Vicente Celeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vicente Celeiro
Información persoal
Nome completo Vicente Celeiro Leal
Nacemento 30 de maio de 1962 (57 anos)
Lugar Vilalba, Galicia
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1980–1981 Fabril Deportivo
1981–1989 Deportivo da Coruña 267 (69)
1989–1991 Celta de Vigo 34 (3)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Vicente Celeiro Leal, nado en Vilalba o 30 de maio de 1962, é un ex-futbolista galego. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No derradeiro partido da tempada 1987–88, o Deportivo debía gañarlle ao Racing de Santander e agardar por resultados faborables noutros encontros para evitar o descenso a Segunda División B que parecía feito. Un tanto de Vicente Celeiro no minuto 92, e os resultados dos rivais, fixeron cambiar a situación.[1] A seguinte tempada foi a derradeira de Celeiro no Deportivo, equipo que deixou no 10º posto da clasificación.

Na tempada 1989–90 foi contratado polo Celta de Vigo e debutou en Primeira División. Na súa primeira campaña en Vigo xogou 14 partidos sen conseguir ningún tanto, e descendendo o equipo a Segunda División. Na seguinte tempada, participou en 20 partidos e anotou 3 goles.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]