Trofeo Teresa Herrera Feminino
| Tipo | torneo amigable de fútbol |
|---|---|
| Epónimo | Teresa Herrera |
| Organizador | Concello da Coruña |
| Localización e Datas | |
| Localización | estadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 |
| País | España |
| Vixencia | 2013 – |
O Trofeo Teresa Herrera Feminino é un torneo de fútbol feminino de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 2013.
Historia
[editar | editar a fonte]O torneo naceu en 2013, organizado polo Concello da Coruña, como a versión feminina do histórico Trofeo Teresa Herrera que leva disputándose dende 1946.[1] A primeira edición enfrontou a dous equipos coruñeses, o Victoria CF e o Orzán SD, o 7 de outubro de 2013 no campo Rodrigo García Vizoso da Grela. Gañou por 3 goles a cero o Victoria,[2] que revalidou o título ao ano seguinte fronte ao Boavista FC portugués, xa en Riazor.[3]
En 2015 participou por primeira vez un equipo da Primeira División, o Rayo Vallecano, que goleou por 7-0 ao Victoria CF.[4] Ao ano seguinte a gran novidade foi o Deportivo da Coruña Feminino, unha sección do club que se acababa de recuperar despois de décadas de ausencia. As branquiazuis conseguiron o título despois de derrotar na quenda de penaltis ao Villarreal.[5] En 2017 e 2018 as vencedoras foron as xogadoras do Athletic de Bilbao, derrotando pola mínima nas dúas ocasións ao Deportivo, que caeu tamén en 2019 fronte ao UD Granadilla Tenerife (1-5).
En 2020 a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións deportivas en case todo o mundo e cando estas regresaron fixérono a porta pechada ou con importantes restricións de capacidade. Con esta situación parecía que o ano remataría sen Teresa Herrera, pero en decembro anunciouse que, ao igual que o trofeo masculino, o feminino celebraríase o día 20, entre o Victoria CF e o Deportivo Feminino B, debido a que o primeiro equipo tiña partido de liga.[6][7] O triunfo foi para o filial branquiazul despois de empatar a un gol e chegar aos penaltis.[8]
Edicións
[editar | editar a fonte]| Nº | Ano | Campión | Final[n 1] | Subcampión |
|---|---|---|---|---|
| I | 2013 | 3−0 | ||
| II | 2014 | 2−1 | ||
| III | 2015 | 7−0 | ||
| IV | 2016 | 2−2 (4−3) | ||
| V | 2017 | 1−0 | ||
| VI | 2018 | 1−0 | ||
| VII | 2019 | 5−1 | ||
| VIII | 2020 | 1-1 (5−3) | ||
| IX | 2021 | 0−0 (5−4) | ||
| X | 2022 | 2−2 (5−3) | ||
| XI | 2023 | 2−0 | ||
| XII | 2024 | 2−1 | ||
| XIII | 2025 | 2−0 |
- ↑ En pequeno, resultado da quenda de penaltis.
Palmarés
[editar | editar a fonte]| Equipo | Títulos | Anos |
| 5 | 2016, 2022, 2023, 2024, 2025 | |
| 2 | 2013, 2014, | |
| 2 | 2017, 2018 | |
| 1 | 2015 | |
| 1 | 2019 | |
| 1 | 2020 | |
| 1 | 2021 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Victoria y Orzán se juegan el primer Teresa Herrera de fútbol femenino"". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2021.
- ↑ "El Victoria se adjudica el I Teresa Herrera de fútbol femenino al vencer al Orzán por 3-0" (en castelán). 9 de outubro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "Las chicas del Victoria conquistan el Teresa Herrera femenino ante el Boavista luso". Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de agosto de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "El Victoria cede el Teresa Herrera femenino al Rayo Vallecano". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "Os penaltis dan o Trofeo Teresa Herrera ao Deportivo Feminino A". 9 de agosto de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "Dépor ABANCA B y Victoria se enfrentarán en el Teresa Herrera Femenino" (en castelán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021.
- ↑ "O Teresa Herrera regresa ás súas orixes no seu 75 aniversario". Deportivo da Coruña. 14 de decembro de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2020.
- ↑ "O Dépor ABANCA B, vencedor do VIII Teresa Herrera Feminino". 20 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021.