José Gutiérrez Verdín
Verdín | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Gutiérrez Verdín | ||
Nacemento | 18 de agosto de 1918 | ||
Lugar de nacemento | Salinas | ||
Falecemento | 1 de febreiro de 1966 | ||
Nacionalidade | España | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1941–1944 | Deportivo da Coruña | 20 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Gutiérrez Verdín, nado en Salinas (Castrillón, Asturias) o 18 de agosto de 1918 e finado o 1 de febreiro de 1966, foi un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na tempada 1941–42 formou parte do equipo do Deportivo da Coruña que debutou en Primeira División. A súa estrea produciuse na primeira xornada, da man do adestrador galego Celso Mariño, nunha vitoria no vello campo de Riazor fronte o CD Castellón (2–1). Esa campaña xogou 11 partidos, non sendo un habitual do ataque coruñés aínda que empezou a temporada de titular. Relegado á suplencia, os dianteiros habituais nesa campaña foron Cuca, Caballero, Antonio Chao e Elícegui.
Nas dúas seguintes campañas non participou case en ningún partido, xogando tan só 9 partidos en dous anos. O seu único gol en Primeira División anotouno na tempada 1943–44, na xornada 19, nun empate a domicilio contra o Sevilla FC (2–2).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |