José Ramón González Pérez
José Ramón | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Ramón González Pérez | ||
Nacemento | 20 de maio de 1968 (54 anos) | ||
Lugar de nacemento | Carreira | ||
Altura | 1,79 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Carreira CF | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1986–1987 | Fabril Deportivo | ||
1987–1995 | Deportivo da Coruña | 194 | (21) |
1995–1998 | Compostela | 84 | (6) |
1998–2000 | Deportivo da Coruña | 1 | (0) |
2000–2001 | Ourense | 11 | (0) |
Total | 290 | (27) | |
Adestrador | |||
2008–2010 | Montañeros | ||
2011–2012 | Montañeros | ||
2014–2016 | Deportivo da Coruña (xuvenís) | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Ramón González Pérez, coñecido deportivamente como José Ramón, nado en Carreira (Ribeira) o 20 de maio de 1968 é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol galego. Xogou no Deportivo da Coruña e na SD Compostela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa carreira comeza no equipo da súa vila natal, o Carreira CF, ata o ano 1986 no cal pasa ao Fabril Deportivo, e posteriormente ao Deportivo da Coruña. Durante a tempada 1993–94 sufriu unha lesión de pube que o mantivo afastado dos terreos de xogo durante case toda a campaña. Ao ano seguinte abandonou o equipo tras gañar a Copa do Rei e fichou pola SD Compostela, onde xogou durante tres tempadas. Na campaña 1998–99 regresou ao Deportivo, retirándose no 2000 trala consecución do título de Liga.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Na tempada 2008–09 firmou como adestrador do Montañeros CF, equipo da Terceira División que conseguiu meter nos postos de ascenso, conseguindo unha praza en Segunda División B tras o descenso do Ciudad de Santiago ao final da campaña. O 13 de maio de 2010 anunciou que non continuaría no club coruñés, tras posicionalo no décimo posto da categoría de bronce.[1]
En xaneiro de 2011 fíxose cargo novamente do Montañeros, tras o cesamento de Abraham García, que á súa vez fora o seu substituto cando abandonara o club o ano anterior.[2] En xaneiro de 2012 foi cesado debido aos malos resultados.
Persoal[editar | editar a fonte]
É irmán de Fran, tamén ex futbolista. Participou cantando con el no disco Selección Xa! da revista Bravú a favor da recuperación da Selección de fútbol de Galicia.