Albert Luque
Albert Luque | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Albert Luque Martos | ||
Nacemento | 11 de marzo de 1978 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Terrasa | ||
Altura | 1,83 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1991–1997 | Barcelona | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–1999 | Mallorca B | 62 | (25) |
1998–2002 | Mallorca | 67 | (24) |
1999–2000 | → Málaga (cedido) | 23 | (3) |
2002–2005 | Deportivo da Coruña | 101 | (26) |
2005–2007 | Newcastle United | 21 | (1) |
2007–2009 | Ajax | 16 | (4) |
2008–2009 | → Málaga (cedido) | 32 | (8) |
2009–2011 | Málaga | 18 | (1) |
Total | 340 | (92) | |
Selección nacional | |||
1998–2000 | España sub-21 | 13 | (3) |
2000 | España sub-23 | 2 | (0) |
2002–2005 | España | 18 | (2) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Albert Luque Martos, nado o 11 de marzo de 1978 en Terrassa, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Este xogador catalán formouse no FC Barcelona e no RCD Mallorca. No ano 2000 estivo cedido no Málaga onde apenas xogou pola gran competencia que existía alí con outro dianteiros coma Catanha, Edgar ou Darío Silva, aínda que deixou detalles do que chegaría a ser. Tras volver e despuntar no Mallorca, no ano 2002 foi traspado ao Deportivo de La Coruña, club no que explotaría coma futbolista. A súa vida fóra dos terreos de xogo non foi exemplar xa que tivo unha liorta nun coñecido local de Santiago co portugués Hugo Costinha. Isto lle valeu para fichar polo Newcastle United no ano 2005, aínda que non tivo moita fortuna e as lesións non lle respectaron.
No verán de 2007, o Ajax de Amsterdam fíxose cos seus servizos. Tras unha tempada no equipo holandés foi traspado ao Málaga CF no verán de 2008, club no que xa xogara oito anos antes. Luque amosou o seu desexo de seguir no Málaga CF na tempada 2009-2010. O 4 de xaneiro de 2011, Luque rescindiu o seu contrato co club malacitano porque o adestrador Manuel Pellegrini non contaba con el para o resto da tempada e só disputou 85 minutos nos primeiros 17 partidos.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
O seu debut produciuse o 7 de xuño de 2002 nun partido no que España xogou contra Paraguai en Chonju (Corea do Sur), no Mundial de Fútbol de 2002, disputado en Corea do Sur e o Xapón.
Xogos Olímpicos[editar | editar a fonte]
Medalla de prata en fútbol nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000 con España.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Luque |
- Nados en 1978
- Nados en Terrasa
- Futbolistas de Cataluña
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Newcastle United FC
- Xogadores do AFC Ajax
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores do RCD Mallorca B
- Futbolistas olímpicos de España
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Medallistas olímpicos de prata por España
- Medallistas olímpicos en fútbol