Ángel Tamargo García
Ángel Tamargo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Ángel Tamargo García | ||
Nacemento | 1 de febreiro de 1915 | ||
Lugar de nacemento | Xixón | ||
Falecemento | 10 de novembro de 1998 | ||
Lugar de falecemento | Xixón | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Cimadevilla | |||
1939–1940 | Oriamendi | ||
1940–1941 | Racing de Santander | ||
1941–1942 | Deportivo da Coruña | 12 | (0) |
1943–1944 | Real Madrid | 7 | (0) |
1944–1946 | Sporting de Gijón | 39 | (1) |
1946–1949 | Oviedo | 32 | (1) |
Cimadevilla | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Ángel Tamargo García, nado en Xixón o 1 de febreiro de 1915 e finado na mesma cidade o 10 de novembro de 1998, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciouse no Cimadevilla e despois da Guerra Civil xogou no Oriamendi a tempada 1939–40. Na seguinte campaña foi xogador do Racing de Santander en Segunda División.
Na tempada 1941–42 xogou no Deportivo da Coruña en Primeira División onde non foi un habitual do cadro titular (xogou 12 partidos). Na campaña 1943–44 foi contratado polo Real Madrid, onde tampouco destacou demasiado, xogando tan só 7 encontros nesa campaña.
Na tempada 1944–45 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou dúas tempadas, marcando na primeira delas o seu primeiro gol en Primeira División. Na tempada 1946–47 foi contratado polo Real Oviedo, onde permaneceu tres tempadas.
Finalizou a súa carreira no Cimadevilla, club no que empezara anos atrás.