculina que decidiu pasar a competir nas divisións rexionais. Coa fichaxe do internacional Chacho[2], conseguiu o ascenso á Terceira División. O Xuvenil converteuse entón nun equipo asociado ó Real Club Deportivo da Coruña, coa función de filial, mais mantendo a súa estrutura independente.

Na tempada 1953-54 conseguiu ascender á Segunda División, despois de proclamarse campión do Grupo I tras vencer 3-0 ao Lemos na antepenúltima xornada. O Xuvenil aliñou naquel histórico encontro a Leal, Antelo, Manín, Nano, Ríos, Juananco, Vegazo, Calvo, Rilo, Rábade e Arias.[4] Rodrigo renunciou ao seu posto de adestrador despois de 15 anos,[5] sendo contratado no seu lugar Eduardo Viso.[6] O equipo comezou a súa andaina na categoría de prata cun empate a dous goles contra o Sporting de Gijón no Molinón, sendo Rilo o autor do primeiro gol. Nas seguintes 20 xornadas, conseguiu só tres vitorias, e tras unha derrota por 7-1 contra Osasuna que deixou o equipo ao bordo dos postos de descenso, Viso presentou a súa dimisión, sendo substituído por Waldo Botana, xogador do club.[7] Finalmente o equpo acabou último e regresou á Terceira División.

A finais dos anos cincuenta, o Real Club Deportivo da Coruña —que tamén tiña un convenio de filiación co Fabril—, ante os problemas económicos que atravesaban tanto o Xuvenil coma o Fabril, propuxo a fusión de ámbolos dous clubs, a cal non se chegou a producir porque o Xuvenil quería que o seu nome prevalecese e o Fabril non estaba disposto a aceptalo.[8] Naquela altura, os dous equipos militaban na Terceira e mantiñan unha gran rivalidade. Na tempada 1959/60, o Fabril gañou 0-2 ó Xuvenil na penúltima xornada, condenándoo a descender á Serie A Rexional.[9][10] O club deixou de competir no remate da tempada 1960/61 e en 1963 aceptou a proposta de fusión co Fabril SD,[2] club que ese mesmo ano se converteu en filial do Deportivo da Coruña e mudou o seu nome polo de Fabril Deportivo.[2][8]

Uniforme[editar | editar a fonte]

Camisola con raias verticais estreitas brancas e azuis e pantalón azul.[11] Durante un tempo o club recibía as camisolas branquiazuis a través de Mariano Veloy, ex xogador do Xuvenil e xogador naquela altura do Espanyol, que vestía un uniforme coas mesmas cores.[2]

Escudo[editar | editar a fonte]

Esta composto por unha bandeirola triangular con raias branquiazuis verticais coas siglas CDJ (Club Deportivo Juvenil) no seu interior. Enriba da bandeirola hai un balón de fútbol de estilo clásico (con paneis alongados) e detrás atópase unha bandeira con raias branquiazuis horizontais a ondear.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1942/43 2ª Modestos
1943/44 1ª Modestos
1944/45 1ª Modestos
1945/46 Serie A
1946/47
1947/48
1948/49 10º
1949/50
1950/51
1951/52 15º
Tempada Categoría Posto
1952/53
1953/54
1954/55 16º
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59
1959/60 15º
1960/61 Serie A

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rodrigo Arquivado 20 de xullo de 2012 en Wayback Machine. Biografías de xogadores do Deportivo - Peña Deportivista Os Zorros - Carballiño (en castelán)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Deportivo Juvenil y Fabril, dos equipos distintos DEPOR Sport (en castelán)
  3. Reyes de Segunda Faro de Vigo (en castelán)
  4. "Al perder la Ponferradina en Marín, el Juvenil puede considerarse ya en la Segunda División". El Pueblo Gallego (en castelán) (10059). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 8 de xullo de 2021. 
  5. "Rodrigo renuncia a su cargo de entrenador". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 1954. p. 5. 
  6. "Eduardo Viso, nuevo entrenador del Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 11 de agosto de 1954. p. 5. 
  7. "Waldo Botana es el nuevo entrenador del Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 2 de febreiro de 1955. p. 5. 
  8. 8,0 8,1 Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. “B” lafutbolteca.com (en castelán)
  9. "Triunfador ayer por 2-0 (0-0), el Fabril asegura su continuidad en la categoría nacional". Hoja del lunes nº 667 (en castelán). 11 de abril de 1960. p. 7. 
  10. TERCERA DIVISIÓN (GRUPO 1) 1959-60 Resultados históricos del fútbol español (arquero-arba.futbolme.net) (en castelán)
  11. Federación Española de Fútbol (1947). "Federación Gallega. Clubs Afiliados". Federación Española de Fútbol. Anuario 1947. p. 107. 
  12. Club Deportivo Juvenil de La CoruñaFutbolme.com (en castelán) arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2014.
  13. "Gran expectación alrededor del partido de mañana. Se hará entrega al Juvenil del trofeo Copa Galicia.". La Noche nº 9.958 (en castelán). 24 de xaneiro de 1953. p. 3. 
  14. Palmarés de la Copa de A Coruña DEPOR Sport (en castelán)
  15. 15,0 15,1 "Historial del Campeonato de Liga Fútbol Modesto (capital)". Club Deportivo Ciudad. Bodas de Oro (1932-1982). p. 37. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]