Real Oviedo
Real Oviedo | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Oviedo, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Carbayones Azules Oviedín Godos | |||
Fundación | 26 de marzo de 1926 (98 anos) | |||
Estadio | Carlos Tartiere, Oviedo, España | |||
Inauguración | 20 de setembro de 2000 | |||
Capacidade | 30.500 | |||
Propietario | Grupo Carso | |||
Presidente | Jorge Menéndez Vallina | |||
Adestrador | Cuco Ziganda | |||
Liga | Segunda División | |||
2022–23 | 8.º | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Na rede | ||||
http://www.realoviedo.es/ | ||||
| ||||
O Real Oviedo é un equipo de fútbol da cidade de Oviedo (Asturias), fundado no 26 de marzo de 1926 da fusión de dous clubs que mantiveran pugna durante anos na cidade: o Real Stadium Club Ovetense e o Real Club Deportivo de Oviedo. É Sociedade anónima deportiva dende 1992 e o seu primeiro e máis emblemático presidente foi Carlos Tartiere.
Xogou durante 38 tempadas na Primeira División e 32 en Segunda División, e as súas cotas máximas foron tres terceiras posicións en Primeira División, unha Copa da Liga de Segunda División en 1985 e xogar a Copa da UEFA en 1991. Ademais, foi o primeiro equipo asturiano en xogar en Primeira, en 1933.
Actualmente xoga na Segunda División Española e o seu estadio, o novo Carlos Tartiere (c/ Ricardo Vázquez Prada, s/n 33013 Oviedo) con 30.500 localidades de asento, é o máis impresionante desa categoría debido a que se construíu mentres o equipo estaba en Primeira. Pese ao descenso no número de espectadores, a afección non abandonou completamente o seu equipo, establecendo o récord de socios (12.700) e de asistentes (27.000) a un partido de Terceira División, así como o de desprazados para un partido de devandita categoría en campo alleo (máis de 4.000).
Historia recente
[editar | editar a fonte]O Real Oviedo logrou sobrevivir no verán de 2003 a un dobre descenso, primeiro deportivo a Segunda B e máis tarde *administrativo a Terceira (debido ás denuncias dos seus xogadores por falta de pagamentos, que os mesmos non quixeron retirar pese a ofrecer o club garantías de pago); e á oposición por parte do Concello da cidade á xestión da dirección do club e á subseguinte loita polo control da entidade deportiva. Esta situación acabou coa refundación do Club Astur como Oviedo ACF patrocinada polo Concello.
En calquera caso, o equipo azul estivo marcado nos últimos anos por un cúmulo de desgrazas tanto deportivas como extradeportivas. Así, é duro para todos os afeccionados recordar como nos últimos anos faleceron dous xogadores do primeiro persoal, os recordados Petr Dubovsky e Armando Barbón, ambos en tráxicos accidentes. Ou como en xuño de 2004 o Real Oviedo non puido superar ao Atlético Arteixo na final da fase de ascenso a Segunda División B, un ascenso que significaría un enorme paso adiante na normalización da situación do club.
A fase de ascenso a Segunda B resólvese en 2005 coa vitoria do Oviedo fronte ao Coruxo Fútbol Club de Vigo e posteriormente contra o Real Ávila por 1-5 e 2-0.
A asemblea celebrada o 12 de xullo de 2005, nomea un novo Consello de Administración presidido por Juan Mesa. Ofrecéndose dous postos nel á Asociación de Penas Azuis, que os rexeita por non poder recompilar suficiente número de delegacións de accións.
Na tempada 2010–11 o Real Oviedo empezou o campionato de Segunda División B moi irregular perdendo bastantes partidos, supoñendo o despido do adestrador Pichi Lucas en novembro, sendo substituído por José Manuel Martínez. Na segunda volta as cousas seguiron igual, e o colmo foi a derrota en casa contra o Sporting de Gijón B por (0–1) en febreiro. Isto supuxo o cesamento do técnico e a súa substitución por José Rojo Martín "Pacheta", co cal se obtiveron bastantes vitorias e remataron a campaña en 8º posición, o que lles deu a posibilidade de xogar a Copa do Rei na tempada 2011–12.
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Xogadores do Real Oviedo.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]- Datos do 12 de xaneiro de 2020.
|
|
Xogadores históricos
[editar | editar a fonte]Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Estadio Carlos Tartiere (2000).
O seu estadio é o Carlos Tartiere, inaugurado o 20 de setembro de 2000, con capacidade para 30.500 persoas.
Himno do Real Oviedo
[editar | editar a fonte]Es Oviedo ciudad de abolengo que ha tenido siempre a galardón en el fútbol ser de los primeros con equipos de gran tradición.
Jugadores que honraron a Oviedo y a España le dieron gran fama Jugadores de mucha solera con Orgullo, Valor y Garra.
¡Hala Oviedo!, adelante Con valor y pundonor Siempre gana quien más pone si se juega con pasión.
El Oviedo ha de ganar no decaiga la afición Animemos al Oviedo en esta competición.
¡Hala Oviedo!, adelante Con codicia y con tesón No desmayes, juega siempre como juega un campeón.
Escoitar himno: [1]
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Categoría principal: Adestradores do Real Oviedo.
|
|
|
|
Presidentes
[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do club
- Real Oviedo no oficial web
- Punto de encontro oviedista en Internet* Magazine Oviedista Real OviedoArquivado 18 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.